24.12.23

Laboratorio de Son: Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Educación Primaria. Festexamos (Día Mundial da Infancia e o Nadal)

 Desta vez, os máis pequenos e pequenas do centro gravaron no estudo de Radio Balea un programa ¨Festexamos¨ adicado ao Día Mundial da Infancia, a igualdade laboral entre homes e mulleres e tamén locutaron sobre o Nadal, onde demostraron as súas dotes de canto entoando varios villancicos. Con este último produto finalizamos a gravación en Radio Balea para este 2023 , aproveitamos para desexar BOAS FESTAS E FELIZ 2024  a todos e todas as ouvintes.

Vémonos e escoitámonos no 2024...


17.12.23

Biblioaxudantes de 5º na radio (Entrevista a Mara Pérez, Lara e Noela)

 Dende a iniciativa biblioaxudantes de 5º na radio, Marco García, Celia e Carlos con Andrea coma técnica (5º E.P.) levaron a cabo unha entrevista a Lara e Mara Pérez - 6º E.P.- (convocadas pola selección galega de fútbol-sala) e a Noela - 5ºE.P.- (convocada pola selección feminina da Costa da Morte)

Os entrevistadores preguntaronlles sobre a súas impresións nesta experiencia, sobre o fútbol feminino, o triunfo da selección española no mundial...e moitas cousas máis!!

O resultado é unha interesante entrevista que nos permite coñecer un pouco máis destas tres cracks!! PARABENS CAMPIONAS!!




23.11.23

Lab. Documental: grupo 6 (2º e 3º ciclo EP)

Lab. Documental
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Ao longo do mes de novembro demos continuidade ao Lab. Documental co alumnado de 2º e 3º ciclo de EP

O grupo 6 composto por: Alba R., Izan S., Anna, Breixo, Clara, Uxía P., Ainoa, Leo, Daniel, Alex e Izan; desenvolveron a formación de usuari@s e o PDI que nos ocupa.

Os cadernos-informe, como recursos materiais, facilitaron a implementación do laboratorio: organización e catálogo da biblioteca, CDU, identidade dos libros, búsqueda e recuperación de exemplares; así como o tratamento de emocións/sentimentos en relación co PDI "Medicus curat natura sanat", no mes de novembro... o enfado!

Pechamos o laboratorio elaborando dúas nubes de palabras, mediante a aplicación Menti Meter, relacionadas con: Enfado por... e CDU. Nubes que nos permiten traballar o autocoñecemento: pensar, opinar e valorar o enfado, como emoción básica, e as nosas preferencias lectoras.

A seguinte imaxe reflicte a nube de palabras relacionada co PDI: Enfado por... burlas e comparacións, as palabras máis repetidas.

Enfado por...

Un laboratorio do máis... emocionante!

Laboratorio de Son (Grupo 2) II Millainforma Hábitos saudables: A importancia da actividade física para a saúde.

 Os integrantes du grupo 2 dos laboratorios de aprendizaxe gravaron o segundo Millainforma adicado aos hábitos saudables.

Nesta ocasión, locutaron contidos relacionados ca actividade física, a importancia que lle da a OMS, proxectos levados a cabo polo Ministerio de saúde nesta temática e a nosa participación no proxecto PVDA (proxecto de vida deportiva e activa) así como a nosa primeira participación no programa XOGADE, fomentado pola Diputación e a Xunta de Galicia.

Tamén realizaron unha entrevista ao mestre de Educación Física pola relación entre esta área curricular e os hábitos de vida sá.

Rematan o podcast recordando algunhas frases e citas célebres relacionadas coaimportancia da saúde a a actividade física.

Esperamos que vos guste.

Podedes acceder a galería de imaxes clicando sobre a seguinte:



25.10.23

Laboratorio de Son (Educación Infantil e 1º Ciclo) Grupo 3: Festexamos: O Samaín e o medo!

 O grupo 3 do laboratorio de pequen@s (5º e 6º de Educación Infantil e 1º Ciclo de Educación Primaria) estreáronse no estudo de Radio Balea levando a cabo o primeiro programa ¨Festexamos¨  que xira arredor do medo, relacionándoo coa festividade do Samaín.

 Falaron desta enigmática conmemoración, fixeron un concurso de sons relacionados co medo o cal foi o protagonista do conto que locutaron e remataron o programa facendo alusión ao Magosto, que o conmemoraremos o vindeiro 3 de novembro.

O producto final é un simpático e completo programa que esperamos que vos guste….



Para acceder á galería de imaxes, clicar sobre a seguinte:





18.10.23

Laboratorio de Son (Grupo 3) I Millainforma Hábitos saudables: A alimentación.

  Comezamos a primeira emisión no estudo de Radio Balea co 1º Millainforma, dun total de 6 que faremos ao longo do Laboratorio de Son cos diferentes grupos durante este curso.

 Desta vez trátase dun programa adicado aos hábitos saudables (a alimentación) polo cal pasaron unha serie de expertos dando pautas e recomendacións a ter en conta para coidar a nosa alimentación (os nutrintes, a pirámide alimentaria, a hidratación...) 

non o perdades porque é superinteresante!!! Parabens rapazas e rapaces!!


                                 Para acceder a galería de imaxes, facer clic na de abaixo.



11.10.23

Lab. Documental: grupo 1 (2º e 3º ciclo EP)

Grupo 1
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

A finais do mes de setembro iniciamos o Lab. Documental co alumnado de 2º e 3º ciclo de EP

O grupo 1 composto por: Izan C., Martina C., Adrián T., Dania, Saúl, Mara, Siro, Pablo, Valeria, Gonzalo e Natalia; desenvolveron a formación de usuari@s e o PDI que nos ocupa.

Os cadernos-informe, como recursos materiais, facilitaron a implementación do laboratorio: organización e catálogo da biblioteca, CDU, identidade dos libros, búsqueda e recuperación de exemplares; así como o tratamento de emocións/sentimentos en relación co PDI "Medicus curat natura sanat", no mes de outubro... o medo!

Pechamos o laboratorio elaborando dúas nubes de palabras, mediante a aplicación Menti Meter, relacionadas con: Medo a... e CDU. Nubes que nos permiten traballar o autocoñecemento: pensar, opinar e valorar os nosos medos e as nosas preferencias lectoras.

A seguinte imaxe reflicte a nube de palabras relacionada co PDI: Medo a... escuridade e arañas, as palabras máis repetidas.

Un laboratorio do máis... emocionante!

16.6.23

Un curso de... laboratorios de aprendizaxe!

Presentamos o resumo audiovisual dun curso no que os laboratorios de aprendizaxe retomaron a súa esencia: grupos interniveis desenvolvendo aprendizaxes... para a vida!

Continuará...

15.6.23

Laboratorio de Son 2º e 3º ciclo primaria: podcasts

A continuación se expoñen os podcasts realizados no laboratorio de Son no presente curso 2022-2023. En total foron 6 podcasts nos que a temática xirou arredor do PDI Nós Patrimonio in-material:

Os podcasts resultantes foron os seguintes:

Que me contas?_Pequena mitoloxía Galega :  A partir do libro ¨Pequena mitoloxía de Galicia ¨Miranda, Reigosa, Cuba. Ed. Xerais, os nenos e nenas elaboraros un guión no que deron un repaso por todas esas criaturas e seres lendarios e mitolóxicos que habitan o noso país.

Festexamos_ O Samaín : Nesta ocasión, o alumnado elaborou unha recollida de información que logo convertiron en guión para expoñer a historia, as costumes e as curiosidades que encerra o Samaín.

Qué me contas?_Camiño dos Faros : Partindo do libro que temos na nosa biblioteca ¨Camiño dos Faros¨ Lendas da Costa da Morte, Rafael Lema Ed. EDITATUM os membros deste equipo locutaron as distintas etapas que conforman o Camiño dos Faros, relacionando cada etapa e cada lugar polo que pasa cas lendas e mitoloxía que albergan.

Festexamos_ Día de Rosalía : Polo día de Rosalía de Castro, levamos a cabo un repaso pola súa biografía a través dun concurso. Primeiro elaboramos as preguntas do cuncurso e posteriormente tratamos a súa biografía dando así resposta as cuestións prantexadas.

Millainforma_ Pecios e naufraxios :Como o PDI xira en torno ao patromonio, non podíamos deixar sen mencionar os pecios e naufraxios, auténtico patrominio material e inmaterial das nosas costas, cun alto valor histórico e cultural. Damos un repaso polos máis coñecidos.

Millainforma_ Resumo Nós Patromonio in-material : Por último, e para rematar este PDI iniciado o ano pasado, fixemos un repaso polas actividades e tarefas realizadas durante o presente curso. Unha maneira de reflexionar e recordar todo o traballo que levamos a cabo e que nos permitiu coñecer mellor a nosa terra, o noso país e as nosas ráices a través do noso patromonio in e material.

13.6.23

III Feira LeoLab

No día de onte, celebramos a III Feira LeoLab retomando a ensencia dos seus inicios: todo o alumnado do cole dividido en grupos interniveis realizaron, nos diferentes espazos do centro, actividades STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas) relacionadas coa temática do noso PDI, Galicia.

Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: FEIRA LEOLAB.

Estas foron as actividades que realizaron:


Intelixencia Artificial (IA): a nosa serea lectora, Leo, deixou unha caixa para ordear e ilustrar o noso conto de produción propia "O maior tesouro"  usando unha aplicación de IA e pechar a actividade reflexionando sobre o uso da mesma, partindo das preguntas que nos deixou Leo.


Lectura de códigos QR: realizar o camiño de Santiago mediante a lectura de códigos QR para atopar a dirección correcta que nos indica como chegar á catedral.






Aturuxo por pistas:
 esta actividade consitiu en grabar cada grupo a súa propia canción usando un Looper que lles permitía grabar moitos instrumentos de maneira secuenciada e improvisar por enriba.




Animation maker: a partir dun debuxo feito por eles, sacábanlle unha foto e coa aplicación marcaban os puntos de articulación para darlles movemento.











Electrónica con plastilina conductiva: crearon un circuíto sobre unha plantilla de faros marítimos con plastilina conductiva que iluminaba a luz do faro cun led.









Chaveiros forneados: con papel retráctil, nenos e nenas facían un debuxo que se encollía no forno da aula de cociña e remataban en forma de chaveiro para levalo para a súa casa. 







Enxeñaría manipulativa: construcións con pauíños como aristas e plastilina como vértices.








Foguete espacial: cunha botella de refresco fixeron un foguete espacial e para que voara enchéronno de auga e aire a presión (Lei de Newton).








Ondas saltarinas: forrando un altofalante con plástico e botando arroz enriba, as ondas sonoras fan que os grans salten.






Investigando: búsqueda, selección, organización e comunicación da información en relación con animais de Galicia e usando a aplicación "ChatterPix Kids" para darlles vida.








Efecto dominó: o alumnado formou un efecto dominó seguindo a silueta de diferentes monumentos de Galicia.







Stopmotion: gravación dunha curta de animación coa técnica de stopmotion relatando o percorrido do Camiño de Santiago de Muxía e Fisterra.






SuperDoc: o alumnado tiña que elexir un itinerario por Galicia e programar ao robot para que realizara dito camiño cunha soa orde.




Tinta invisible: colorearon con tinta invisible os monumentos máis representativos de Galicia para logo situalos no mapa.








Xogando co magnetismo: os imáns foron protagonisas desta actividade na experimentaron co magnetismo.






Un dos experimentos que máis éxito tivo foi o foguete, polo que vos deixamos un pequeno vídeo:

7.6.23

Laboratorio Documental: Grupo 2

Lab. Documental_Maio 2023

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Pechamos o 3º e último trimestre do curso coa implementación do Laboratorio Documental para o alumnado de 2º e 3º ciclo de E. Primaria.

O grupo 2 composto por: Juan Luís, Antía, Uxía, Bruno, Mara, Ainhoa, Lucas, Noa, Nagore e Pablo; trataron a identidade dos libros: libros que nos achegan ás conmemoracións anuais, en maio... ao fin do noso Mes das Letras. Asemade, tratamos a Formación de Usuari@s da nosa Biblio-LeoLab, en formato impreso e dixital.

O obxectivo final foi completar, con preguntas e respostas arredor de Galicia, o noso xogo de produción propia, E ti, de quen vés sendo?, iniciado o pasado curso a raíz do PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL! 

As preguntas e respostas, despois da recuperación de exemplares e tratamento da información, son recollidas na aplicación educativa Kahoot para achegarnos a un recurso dixital de gamificación.

Felicitar ao grupo 2 pola súa gran motivación e esforzo en cada sesión. Como agasallo final e peche do laboratorio levaron un marcapáxinas coa nosa CDU e código QR que enlaza á formación de usuari@s en liña, para ter sempre a man.

22.5.23

Laboratorio de Son 5_EI e 1º ciclo de EP

Este último Laboratorio de Son do presente curso e coincidindo co Mes das Letras no noso centro quixemos adicalo á poesía en lingua galega.

Escoitaredes recitar diversos audiopoemas na voz de: Kerman, Aldara, Mateo Ferreiro, Leo, Manuela, Rosalía, Borja, Antal, Gabriel, Martín Cousillas e Miia.

Os poemas foron extraídos destes poemarios: Coplas de Antonio García Teijeiro e Bechopoemas e outras bestas de Leire Bilbao.

VIVAN AS NOSAS LETRAS!



Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

15.5.23

Laboratorio de Imaxe V: Infantil e 1º ciclo EP

 

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos


Este curso voltamos recuperar a gran riqueza dos grupos interniveis e enlazamos todos os laboratorios de aprendizaxe co Proxecto Documental Integrado (PDI) que nos ocupa. Este curso retomamos o  Laboratorio de Imaxe para o alumnado de infantil  1º ciclo de E. Primaria.

O grupo  composto por: Mateo V., Yaiza, Saúl, Lucas, Sara, Alberto, Olivia, Selena, Anxo, Alba, Martín V. e Izan S. achegáronse á placa Makey Makey. O primeiro mércores descubriron algúns materiais conductores de enerxía, filamento de cobre e papel de aluminio, manipularon a placa makey makey e o seu cableado e se divertiron xogando con recursos interactivos programados previamente en Scracht.

No segundo mércores, recordamos como funcionaba o circuíto electrónico da placa Makey Makey, o importante de tocar o cable de Terra para que se pechara o circuíto e funcionara... Despois de forma individual decoraron unha pandeireta con cartón, pegáronlle papel de aluminio e en pequeno grupo, utilizando un kit Makey Makey e un portátil, realizaron as conexións necesarias para poder tocar e facer soar a pandeireta programada en Scracht.


E nesta última quenda rematamos os laboratorios programados neste curso para o alumnado de infantil e 1º ciclo. Pasámolo en grande e levamos unha experiencia moi positiva grazas ó traballo en equipo e internivel!!

12.5.23

Lab. de Ideas: E.I. e 1º ciclo EP


Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

O Laboratorio de Ideas para E. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria desenvolveuse ao redor da nosa paisaxe. 

Xogamos co mural imantado identificando elementos da paisaxe: naturais e artificiais.

Ideamos, creamos as nosas propias paisaxes, galegas, con materiais de refugallo aplicando as 3R: reducir, reciclar e reutilizar.

2.5.23

Laboratorio de Ideas de 3º a 6º EP: "Somos oleiros/as"

Neste laboratorio acercámonos ao mundo oleiro mediante o deseño, creación e decorado de pezas de arxela por parte do alumnado.

Na primeira sesión investigamos sobre o traballo dos/as oleiros/as, en que consiste, onde se desenvolve ou as técnicas de modelado de arxela manuais máis habituais. Ademais, debuxamos o deseño do que serán as nosas pezas.

Na segunda xornada manchamos as mans para que, cadaquén, modele as súas pezas de arxela, mentres que na terceira pintamos con témpera as nosas obras.

Unha vez rematamos o traballo, as obras son expostas no corredor do 2º andar do centro.

Preme na imaxe para acceder ás imaxes!

29.4.23

Laboratorio Documental: Grupo 3

Lab. Documental_Abril 2023

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Iniciamos o 3º e último trimestre do curso coa implementación do Laboratorio Documental para o alumnado de 2º e 3º ciclo de E. Primaria.

O grupo 3 composto por: Leo, Noa, Noela, Damián, Fran, Martín, Alejandro, Mara R., Marián, Antón, Alba e Carlota; trataron a identidade dos libros: libros que nos achegan ás conmemoracións anuais, en abril... ao comezo do noso Mes das Letras. Asemade, tratamos a Formación de Usuari@s da nosa Biblio-LeoLab, en formato impreso e dixital.

O obxectivo final foi completar, con preguntas e respostas arredor de Galicia, o noso xogo de produción propia, E ti, de quen vés sendo?, iniciado o pasado curso a raíz do PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL! 

As preguntas e respostas, despois da recuperación de exemplares e tratamento da información, son recollidas na aplicación educativa Kahoot para achegarnos a un recurso dixital de gamificación.

Felicitar ao grupo 3 pola súa gran motivación e esforzo en cada sesión. Como agasallo final e peche do laboratorio levaron un marcapáxinas coa nosa CDU e código QR que enlaza á formación de usuari@s en liña, para ter sempre a man.

24.4.23

Laboratorio de Imaxe: 2º e 3º ciclo de Primaria

 CREAMOS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS

Lab. de Imaxe: circuítos eléctricos

Premer na imaxe para acceder á galería de imaxe

Neste laboratorio aprendemos a crear circuítos eléctricos, pero dun xeito sostible, pensando no medio. 

Creamos maquetas de lugares, monumentos, iconas... de Galiza, seguindo o noso PDI NÓS, e para este gran labor, só usamos material reciclado que atopamos polo cole. 

Comprendemos mediante estas maquetas, como a enerxía viaxa polos cables saíndo desde unha pila ata chegar a unha luz ou un motor, dándolle vida a nosa maqueta.

Un laboratorio chispeante!

18.4.23

Laboratorio experimental: Educación Infantil, 1º e 2º ed. primaria.


Neste curso escolar levamos a cabo o laboratorio experimental en Educación Infantil e 1º e 2º de Educación primaria  tendo en conta o PDI do centro, que neste caso é GALICIA. Así, a temática central escollida para esta actividade foi o mar e as sensacións.

Este laboratorio realízase en dúas sesións diferenciadas. A primeira sesión lévase a cabo nun dos espazos creativos cos que conta o centro, a Aula Sensorial, onde os nenos e nenas atopan diferentes ambientes con  propostas experimentais relacionadas co mar. Aquí, os nenos e nenas traballan de maneira autónoma, descubrindo os diferentes espazos e con libre circulación.

Por outra parte, a segunda sesión realízase na aula de cociña onde os nenos e nenas experimentan a través da elaboración de "Slime mariño". O obxectivo princiapal deste laboratorio é, tal e como se demostra na posta en práctica do mesmo, a experimentación, vivenciación e potenciación das sensaciós




31.3.23

Laboratorio Experimental de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P.

Neste laboratorio experimental para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria estamos a comprobar os fenómenos da combustión e da oxidación a través da práctica experimental. 

Por unha banda, para a combustión, facemos unha mestura con vinagre e bicarbonato, a cal xera dióxido de carbono dentro dunha botella de plástico, eliminando a presenza de osíxeno. O alumnado, tras facer a mestura, prende un pao de madeira e introdúceo no interior da botella. Desta forma, observan que o lume do pao apágase sen entrar en contacto con ningún tipo de líquido, debido a que, ao xerar dióxido de carbono e ao eliminar a presenza de osíxeno, o lume non pode aguantar porque non hai osíxeno e require del para manter a combustión.

Por outra banda, para a oxidación, empregaremos dous matraces. Nun matraz, introduciremos auga fría e, no outro, introduciremos unha mestura de auga fervendo con aceite de xirasol. A continuación, introdúcense 10 cravos en cada un dos matraces para comprobar en qué matraz se oxidan antes. Dunha semana a outra, observamos os resultados apreciando que os cravos do matraz coa mestura de auga fervendo e aceite están máis oxidados. Deste xeito, podemos apreciar como afecta o sal á oxidación (aparte da humidade) e vemos os efectos do propio fenómeno da oxidación.

A continuación adxuntamos unhas imaxes dos experimentos realizados: