Laboratorios de aprendizaxe do CEIP Milladoiro. Espazos e recursos creativos para TOD@S nos que SER, FACER, SABER e CONVIVIR.
25.5.25
Laboratorio documental (5º E.I. - 2º E.P.)
19.10.24
Laboratorio Documental (3º a 6º de primaria): biblio-retos!
Un curso máis, iniciamos os laboratorios de aprendizaxe que nos son propios.
O Laboratorio Documental para o alumnado de 3º a 6º de primaria seguirá a desenvolver a formación de usuari@s, sendo competentes no uso da biblioteca e os seus recursos.
A liña do noso PDI e a temática elexida pola Asesoría BEGA, "Biblioteca escolar, a escena!", son eixes centrais dos biblio-retos que, mediante a presentación audiovisual, nos ocuparán ao longo do curso:
- Biblio-reto 1: caderno-informe para saber máis sobre o "teatro de papel" ou kamishibai.
- Biblio-reto 2: produción propia para ler e ordenar.
- Biblio-reto 3: guión gráfico para comezar a crear.
O produto final do laboratorio será reproducir a produción propia, creada no curso 2022-23 por todo o alumnado, en formato kamishibai.
O grupo 1 iniciou o laboratorio superando todos os biblio-retos para crear as dúas primeiras láminas do kamishibai.
Volveremos publicar, en maio, o resultado final de todas as creacións ideadas polos 6 grupos de alumn@s no Laboratorio Documental.
Ata entón, felices lecturas... en mil e un formatos!
29.5.24
Lab. Documental: grupo 2 (2º e 3º ciclo EP)
Finalizamos o 3º trimestre, e os laboratorios por este curso, implementando o Lab. Documental co alumnado de 2º e 3º ciclo de EP.
O grupo 2 composto por: Rita, Gabi, Aroa, Juan, Valentina, Andrea, Carlos, Celia, Alejandro, Ainhoa e Mara P.; desenvolveron a formación de usuari@s e o PDI que nos ocupa.
Os cadernos-informe, como recursos materiais, facilitaron a implementación do laboratorio: organización e catálogo da biblioteca, CDU, identidade dos libros, búsqueda e recuperación de exemplares; así como o tratamento de emocións/sentimentos en relación co PDI "Medicus curat natura sanat", no mes de maio... o humor!
Pechamos o laboratorio elaborando dúas nubes de palabras, mediante a aplicación Menti Meter, relacionadas con: Faime rir.. e CDU. Nubes que nos permiten traballar o autocoñecemento: pensar, opinar e valorar o humor, como emoción necesaria, e as nosas preferencias lectoras.
A seguinte imaxe reflicte a nube de palabras relacionada co PDI: Faime rir... cóxegas, amigos, bromas, o importante é ter bo humor e... sentido do humor!
Un laboratorio do máis... emocionante!
O vindeiro curso, máis aprendizaxes en acción.
22.4.24
Lab. Documental: grupo 3 (2º e 3º ciclo EP)
Iniciamos o 3º trimestre implementando o Lab. Documental co alumnado de 2º e 3º ciclo de EP.
O grupo 3 composto por: Xulia, Noel, Martín V., Antía, Benito, Noela, Salvador, Bruno, David, Mara R. e Noa; desenvolveron a formación de usuari@s e o PDI que nos ocupa.
Os cadernos-informe, como recursos materiais, facilitaron a implementación do laboratorio: organización e catálogo da biblioteca, CDU, identidade dos libros, búsqueda e recuperación de exemplares; así como o tratamento de emocións/sentimentos en relación co PDI "Medicus curat natura sanat", no mes de abril... a alegría!
Pechamos o laboratorio elaborando dúas nubes de palabras, mediante a aplicación Menti Meter, relacionadas con: Alegría por.. e CDU. Nubes que nos permiten traballar o autocoñecemento: pensar, opinar e valorar a alegría, como emoción básica, e as nosas preferencias lectoras.
A seguinte imaxe reflicte a nube de palabras relacionada co PDI: Alegría por... familia, fútbol, amigos, as palabras máis repetidas.
Ao finalizar a última sesión tivemos tempo de xogar coa nosa produción propia, "E ti, de quen vés sendo?", creada por tod@s a partir do PDI "NÓS: patrimonio in-MATERIAL!"
Un laboratorio do máis... emocionante!
7.3.24
Lab. Documental: grupo 4 (2º e 3º ciclo EP)
Pechamos o 2º trimestre implementando o Lab. Documental co alumnado de 2º e 3º ciclo de EP.
O grupo 4 composto por: Amanda, Martín C., Miia, Leo, Noa, Fran, Lola, Marco G., Lucas, Leticia e Lara; desenvolveron a formación de usuari@s e o PDI que nos ocupa.
Os cadernos-informe, como recursos materiais, facilitaron a implementación do laboratorio: organización e catálogo da biblioteca, CDU, identidade dos libros, búsqueda e recuperación de exemplares; así como o tratamento de emocións/sentimentos en relación co PDI "Medicus curat natura sanat", no mes de febreiro... a amizade!
Pechamos o laboratorio elaborando dúas nubes de palabras, mediante a aplicación Menti Meter, relacionadas con: Amizade é.. e CDU. Nubes que nos permiten traballar o autocoñecemento: pensar, opinar e valorar a amizade, como sentimento positivo, e as nosas preferencias lectoras.
A seguinte imaxe reflicte a nube de palabras relacionada co PDI: Amizade é... cariño e compañía, as palabras máis repetidas.
Un laboratorio do máis... emocionante!
27.1.24
Lab. Documental: grupo 5 (2º e 3º ciclo EP)

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
Iniciamos o ano 2024 dando continuidade ao Lab. Documental co alumnado de 2º e 3º ciclo de EP.
O grupo 5 composto por: Janis, Nicolás, Martín M., Candela, Santiago, Damián, Uxía M., Marco U., Mónica, Martín e África; desenvolveron a formación de usuari@s e o PDI que nos ocupa.
Os cadernos-informe, como recursos materiais, facilitaron a implementación do laboratorio: organización e catálogo da biblioteca, CDU, identidade dos libros, búsqueda e recuperación de exemplares; así como o tratamento de emocións/sentimentos en relación co PDI "Medicus curat natura sanat", no mes de xaneiro... a tristeza!
Pechamos o laboratorio elaborando dúas nubes de palabras, mediante a aplicación Menti Meter, relacionadas con: Tristeza por... e CDU. Nubes que nos permiten traballar o autocoñecemento: pensar, opinar e valorar a tristeza, como emoción básica, e as nosas preferencias lectoras.
A seguinte imaxe reflicte a nube de palabras relacionada co PDI: Tristeza por... morte e guerras, as palabras máis repetidas.
Un laboratorio do máis... emocionante!
23.11.23
Lab. Documental: grupo 6 (2º e 3º ciclo EP)
Ao longo do mes de novembro demos continuidade ao Lab. Documental co alumnado de 2º e 3º ciclo de EP.
O grupo 6 composto por: Alba R., Izan S., Anna, Breixo, Clara, Uxía P., Ainoa, Leo, Daniel, Alex e Izan; desenvolveron a formación de usuari@s e o PDI que nos ocupa.
Os cadernos-informe, como recursos materiais, facilitaron a implementación do laboratorio: organización e catálogo da biblioteca, CDU, identidade dos libros, búsqueda e recuperación de exemplares; así como o tratamento de emocións/sentimentos en relación co PDI "Medicus curat natura sanat", no mes de novembro... o enfado!
Pechamos o laboratorio elaborando dúas nubes de palabras, mediante a aplicación Menti Meter, relacionadas con: Enfado por... e CDU. Nubes que nos permiten traballar o autocoñecemento: pensar, opinar e valorar o enfado, como emoción básica, e as nosas preferencias lectoras.
A seguinte imaxe reflicte a nube de palabras relacionada co PDI: Enfado por... burlas e comparacións, as palabras máis repetidas.
Un laboratorio do máis... emocionante!
11.10.23
Lab. Documental: grupo 1 (2º e 3º ciclo EP)
A finais do mes de setembro iniciamos o Lab. Documental co alumnado de 2º e 3º ciclo de EP.
O grupo 1 composto por: Izan C., Martina C., Adrián T., Dania, Saúl, Mara, Siro, Pablo, Valeria, Gonzalo e Natalia; desenvolveron a formación de usuari@s e o PDI que nos ocupa.
Os cadernos-informe, como recursos materiais, facilitaron a implementación do laboratorio: organización e catálogo da biblioteca, CDU, identidade dos libros, búsqueda e recuperación de exemplares; así como o tratamento de emocións/sentimentos en relación co PDI "Medicus curat natura sanat", no mes de outubro... o medo!
Pechamos o laboratorio elaborando dúas nubes de palabras, mediante a aplicación Menti Meter, relacionadas con: Medo a... e CDU. Nubes que nos permiten traballar o autocoñecemento: pensar, opinar e valorar os nosos medos e as nosas preferencias lectoras.
A seguinte imaxe reflicte a nube de palabras relacionada co PDI: Medo a... escuridade e arañas, as palabras máis repetidas.
Un laboratorio do máis... emocionante!
7.6.23
Laboratorio Documental: Grupo 2
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
Pechamos o 3º e último trimestre do curso coa implementación do Laboratorio Documental para o alumnado de 2º e 3º ciclo de E. Primaria.O grupo 2 composto por: Juan Luís, Antía, Uxía, Bruno, Mara, Ainhoa, Lucas, Noa, Nagore e Pablo; trataron a identidade dos libros: libros que nos achegan ás conmemoracións anuais, en maio... ao fin do noso Mes das Letras. Asemade, tratamos a Formación de Usuari@s da nosa Biblio-LeoLab, en formato impreso e dixital.
O obxectivo final foi completar, con preguntas e respostas arredor de Galicia, o noso xogo de produción propia, E ti, de quen vés sendo?, iniciado o pasado curso a raíz do PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!
As preguntas e respostas, despois da recuperación de exemplares e tratamento da información, son recollidas na aplicación educativa Kahoot para achegarnos a un recurso dixital de gamificación.
Felicitar ao grupo 2 pola súa gran motivación e esforzo en cada sesión. Como agasallo final e peche do laboratorio levaron un marcapáxinas coa nosa CDU e código QR que enlaza á formación de usuari@s en liña, para ter sempre a man.
29.4.23
Laboratorio Documental: Grupo 3
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
Iniciamos o 3º e último trimestre do curso coa implementación do Laboratorio Documental para o alumnado de 2º e 3º ciclo de E. Primaria.
O grupo 3 composto por: Leo, Noa, Noela, Damián, Fran, Martín, Alejandro, Mara R., Marián, Antón, Alba e Carlota; trataron a identidade dos libros: libros que nos achegan ás conmemoracións anuais, en abril... ao comezo do noso Mes das Letras. Asemade, tratamos a Formación de Usuari@s da nosa Biblio-LeoLab, en formato impreso e dixital.
O obxectivo final foi completar, con preguntas e respostas arredor de Galicia, o noso xogo de produción propia, E ti, de quen vés sendo?, iniciado o pasado curso a raíz do PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!
As preguntas e respostas, despois da recuperación de exemplares e tratamento da información, son recollidas na aplicación educativa Kahoot para achegarnos a un recurso dixital de gamificación.
Felicitar ao grupo 3 pola súa gran motivación e esforzo en cada sesión. Como agasallo final e peche do laboratorio levaron un marcapáxinas coa nosa CDU e código QR que enlaza á formación de usuari@s en liña, para ter sempre a man.
9.3.23
Laboratorio Documental: Grupo 4
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
Pechamos o 2º trimestre coa implementación do Laboratorio Documental para o alumnado de 2º e 3º ciclo de E. Primaria.
O grupo 4 composto por: Breixo, Candela, Carlos, Leo, Celia, David, Valeria, Alex, Leticia, Marta e Adrián; trataron a identidade dos libros: libros que nos achegan ás conmemoracións anuais, en marzo... ao Día da Muller. Asemade, tratamos a Formación de Usuari@s da nosa Biblio-LeoLab, en formato impreso e dixital.
O obxectivo final foi completar, con preguntas e respostas arredor de Galicia, o noso xogo de produción propia, E ti, de quen vés sendo?, iniciado o pasado curso a raíz do PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!
As preguntas e respostas, despois da recuperación de exemplares e tratamento da información, son recollidas na aplicación educativa Kahoot para achegarnos a un recurso dixital de gamificación.
Felicitar ao grupo 4 pola súa gran motivación e esforzo en cada sesión. Como agasallo final e peche do laboratorio levaron un marcapáxinas coa nosa CDU e código QR que enlaza á formación de usuari@s en liña, para ter sempre a man.
27.1.23
Laboratorio Documental: Grupo 5
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
Iniciamos o ano 2023 co implementación do Laboratorio Documental para o alumnado de 2º e 3º ciclo de E. Primaria.
O grupo 5 composto por: Anna, Saúl, Lola, Siro, Marco G., África, Mara P., Izan, Antía e Alonso; trataron a identidade dos libros: libros que nos achegan ás conmemoracións anuais, en xaneiro... ao Día da Paz e a Non violencia. Asemade, tratamos a Formación de Usuari@s da nosa Biblio-LeoLab, en formato impreso e dixital.
O obxectivo final foi completar, con preguntas e respostas arredor de Galicia, o noso xogo de produción propia, E ti, de quen vés sendo?, iniciado o pasado curso a raíz do noso PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!
As preguntas e respostas, despois da recuperación de exemplares e tratamento da información, son recollidas na aplicación educativa Kahoot para achegarnos a un recurso dixital de gamificación.
Felicitar ao grupo 5 pola súa gran motivación e esforzo en cada sesión. Como agasallo final e peche do laboratorio levaron un marcapáxinas coa nosa CDU e código QR que enlaza á formación de usuari@s en liña, para ter sempre a man.
23.11.22
Laboratorio Documental: Grupo 6
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
Ao longo do mes de novembro implementamos o Laboratorio Documental para o alumnado de 2º e 3º ciclo de E. Primaria.
O grupo 6 composto por: Santiago, Benito, Valentina, Ainoa, Uxía P., Daniel, Lara, Babel, Alejo e Mª Dolores; trataron a identidade dos libros: libros que nos achegan ás conmemoracións anuais, en novembro... á Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Asemade, tratamos a Formación de Usuari@s da nosa Biblio-LeoLab, en formato impreso e dixital.
O obxectivo final é completar, con preguntas e respostas arredor de Galicia, o noso xogo de produción propia, E ti, de quen vés sendo?, iniciado o pasado curso a raíz do noso PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!
As preguntas e respostas, despois da recuperación de exemplares e tratamento da información, son recollidas na aplicación educativa Kahoot para achegarnos a un recurso dixital de gamificación.
Felicitar ao grupo 6 pola súa gran motivación e esforzo en cada sesión. Como agasallo final e peche do laboratorio levaron un marcapáxinas coa nosa CDU e código QR que enlaza á formación de usuari@s en liña, para ter sempre a man.
20.10.22
Laboratorio Documental - Grupo 1
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
A finais de setembro iniciamos o Laboratorio Documental para o alumnado de 2º e 3º ciclo de E. Primaria. Voltamos recuperar a gran riqueza dos grupos interniveis e enlazamos todos os laboratorios de aprendizaxe co Proxecto Documental Integrado (PDI) que nos ocupa.
O grupo 1 composto por: Petro, Dania, Clara, Andrea, Marco, Gonzalo, Natalia, Mónica, Daniella e Abraham; refrescaron contidos dados en anteriores cursos como a identidade dos libros: libros que nos achegan ás conmemoracións anuais, en outubro... ao Samaín. Asemade, tratamos a Formación de Usuari@s da nosa Biblio-LeoLab, en formato impreso e dixital.
O obxectivo final é completar, con preguntas e respostas arredor de Galicia, o noso xogo de produción propia, E ti, de quen vés sendo?, iniciado o pasado curso a raíz do noso PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!
As preguntas e respostas, despois da recuperación de exemplares e tratamento da información, son recollidas na aplicación educativa Kahoot para achegarnos a un recurso dixital de gamificación.
Felicitar ao grupo 1 pola súa gran motivación e esforzo en cada sesión. Como agasallo final e peche do laboratorio levaron un marcapáxinas coa nosa CDU e código QR que enlaza á formación de usuari@s en liña, para ter sempre a man.
.jpg)
.jpg)

.jpg)



.jpg)
.jpg)

.jpg)

.jpg)



