28.2.20

Quinto Laboratorio de Son (Radio Balea)

Recibimos ao quinto e último grupo de alumnado no Laboratorio de Son.
Este mes de febreiro estreamos novo programa: Que me contas?, adicado á literatura infantil e a todo aquelo que lle anda darredor.
A sección titulámola "A diversidade enriquécenos", dando continuidade ao programa emitido en xaneiro (Vacinas pola Paz) e festexando o Día Mundial da Radio adicado á diversidade.
Parabéns a todo o alumnado polo gran traballo realizado!
Picando no seguinte enlace poderedes acceder ás fotos deste laboratorio:

Quinto Laboratorio de Son 



E agora a escoitar o programa, esperemos que vos guste!

14.2.20

Día do Amor e da Amizade (2º)

Hoxe celebramos o Día do Amor e da Amizade facendo un corazón xeométrico no que escribimos os nomes daquelas persoas que ocupan o noso corazón.
No laboratorio de cociña e grazas á froita fixemos un corazón xeométrico moi, moi doce!
Picando no seguinte enlace poderedes acceder ás imaxes do día:

Feliz Día do Amor e da Amizade!



 

2.2.20

LABORATORIO DE IMAXE , 4º GRUPO ( INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA)

O  cuarto grupo xa pasou polo laboratorio de imaxe e coma sempre , todos aprendimos xuntos, colaborando para poder obter resultados.

As actividades realizadas xiraron ó redor dun tema concreto: O rescate da Serea Leo, un xogo de pistas ou escapismo. A dinámica nas sesións foi a seguinte:

- 1º sesión: falamos sobre o que é un xogo de escapismo e como funciona, despois de saber o que é, descubrimos que temos que rescatar a Leo, pero primeiro manipulamos candados de chaves e de números, lanternas de luz UV,  utilizamos a mesa de luz,  e usamos a Tablet para atopar imaxes de Realidade Aumentada agochadas na clase, non sen antes identificar o icono da aplicación.



FOTOS 1º SESION


- 2º sesión: visualizamos a mensaxe que deixa a Serea Leo e os piratas malvados. Dividimos a clase en dous grupos mixtos, pero esta vez, e vista as experiencias anteriores, por un lado fixeron a actividade o alumnado de infantil con Ana nunha clase do 2º andar e o grupo de primaria comigo, Marta, na aula de apoio de infantil; xa que para facer un xogo de este tipo é necesario grupos pequenos e adaptado ó nivel cognitivo dos peques. Fixemos o xogo, todos atopamos á Serea Leo, e intercambiamos opinións sobre a experiencia.




ESCAPISMO

FOTOS

- 3º sesión: facemos unha asemblea sobre o que máis lles gustou, se cambiarían algo... despois fixemos un traballo de mesa no que tiñan que debuxar e escribir o que máis lles gustou e os materiais/elementos utilizados (candados, lanternas, chaves, caixas, mesa de luz...) Mentres uns traballaban (os maiores axudaron ós máis pequenos), outros gravaban no chroma a súa opinión sobre a actividade.