Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
Pechamos o 3º e último trimestre do curso coa implementación do Laboratorio Documental para o alumnado de 2º e 3º ciclo de E. Primaria.O grupo 2 composto por: Juan Luís, Antía, Uxía, Bruno, Mara, Ainhoa, Lucas, Noa, Nagore e Pablo; trataron a identidade dos libros: libros que nos achegan ás conmemoracións anuais, en maio... ao fin do noso Mes das Letras. Asemade, tratamos a Formación de Usuari@s da nosa Biblio-LeoLab, en formato impreso e dixital.
O obxectivo final foi completar, con preguntas e respostas arredor de Galicia, o noso xogo de produción propia, E ti, de quen vés sendo?, iniciado o pasado curso a raíz do PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!
As preguntas e respostas, despois da recuperación de exemplares e tratamento da información, son recollidas na aplicación educativa Kahoot para achegarnos a un recurso dixital de gamificación.
Felicitar ao grupo 2 pola súa gran motivación e esforzo en cada sesión. Como agasallo final e peche do laboratorio levaron un marcapáxinas coa nosa CDU e código QR que enlaza á formación de usuari@s en liña, para ter sempre a man.
Ningún comentario:
Publicar un comentario