Amosando publicacións coa etiqueta 21-22. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 21-22. Amosar todas as publicacións

7.4.22

XOGOS ROTATORIOS ( 5º EI)

 Hoxe montamos na clase varios xogos no que o alumnado rotaba, incluíndo novos materiais que xa forman parte da aula multisensorial:


1. AS CARITAS: un xogo no que hai que escoller unha carta que representa caras con diversas emocións e intentar montar o puzle desa carita.

2. Realidade Aumentada ( RA): pintamos con ceras artísticas un camión de bombeiros, e utilizando a aplicación Quiver puidemos velo en realidade aumentada e con movemento.

3. RA con plastilina: utilizando a aplicación Play-Doh Touch, puidemos reproducir e xogar coas pezas que creamos en plastilina.

4. Pesos: utilizando unha balanza e os pesos Montessori, xogaron e experimentaron coas cantidades e o pesos.

5. Cadrados: utilizamos un xogo moi sinxelo pero moi divertido, ENCUADRA, no que a través de escoller entre varias cartas modelo tivemos que intentar reproducir os exemplos propostos.

6. Taller: utilizamos un material novo para utilizar ferramentas como a chave inglesa e o desparafusador para apretar ou sacar distintos tipos de tornillos.

7. DOC: utilizando o noso robot Doc, xogamos a levalo a distintas partes do panel.


Premer na imaxe para acceder á galería









8.2.22

Lab. de imaxe: En busca da Paz

Cuberta Fuxiron por mar de Xelucho Abella

Ao longo do mes de xaneiro, un mes difícil por mor da pandemia, desenvolvemos o Laboratorio de Imaxe arredor do noso PDI e do Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

O laboratorio iniciouse nas sesións impartidas polo equipo tecnolóxico cun xogo de retos, escapismo para descubrir o nome e apelidos dunha persoa de orixe malpicá que, no seu día, emigrou ou fuxiu en busca da PAZ.

Posteriormente, dende as diferentes titorías levouse a cabo a investigación para pechar o laboratorio con produtos finais en diversos soportes e formatos.

Premendo en cada enlace accederedes ás publicacións realizadas nas diferentes bitácoras dos ciclos:

Parabéns a tod@s pola creatividade e esforzo na búsqueda, selección, organización e comunicación da información.

Seguimos querendo coñecer e valorar o noso!

Axenda 2030



18.1.22

Martes robóticos: aprendendo sobre o Chroma ( 6º EI)




Ó comezar un novo trimestre, a pasada semana decidimos visitar as distintas instalacións da nosa biblioteca creativa, para que así decidiramos cal sería o noso próximo video titorial. Neste caso, decidimos aprender a gravar en Chroma.

De momento estamos coñecendo o manexo da aplicación Touchcast que nos permite converter a tea verde de Chroma no que máis nos apeteza, neste caso... ESTAR NA PIÑA DE BOB ESPONXA!!!









Probando o Chroma - Kizoa Movie Maker



20.12.21

ACTIVIDADES DE NADALNO PEQUECIENCIAS

 Durante esta semana o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil disfrutou dunha feria de Nadal organizada no pequeciencias. 


Preme na imaxe para acceder ó álbum de 4º EI




Puideron realizar en pequeno grupos varias actividades:

- Lectura de contos con lanternas.

- Xogo numérico de Nadal co  robot DOT

- Piano para tocar cos pés, coa partitura por cores da panxoliña de Navidad

- Xogo de trazos tirando un dado.

- A busca de elementos de Nadal na mesa sensorial utilizando a ruleta.

- Xogos na mesa de luz.

- Realidade aumentada con plastilina

- Vídeos navideños coas gafas de realidade virtual



Preme na imaxe para acceder ó álbum de 5º EI

10.11.21

Laboratorio Documental - Formación ( 4º -5º EI)


Iniciamos os Laboratorios de Aprendizaxe, desenvolvendo a formación do Laboratorio Documental: Formación de Usuari@s e Alfabetización en Información.

Esta formación é a base para a implementación dos restantes laboratorios ao longo do curso, sendo usuari@s competentes da BE-LeoLab Milladoiro, aprendendo a investigar, a documentarse.

Hoxe foi a formación de 4º e 5º de Educación Infantil da man da profe Belén, que non ensinou as normas da biblioteca, explicounos a súa organización e dinamizou unha búsqueda do tesouro adaptada a cada unha das clases, para coñecer os distintos espazos. Rematamos a sesión coa lectura dun conto que nos deixou a Serea Leo!


Premendo na imaxe tedes acceso ó álbum de fotos!!






ODS 4 da Axenda 2030

16.9.21

MARTES ROBÓTICOS ( 6º EI)

 Durante este curso, o alumnado de 6º EI realizará a actividade os martes robóticos, nos que coñeceremos os distintos recursos da nosa Biblioteca Creativa, sobretodo do Leolab, e gravaremos vídeos-titorais para elaborar un panel con códigos Qr, de forma que toda a Comunidade Educativa teña acceso á información necesaria para utilizar calquera recurso do que dispoñemos no centro.


Están moi ilusionados/as, pois din que serán Youtubers!!!

Para poder realizar o vídeo precisamos primeiro xogar e coñecer moi ben o recurso, así que man á obra:

Este martes comezamos as nosas sesións coñecendo o ESCORNABOT: as súas partes, plantillas e desprazamentos.




Cando estabamos xogando co escorna na plantilla démonos conta de que non coincidía o movemento coas cuadrículas da mesma. Así que pensamos... Porque?

O escornabot anda menos que o que mide cada cuadrícula da plantilla, así que medimos as cuadrículas e o desprazamento do escorna utilizando unha regra: A plantilla que utilizamos era de cuadrículas de 15 cm e o escorna anda 10 cm.














Así pois, para xogar con este escorna precisamos unha plantilla con cuadrículas de 10cm. Pensamos...Onde pode haber plantillas? NO LEOLAB!!!!





Alá marchamos e atopamos moitas plantillas, medimos algunhas e atopamos unha que nos servía!!!! 

O próximo martes xogaremos e comezaremos a preparar todo para poder gravar o vídeo-titorial!!