30.4.26

Taller de... ELECTRICIDADE!

 O alumnado do 2º ciclo de primaria desfrutou, nos últimos martes, dunha aproximación á electricidade na aula taller. Alí, foron pasando por tres recursos distintos nos que debían construir, con diferentes materiais, circuitos eléctricos que funcionasen. 

Clica na imaxe para acceder á galería



29.4.26

Laboratorio de imaxe 2º e 3º ciclo


 Este curso escolar, o alumnado que acude ao laboratorio de imaxe convértese en produtor, director e actor das súas propias producións audiovisuais. Relacionamos o laboratorio co noso PDI Marabillarte, encadrándoo no traballo e afondamento de dúas artes: a literatura e o cine. 

Literatura porque creamos booktráilers basados en libros da biblioteca do centro, para fomentar a súa lectura entre toda a comunidade educativa. Cine porque as nosas producións finais son curtametraxes e producións audiovisuais nas que o alumnado é 100% protagonista do proceso e do resultado.

Nesta proposta didáctica, cada grupo elabora un booktráiler e, no caso de que sobre tempo, un StopMotion. Na primeira sesión, aprendemos que son os booktráilers a partires dunha presentación que podedes ver a continuación clicando aquí. Despois, dividimos ao alumnado do laboratorio en dous grupos, len o libro, elaboran un pequeno resumo del e comezan a elaborar o guion gráfico. Na segunda e terceira sesión, producen o seu booktráiler e StopMotion. 

A continuación podedes ver as producións finais dos diferentes grupos dos laboratorios:

Clica nas imaxes para poder acceder aos vídeos!

Grupo 4 (setembro/outubro):

    

Grupo 3 (outubro/novembro):

      


Grupo 2 (decembro):


      Grupo 1 (xaneiro/febreiro):

        



      Grupo 6 (marzo):




23.4.26

Retos no leolab!





Este curso escolar, por segundo ano consecutivo, os nenos e nenas que acuden ao Leolab poden solicitar facer un reto con diferentes recursos, para conseguir premios feitos pola impresora 3D do cole.      

Cada alumna/o ten o seu propio pasaporte, onde imos anotando os retos que conseguiron e o recurso empregado. Se consiguen superar 3 retos, reciben un agasallo.
Clica aquí para acceder á galería!






3.4.26

1º EP_ Día das artes galegas con LÁPICES 3D!

 Para conmemorar a José Suárez polo Día das Artes Galegas 2026, o alumnado de 1º de educación primaria tiña que darlle cor a unha das imaxes do artista. Deste xeito, colleron diferentes filamentos, os lápices 3D e crearon esta marabilla! Clica nela para acceder á galería.



27.3.26

Taller de... LÁPICES 3D!

 Alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria acudiu voluntariamente ao taller este martes para recibir unha formación sobre o uso de lápices 3D. Este recurso foi dotado pola Consellería de Educación, dentro do programa Polos Creativos. Ademais, pedimos en préstamo ao Centro de Formación e Recursos da Coruña 4 lápices 3D máis, que nos permitiron que todo o alumnado que quixo puidese participar.


Clica na imaxe para acceder á galería!



18.3.26

LABORATORIO DE SON E.I. e 1º CICLO DE E.P.

Benvidos e benvidas a unha nova cita en Radio Balea.

Neste Laboratorio de Son conversamos co grupo 10, quenes nos falan dos seus disfraces no entroido 2026.


Os protagonistas nesta ocasión son: Erika Ferreiro, Eda Garrido, Álvaro Cousillas, Antía Pardo, Eiden Rega, Zoe Calvete, Lucía García, Pablo Pose, Mauro Souto, Miguel Añón, Aldara Fernández, Leo Pampín e Eydan Rúa.

A continuación, compartimos o divertido podcast que elaboraron.








Fai clic na imaxe para ver as fotografíías

2.3.26

Taller de... CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS!

Durante os últimos martes, o alumnado de 1º e 2º de primaria desfrutou, en quendas de 6 ou 7 nenas/os, dunha actividade na que tiñan que crear os seus propios circuítos eléctricos de cinta condutora. O material que utilizaron foi proporcionado pola Consellería de Educación, dentro do programa Polos Creativos.

Encantoulles esta aproximación á condutividade eléctrica! Colorearon o debuxo, cubriron as partes necesarias con cinta condutora e colocaron os leds no seu lugar. Logo, usamos cables cocodrilo conectados a unha batería para conectar os polos positivos cos positivos e os negativos cos negativos e... Fíxose a luz!!

Clica na imaxe para acceder á galería



16.12.25

Taller de... IMPRESORA 3D!

As formacións da aula taller arrancaron este outubro cunha formación para os maiores para utilizar a impresora 3D.

 Durante varios martes, o alumnado de 3º a 6º de primaria acudiu en quendas á aula taller, no recreo e hora de ler, para programar a impresora 3D dende cero. Tiveron que quitar o filamento xa colocado, poñer o novo e configurar a impresora para que o extrúa. Tamén elixiron que querían imprimir e configuraron a impresión na aplicación ColiDo do ordenador, seguindo as instrucións. 

Pasárono xenial!

Clica na imaxe para acceder á galería



31.10.25

Cabazas creativas por Samaín!!

 Este ano, co gallo do Samaín, e moi en relación co noso PDI "Marabillarte", cada aula decidiu crear unha cabaza creativa e colaborativa. Unha vez rematada, a baixaron á planta baixa para a súa exposición.

Este cole non deixa de MARABILLARNOS!

Algúns exemplos dos procesos e produtos finais os podedes observar no blogue dos Baleatos, con producións de 3º de primaria e 4º de primaria!

Podes acceder á proposta de cada aula clicando na imaxe da exposición.



15.10.25

Taller tecno-creativo

 Este curso escolar inauguramos unha nova actividade: o taller tecno-creativo. Os martes, no recreo e hora de ler, alumnado voluntario irá á aula-taller para recibir formación sobre diferentes recursos STEAM: impresión 3D, makey-makey, electricidade, robótica...

Anímaste?



LABORATORIO DE SON (3º a 6º E.P.)

Benvidos e benvidas un ano máis a Radio Balea.

Neste primeiro Laboratorio de Son aprendemos sobre deportes alternativos co grupo 2 composto por: Manuela Carrillo, Ángel Casar, Ainara Costa, Diego Recarey, Emma González, Andrea Pérez, Martina Chouciño, Xulia Ordóñez, Martín Veiga, Olivia González e Benito Varela. 

Os nenos e nenas aprenderon como xogar a deportes diferentes aos habituais. Neste caso, despois de realizar unha pequena investigación, decidimos aprender sobre os seguintes deportes: 

A continuación, compartimos o podcast que elaboraron os nenos e nenas.

Parabéns polo traballo realizado!





Fai clic na imaxe para ver as fotografías

14.10.25

Laboratorio Documental (3º a 6º de primaria): biblio-retos!

Presentación de Fátima Romero Olveira

Iniciamos os laboratorios de aprendizaxe do curso 2025-26.

O Laboratorio Documental para o alumnado de 3º a 6º de educación primaria atenderá á formación de usuarios/as, sendo competentes no uso da biblioteca e os seus recursos, e ao PDI que nos ocupa, Marabillarte.

A presentación guiará as sesións para completar o caderno-informe 1 e o caderno-informe 2. Cadernos cos que ir completando os cinco biblio-retos para acadar o premio final.

Os produtos finais en formato audiovisual gardan relación con dar vida aos libros mediante a aplicación Chatterpix Kids e que se aloxarán na galería de imaxes do centro.

Premer para acceder á galería de imaxes e vídeos

Este curso Leo quere... RETARTE!

17.6.25

Laboratorio de imaxe_ 3º a 6ºEP

 Este ano, decidimos enfocar o laboratorio de imaxe cara a aprendizaxe de recursos relacionados coa programación informática. Os materiais a empregar nas 3 sesións serían Scratch e Micro:Bit. 

Cada alumno/a empregou o seu propio ordenador. O alumnado do 3º ciclo, ao pertencer ao programa Edix-gal, gardou as súas creacións no seu propio dispositivo. O alumnado do 2º ciclo pediu prestados ordenadores do armario de informática. 

Nas dúas primeiras sesións, se lle ofreceu ao alumnado un achegamento á aplicación web Scratch, explicándolles aspectos básicos da plataforma e deixándoos que, autónomamente, foran probando, aprendendo e modificando aqueles erros que hai (descubrimos que, se non revisamos a cada pouco tempo, pode írsenos das mans...). Ao final de cada sesión, amosaron os produtos creados aos seus compañeiros/as. 

Na terceira sesión se lles ofreceu un achegamento ao recurso Micro:bit. Se lles ofreceu unha presentación de diapositivas nas que aprenderon acerca do seu funcionamento e, logo, mediante a guía da mestra responsable, foron incorporando códigos para programar o seu dispositivo.

Algúns dos erros detectados é que os dispositivos dan moitísimos erros á hora de conectarse a ordenadores Linux, acabando coa paciencia de moitas/os.



Se clicades aquí, podedes acceder aos códigos de programación empregados durante cada laboratorio de imaxe.

Clica na imaxe para acceder á galería.


28.5.25

VI LABORATORIO DE SON (Millainforma_despedida Radio Balea) G3

 O alumnado do grupo número 3 dos Laboratorios de Aprendizaxe gravou en Radio Balea o VI podcasts correspondente ao Laboratorio de Son.

O podcast correspóndese ao programa Millainforma e fai un resumo das principais iniciativas que se fixeron dende Radio Balea ao longo deste curso.

Algunhas das actividades máis destacadas foron a continuidade dos biblioaxudantes de 5º na Radio, o podcast conmemorativo polo Dia Mundial da Radio, o pequelaboratorio, o Laboratorio de Son de maiores, a participación no evento internacional polo 30ª aniversario de Ponte nas Ondas, a participación no VII concurso de podcasts Radio na biblio e no VII premio ¨O vello dos contos¨, as xornadas de entrevistas polo Día das Letras Galegas, a gravación de coplas, o obradoiro de Radio por Damián...

Compartimos o derradeiro podcasts deste curso tan emocionante e cheo de experiencias!!


                                                acceso á galería de imaxes picando na de enriba ☝

25.5.25

Laboratorio documental (5º E.I. - 2º E.P.)

Rematamos os laboratorios de aprendizaxe con gran éxito e este é o resumo do laboratorio documental dos máis pequenos (5º E.I. - 2º E.P.). Xirou  sobre a creación dunha historia partindo dunha máquina de historias (máquina de escribir). A primeira pregunta que nos plantexamos foi “que precisamos para crear unha historia?”, despois realizamos diferentes xogos e pescudas pola biblioteca para decidir onde vai ocorrer a nosa historia, cales son as personaxes, en que tempo e que lles pasa. Con todo elo cubriron cada alumno/a un caderno-informe e crearon as súas propias historias por equipos. Finalmente, empregamos unha aplicación de intelixencia artificial para crear outro conto e así poder apreciar as diferencias. Podedes ver as fotos de todos os grupos premendo no seguinte enlace: laboratorio documental.


Laboratorio Documental de bibliotecamilladoiro