28.10.19

Primeiro Laboratorio de son (Radio Balea)

O primeiro laboratorio de son rematou, este mes de outubro, emitindo ao longo desta semana (no recreo e nas Lecturas Terroríficas) o primeiro programa da nosa propia parrilla de programas.

O programa "Festexamos" recolle a sección "Samaín 2019", o cal emite 3 lecturas terroríficas entre introducións, cuñas, ráfagas, despedida e sintonía da nosa Radio Balea (en proceso temos a creación do indicativo/jingle da nosa radio)

Picando na primeira foto accederedes ao álbum de fotos deste primeiro laboratorio.

O alumnado de E.I., 1º e 2º de E.P., ademais de reproducir a lectura "A casa da miña avoa", foi creador de cuñas e ráfagas estremecedoras. Como práctica, antes de gravar no estudo de radio, as gravadoras foron un recurso que lles encantou; traballando a escoita, o silencio, a entoación...


O alumnado de 3º a 6º de E.P. foron os encargados de guionizar a emisión do programa, locutar o mesmo e reproducir dúas lecturas: "A figueira de Pelostortos" e "Os tres bandidos".


Só nos queda felicitalos polo gran traballo realizado!







A continuación podedes ver a presentación que empregamos para iniciar aos máis pequenos nos medios de comunicación, entre eles a radio (Radio Balea); así como coñecer a comunicación e os seus elementos. O mesmo que fixeron os maiores, os cales profundizaron máis tratando: a historia da radio, a comunicación, a nosa radio Balea...


Convidámosvos a escoitar o podcast do programa "Festexamos: Samaín 2019" de Radio Balea.
 

Primeiro grupo do Laboratorio de imaxe (E.I., 1º e 2º de E.P.)

Xa finalizamos as tarefas co primeiro grupo de infantil e 1º ciclo de primaria, e foi unha experiencia moi divertida e dinámica , aprendendo en colaboración cos compañeiros/as para chegar a un fin común. As actividades realizadas xiraron ó redor dun tema concreto: O rescate da Serea Leo, un xogo de pistas ou escapismo. A dinámica nas sesións foi a seguinte: - 1º sesión: temos que rescatar a Leo, pero primeiro manipulamos candados de chaves e de números, lanternas de luz UV,  utilizamos a mesa de luz,  e utilizamos a Tablet para atopar imaxes de Realidade Aumentada agochadas na clase, non sen antes identificar o icono da aplicación. - 2º sesión: visualizamos a mensaxe que deixa a Serea Leo e os piratas malvados. Dividimos a clase en dous grupos mixtos, uns fan o xogo con Ana nunha clase do 2º andar e outros fanno comigo, Marta, na aula de apoio de infantil; xa que para facer un xogo de este tipo é necesario grupos pequenos. Fixemos o xogo, todos atopamos á Serea Leo, e intercambiamos opinións sobre a experiencia.
fotos - 3º sesión: facemos unha asemblea sobre o que máis lles gustou, se cambiarían algo... despois fixemos un traballo de mesa no que tiñan que debuxar e escribir o que máis lles gustou e os materiais/elementos utilizados( candados, lanternas, chaves, caixas, mesa de luz...) Mentres uns traballaban ( os maiores axudaron ós máis pequenos), gravamos no chroma as nosas opinións.

25.10.19

Primeiro grupo do Laboratorio de ciencias (Pequeciencias)

Pasou o primeiro grupo de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria polo Laboratorio de Ciencias, estreando novo espazo o laboratorio Pequeciencias. Aquí tedes un pequeno vídeo resumo onde se recollen as diferentes actividades que realizamos. 
Comezamos identificando os elementos cos que íamos traballar, realizamos mesturas con auga para distinguir as homoxéneas das hetereoxéneas e experimentamos libremente (a parte que máis lles gustou). 
A seguinte sesión estivo adicada á realización de experimentos baseados nas mesturas, as reaccións químicas e os cambios da materia e, por último, fixemos un repaso de todo o aprendido e probamos as piruletas de azucre que se cristalizaran dende a primeira sesión.

24.10.19

Primeiro Laboratorio de Ciencias

Sandra Cao, Charo Prego e Carmen Canto levaron adiante os laboratorios de ciencias. Non hai experimento que se lles resista!

Primeiro Laboratorio de imaxe

Os profesores Marta Couto, Sergio Simarro, Jessica Mourelle e Ana Seoane, dirixiron o traballo nos laboratorios de imaxe: croma,  escape room, impresión 3D... estiveron no seu territorio!

Primeiro Laboratorio de ideas

As profesoras Dora Pailos, Teresa Liñares, Luz Verdía e Mª Jesús Graña, encargáronse dos laboratorios de ideas. Resaltamos especialmente o de cociña que se desenvolve en Inglés.

Primeiro Laboratorio documental

Rematou onte a primeira quenda de Laboratorios. Estas son as imaxes do laboratorio documental que estivo dirixido polas profesoras Susana Álvarez e Olga Rodríguez apoiadas por Vanessa Montes e Sheila Rodríguez. Traballamos dentro da Biblioteca os pequenos e os maiores. Estamos moi satisfeitas do resultado e, polo que nos transmitiron os nenos e nenas, vimos moita satisfacción e moita aprendizaxe significativa.

Primeiro Laboratorio de son

Os profesores Fátima Romero, Jonathan Guardado e Óscar Pérez, levaron adiante os laboratorios de son coa nosa Radio Balea de protagonista. Velaí algunhas imaxes. Os podcast creados, publicaranse en breve.

9.10.19

Laboratorios en marcha!

Hoxe zarpou a que será a nosa experiencia estrela neste curso: os laboratorios de aprendizaxe Leolab. Despois do recreo todos e todas sabíamos a onde tiñamos que ir. Todo o alumnado estaba distribuido en 12 laboratorios (7 de 3º a 6º de E.P. e 5 de E.I., 1º e 2º de E.P.) e cada un deles dirixido por un/ha mestre/a.
Xa vos iremos dando conta deles pero, polo que hoxe nos transmitiu o alumnado, todo un éxito. Na primeira imaxe, un dos laboratorios de ideas, no cal se imparte cociña en inglés. Premendo nos seguintes enlaces accederedes a diferentes imaxes do día: