25.6.16

TARTA DE CUMPREANOS

Despois de preguntarme toda a semana cando era o meu cumpreanos, por fin chegou o día e nada menos que festexalo cunha festa. Para elo tíñamos que facer a tarta, cada un dixo como a quería e fumos a biblioteca investigar que receitas eran máis doadas de facer.















Encontramos varias e todas tiñan unha pinta estupenda, así que decidimos facer un biscoito e decoralo con diferentes cousas. Sometímolo a votación e saíron un biscoito de fresas con nata e outro con chocolate, gominolas e virutas de cores. Fixemos a lista da compra e recordamos entre todos os ingredientes do biscoito.


O xoves fixemos os biscoitos na aula de cociña e o venres rematamos a súa decoración xa na clase, para de seguido soprar as velas e papala. As dúas estaban boísimas.





Rematamos a xornada cunha festa e convidamos os nosos compañeiros e compañeiras de 4 anos. Foi un día moi especial e toda a xornada resumida en imaxes tédela a continuación.


20.6.16

ENTREGA DE DIPLOMAS PEQUE CHEFF

O pasado venres 10 de xuño foi o acto de clausura da biblioteca e ademais o momento no que os nosos peque cheff recibiron o seu diploma por participar este ano tan activamente na aula de cociña. Non podemos estar máis orgullosas destes pequenos grandes cociñeiros!!!



















9.6.16

CADROS COMESTIBLES

Para rematar as tarefas de cociña para este curso, así como o Proxecto de Centro sobre a pintura: Pintamos Moito, fixemos un cadro comestible. Falamos entre todos do que queríamos facer, que ingredientes necesitaríamos, estivemos na biblioteca vendo contos de receitas e libros de arte, de volta a clase comprobamos que precisábamos para facer a nosa obra, fixemos votacións e quedamos con algúns dos ingredientes que xa dixeramos, estivemos na cociña comprobando que cousas necesitábamos mercar, e ó día seguinte, comezamos a traballar. Empezamos facendo formas con fondant de cores, e descubrimos que, ó mesturar, aparecían cores novas. O día seguinte estivemos na cociña facendo o cadro e dividímonos en catro grupos de traballo. Cada grupo tiña una base de biscoito, e botáronlle ou marmelada de fresa ou nutella. Por riba colocamos as figuriñas de fondant e despois, de forma individual ,fixemos nun trociño de biscoito, a nosa propia obra de arte comestible, utilizando o biscoito sobrante e as figuras de fondant que decoramos tamén con rotus comestibles. Nese momento de traballo individual os cativos foron de un en un botándolle ó cadro nata coas mangas pasteleras e fideos de cores e de chocolate. PASÁMOLO XENIAL!!!!!!









hipocampillo's COCINA PROCESO album on Photobucket


8.6.16

MERENDAMOS PIZZA

Hoxe tivemos unha merenda especial, PIZZA de queixo e xamón. Pamela, a nai de Adrián, trouxonos esta sorpresa para merendar, recién saída do forno. Degustamos esta delicia, moitas grazas!!!









2.6.16

EMPANADILLAS POÉTICAS

Despois de adicar todo o mes de maio ás Letras Galegas e a Manuel María quixemos facer unha actividade de repaso de todos os seus poemas aprendidos e, para iso, o primeiro que fixemos foi anotar no encerado os poemas que recordábamos, ao mesmo tempo cos buscábamos en internet.



 Foron un total de 13 poemas os recordados e decidimos que queríamos facer algo na cociña para que cada un repasara un poema distinto, así que pensamos que podíamos cociñar para introducir un papel co título de cada poema, propoñendo as seguintes comidas:


Foron varias as opcións pero decantámonos polas empanadillas non sen problemas porque... como fanse as empanadillas? pensábamos que con pan, pementos, sal, atún... Así que fumos a biblioteca a consultar que precisábamos para preparalas e despois comparamos os ingredientes que acertamos e os que non, polo que ao mesmo tempo elaboramos a lista da compra.




Despois de todo este proceso por fin fumos hoxe a cociñar e aínda ca nosa intención eran as empanadillas poéticas, non nos resistimos a preparar unhas empanadillas de bonito con tomate, que ademais estaban boísimas.





E, finalmente, abrimos a empanadilla co poema, comimos as migallas todas que quedaban enriba da mesa e fixemos un debuxo do que nos tocou.


 A continuación tedes un resumo de toda a actividade: