Amosando publicacións coa etiqueta aula cociña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta aula cociña. Amosar todas as publicacións

14.6.22

XEADOS DE FROITAS ( 5º EI)

 Coa chegada do bo tempo e a caloriña, a comezos deste mes, decidimos ir á cociña a facer xeados.

Para iso os peques cortaron amorodos, plátanos e mango, e despois de un en un botaron na batedora os trociños e un pouco de agua. Cando xa tiñamos a mestura ben triturada enchemos as poleras e para o conxelador!!!

Por suposto, cada peque meteu o seu prato e coitelo na lavavaixelas e axudaron a deixar todo limpo e ordenado.

A pasada semana, aproveitando un día de calor probamos os xeados e... ESTABAN BOÍSIMOS ( aínda que non para todos).


Premer na imaxe para acceder á galería




11.6.19

Experimentamos con auga (1º)


No laboratorio de cociña fixemos 3 experimentos con auga para completar o último lapbook do curso e elexir un deles para o II Día da Ciencia e a Tecnoloxía.
Eleximos...a ilusión óptica coa auga! Na aula de 1º faremos maxia coas letras grazas á auga.

18.12.18

Brownies navideños



Invadidos polo espíritu do Nadal volvemos á cociña con intención de facer outra das receitas que recolle o libro de Escarlatina, a cociñeira defunta. Nesta ocasión elaboramos uns riquísimos brownies e quixemos darlle un toque distinto e divertido tendo en conta as datas nas que estamos.

Así foi como nos quedaron os brownies co gorriño de Papá Noel. J
Deliciosos!!!










2.12.18

Madalenas


Esta semana comezamos a traballar cun dos libros incluídos no Plan Lector deste curso. Trátase de Escarlatina, a cociñeira defunta. COSTAS, LEDICIA. Ed. Xerais.
É un libro de aventuras apaixoante. Ademáis,  contén unha ducia de receitas e, aproveitando que o noso cole ten unha Aula de Cociña, puxémonos mans á masa e fixemos unhas exquisitas madalenas caseiras.  


29.3.17

Lambetadas de Entroido

Rosquillas, chulas, filloas...son algunhas das receitas coas que o noso alumnado se atreveu a experimentar na aula de cociña durante as datas do Entroido. Presentamosvolas neste caderno. Bo proveito!

6.1.17

Brownie con noces

Uns días antes das vacacións de Nadal os nenos e nenas de 5º A quixemos estrear a aula de cociña do noso cole. De todas as receitas traballadas na aula seleccionamos un brownie con noces e...puxémonos mans a obra. Encantounos a experiencia e saíonos un par de brownies exquisitos!!!

Brownie con noces 1 from bemilladoiro on Vimeo.