Amosando publicacións coa etiqueta cociñando con-ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cociñando con-ciencia. Amosar todas as publicacións

25.3.21

3º_Lab. de Ideas: cociñando con-Ciencia

 
Presentamos o vídeo-resumo da primeira parte, experimentamos, do Laboratorio de Ideas que estamos a desenvolver ao longo deste mes de marzo arredor da cociña como laboratorio caseiro de aprendizaxe e a Muller.

Integramos o Lab. de Ideas na nosa programación tratando contidos matemáticos, lingüísticos e reforzando/ampliando contidos dos lapbooks de Ciencias:

  • O noso corpo aliméntase (Corpo e Alimentación de C.C. da Natureza)
  • Historia da paisaxe (Paisaxe e Historia de C.C. Sociais)
A segunda parte do Lab. de Ideas está en proceso de desenvolvemento, agradecer a colaboración das nosas familias unha vez máis.

Seguimos!

Presentamos o noso caderno de "Receitas queridas" e o vídeo-resumo da segunda parte do Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia.

Un laboratorio moi productivo, no tocante a: experimentación, investigación, concienciación arredor da igualdade de xénero e a cociña como laboratorio caseiro de aprendizaxe.

Parabéns a todo@s por un trimestre máis, superheroico!

Para pór punto e final ao Lab. de Ideas desfrutamos da xenerosa visita de Dna. Carmen Trigo, profesora de cociña tradicional e madriña do Laboratorio de Cociña.

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos da visita. 

Non puidemos ter un peche máis fermoso e saboroso do Laboratorio de Ideas e deste 2º trimestre, pois elaborou a receita "Galletas de nata" que recollemos na nosa plantilla "Receitas queridas" e agasallounos cunha bolsiña de galletas para cada un de nós; así como nos deixou escritas da súa man dúas receitas e imaxes do gran repertorio culinario que atesoura.

Picando na seguinte imaxe accederedes ao álbum de fotos das súas extraordinarias creacións.

 

Agradecer a Dna. Carmen, Carmiña como a coñecen en Malpica, a súa relevante visita por canto representa para o noso colexio e pola súa gran amabilidade con tod@s. Esperamos que volte en máis ocasións para contarnos as historias que se cociñan en cada unha das súas receitas con corazón.




24.3.21

2º_Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia

Este curso, no Día Internacional da Muller, quixemos festexalo realizando unha entrevista a unha antiga alumna do noso colexio: a Yara Castro Ortega, de profesión cociñeira e rexente do Restaurante Casa da Vasca. 

Preparamos entre todos/as as preguntas e convidamos a Yara a vir a Radio Balea, onde Noela, Siro e Lola lle fixeron a entrevista. 


Voltamos recibir a visita da cociñeira Yara Castro, de Casa da Vasca. Veunos impartir un obradoiro de cociña para ensinarnos como se fan as receitas da Tosta de sardiña afumada e a sobremesa Nocilla 3.0. 

Traballamos por equipos para escribir a receita da crema de queixo, da marmelada de tomate e da copa de chocolate. Traballamos con diferentes medidas de capacidade e peso, manipulamos diferentes alimentos de orixe vexetal e animal, fixemos mesturas....En definitiva, aplicamos a ciencia á cociña e despois degustamos todo o que fixemos coas nosas propias mans. 

Unha mañá intensa, chea de emocións. Grazas Yara por compartir con nós os teus saberes e  ensinarnos sobre a túa profesión!

4º Primaria_Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia

  Boas a todos/as!!!

 Ao longo do mes de marzo, elaboramos un pequeno proxecto sobre o papel da muller na cociña desenvolvendo o Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia.

A aula foi testemuña de opinións marabillosas acerca de cuestións como:

Quen cociña habitualmente na casa? Por que se a maioría das mulleres son as que cociñan, porque os grandes CHEF son homes? 

    Grazas á profe Andrea, coñecemos a Lidia e a Fran. Dous grandes cociñeiros galegos que despois de formarse aquí emprenderon rumbo a outro país, Nova York,  para seguir coa súa gran paixón, a cociña.

A pesares de ter unha grande diferencia horaria, non tiveron ningún inconvinte en facer unha videochamada con nós. 

                                                                   

Os nenos/as preguntaronlle un montón de cousas e contáronmos entre outras cousas:

- que a Lidia sempre lle chamou a atención a cociña, encantáballe ver a súa nai cociñar, a Fran a súa gran afición era comer e de aí surxiu o gusto pola boa cociña.

-que botan de menos Galicia e o xamón.

- que se formaron, Lidia en Santiago e Fran na coruña, que traballaron en moitos restaurantes onde foron aprendendo un lote de trucos, incluso nun castelo cerca dos Alpes Suizos!!

- Lidia comentounos que nunca tivera problema en ningunha cociña por ser muller.

Tamén que alí a pizza é un prato moi coñecido, e que a gran diferencia entre os dous paises é que alí non usan as mesmas unidades de medida para as receitas....

E como non,  enviáronnos unha receita para facer madalenas ....e por suposto...a cociñar....

Para acceder a galería, picar na imaxe.



1º_Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia

Boas a todos e a todas!

Aquí vos deixo unhas imaxes do resultado da enquisa que se vos realizou na casa. Quen cociña na nosa casa? A esa persoa (ou persoas) gústalle esa tarefa?

No mural podemos ver cantas nais (13) e cantos pais (7) cociñan. Ademais diso, a cantos lles gusta (pulgar azul) e a cantos non lles gusta (pulgar vermello).

Esta actividade forma parte da proposta Cociñando con-Ciencia, que relaciona a cociña, a ciencia e a figura da muller.

 


  

  

  

  

 

Despois de realizar a enquisa e o mural que representa os resultados da mesma, pechamos esta proposta de actividades facendo dúas visitas á cociña do noso centro.

Nunha destas visitas relacionamos a cociña coa ciencia e as matemáticas indagando e traballando arredor da medida de capacidade máis coñecida: o litro. Canta cantidade de líquido é un litro? cantos medios litros forman un litro? cantos cuartos de litro nos fan falta para ter un litro?

  

  

A seguinte visita tiña como principal obxectivo desfrutar da cociña. Porque sabemos que a cociña non é tarefa de homes nin de mulleres, senón de todos aqueles aos que lles guste! Para isto, preparamos unha deliciosas pizzas que posteriormente gozamos degustando.

   

5ºA Primaria_Laboratorio de Ideas: quen fai as tarefas do fogar?

As rapazas e rapaces de 5º A fixemos unha enquisa nas nosas casas para ver quen se encarga de cociñar, lavar a roupa, ir á compra...

Cos resultados obtidos fixemos un gráfico onde observamos as diferezas que hai entre unhas tarefas e outras.

Finalmente fixemos este video onde vos comentamos todos os resultados e as conclusións que sacamos dos mesmos. 

Esperamos que vos guste!

22.3.21

5ºB Primaria_Laboratorio de Ideas: quen fai as tarefas do fogar?

As rapazas e rapaces de 5º B fixemos unha enquisa nas nosas casas para ver quen se encarga de cociñar, lavar a roupa, ir á compra... Cos resultados obtidos fixemos un gráfico onde observamos as diferezas que hai entre unhas tarefas e outras. Finalmente fixemos este video onde vos comentamos todos os resultados e as conclusións que sacamos dos mesmos. Esperamos que vos guste!

18.3.21

5º-6ºEI_Laboratorio de Ideas: "Maruxa"


 O Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia comezou coa lectura de  "Maruxa" de Eva Mejuto para concienciarnos da igualdade entre mulleres e homes, rematando por ir ao laboratorio de cociña a facer pan: medidas, mesturas, fermentación, temperatura...

Picando na imaxe accederedes ás fotos do noso laboratorio.

Un laboratorio moi divertido!

8.3.21

4ºEI_Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia

 Neste mes de marzo, no que se celebrou o Día da Muller, o equipo creativo, propuxo para o laboratorio de ideas utilizar a cociña como laboratorio científico de aprendizaxe, traballando conceptos matemáticos a través da manipulación e pór en valor a figura da muller en relación ó mundo da cociña.


Por iso durante este mes realizamos varias actividades:

 


1. Quen cociña nos contos?



Conmemoramos o Día da Muller Traballadora coa actividade "Quen cociña nos contos infantís?". Para iso fomos á biblioteca a buscar contos nos que aparecera alguén cociñando e despois estivemos analizando, e comprobamos, que na maioría cociñaban as mamás, as avóas ou as nenas. Finalmente, relacionamos cada conto coa persoaxe que cociñaba, quedando este fermosa mural para que o resto dos compañeiros e compañeiras tamén poidan reflexionar sobre este tema. Podedes ver todas as fotos da xornada premendo no seguinte enlace: Día da muller.


Despois relacionamos o noso Proxecto do Bosque con este laboratorio:


2. Que comen as aves?

 Investigamos que comen as aves, e a verdade é que as nosas hipóteses xa eran moi acertadas pero fixemos un xogo moi divertido, tiñamos que meter a man sen mirar nunha bolsa e se queríamos, comelo. Ao principio estaban un pouco asustados porque pensaban que eran gusanos de verdade pero resultaron ser gusanitos e pequenas gominolas de froitas. Podedes ver as fotos premendo no seguinte enlace: comida de paxaros.



Despois fumos a cociña a preparar uns gusanos de froitas moi especiais porque a base era de chocolate e porque tamén traballamos a lóxica-matemática xa que as froitas seguían unha serie. Podedes ver as fotos premendo no seguinte enlacea: gusanos.



3. Batido de froitas



Tras realizar a actividade na cociña  Que comen as aves?, sobrounos moita froita: uvas, plátanos e fresas, e tamén un pouco de chocolate.

Para non tirar e desaproveitala froita, decidimos realizar algunha receita na que tiveran que seguir cortando, extendendo chocolate e vendo a transformación da materia, así que fixemos batidos que estaban boísimos, aínda que a algúns non lles gustou moito, pois non tiña máis azucre que o natural da froita e o pouco chocolate que extenderon por dentro do vaso, o que quixo claro.

Para ver as imaxes premede no seguinte enlace: