23.2.23

Laboratorio de son 3. Grupo 1 (5º/6ºEI - 1ºciclo EP)

Terceiro laboratorio de son do que vai de curso repartido en dúas sesións, como fixemos cos anteriores, e que ten como produto final a gravación dun audioconto na nosa Radio Balea dentro do programa Que me contas?. Nesta ocasión, e co gallo do Día da Paz e a non violencia que vimos de conmemorar fai pouco, eleximos o conto O segredo de Flora
As voces que escoitaredes a continuación son as de Rita, Noel, Xulia, Ismael, Catuxa, Brais, Laia, Mateo Carrillo, Miguel, Xián e Sofía.


Pica na imaxe para ver máis fotos deste laboratorio


9.2.23

Laboratorio de Imaxe III: Grupo 2 ( infantil e 1º ciclo)

 


Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

 Este curso voltamos recuperar a gran riqueza dos grupos interniveis e enlazamos todos os laboratorios de aprendizaxe co Proxecto Documental Integrado (PDI) que nos ocupa. Este curso retomamos o  Laboratorio de Imaxe para o alumnado de infantil  1º ciclo de E. Primaria.

O grupo 2 composto por: Dani, Dayana, Yago, Uxía, Mateo F., Leo, Daniela P., Diego, Pedro, Alexia, Izan, Nicolás e Martina; achegáronse á placa Makey Makey. O primeiro mércores descubriron algúns materiais conductores de enerxía, filamento de cobre e papel de aluminio, manipularon a placa makey makey e o seu cableado e se divertiron xogando con recursos interactivos programados previamente en Scracht.

No segundo mércores, recordamos como funcionaba o circuíto electrónico da placa Makey Makey, o importante de tocar o cable de Terra para que se pechara o circuíto e funcionara... Despois de forma individual decoraron unha pandeireta con cartón, pegáronlle papel de aluminio e en pequeno grupo, utilizando un kit Makey Makey e un portátil, realizaron as conexións necesarias para poder tocar e facer soar a pandeireta programada en Scracht.