Amosando publicacións coa etiqueta grupo 3. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta grupo 3. Amosar todas as publicacións

22.4.24

Lab. Documental: grupo 3 (2º e 3º ciclo EP)

Lab. Documental
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Iniciamos o 3º trimestre implementando o Lab. Documental co alumnado de 2º e 3º ciclo de EP. 

O grupo 3 composto por: Xulia, Noel, Martín V., Antía, Benito, Noela, Salvador, Bruno, David, Mara R. e Noa; desenvolveron a formación de usuari@s e o PDI que nos ocupa.

Os cadernos-informe, como recursos materiais, facilitaron a implementación do laboratorio: organización e catálogo da biblioteca, CDU, identidade dos libros, búsqueda e recuperación de exemplares; así como o tratamento de emocións/sentimentos en relación co PDI "Medicus curat natura sanat", no mes de abril... a alegría!

Pechamos o laboratorio elaborando dúas nubes de palabras, mediante a aplicación Menti Meter, relacionadas con: Alegría por.. e CDU. Nubes que nos permiten traballar o autocoñecemento: pensar, opinar e valorar a alegría, como emoción básica, e as nosas preferencias lectoras.

A seguinte imaxe reflicte a nube de palabras relacionada co PDI: Alegría por... familia, fútbol, amigos, as palabras máis repetidas.

Lab. Documental

Ao finalizar a última sesión tivemos tempo de xogar coa nosa produción propia, "E ti, de quen vés sendo?", creada por tod@s a partir do PDI "NÓS: patrimonio in-MATERIAL!"

Un laboratorio do máis... emocionante!

25.10.23

Laboratorio de Son (Educación Infantil e 1º Ciclo) Grupo 3: Festexamos: O Samaín e o medo!

 O grupo 3 do laboratorio de pequen@s (5º e 6º de Educación Infantil e 1º Ciclo de Educación Primaria) estreáronse no estudo de Radio Balea levando a cabo o primeiro programa ¨Festexamos¨  que xira arredor do medo, relacionándoo coa festividade do Samaín.

 Falaron desta enigmática conmemoración, fixeron un concurso de sons relacionados co medo o cal foi o protagonista do conto que locutaron e remataron o programa facendo alusión ao Magosto, que o conmemoraremos o vindeiro 3 de novembro.

O producto final é un simpático e completo programa que esperamos que vos guste….



Para acceder á galería de imaxes, clicar sobre a seguinte:





18.10.23

Laboratorio de Son (Grupo 3) I Millainforma Hábitos saudables: A alimentación.

  Comezamos a primeira emisión no estudo de Radio Balea co 1º Millainforma, dun total de 6 que faremos ao longo do Laboratorio de Son cos diferentes grupos durante este curso.

 Desta vez trátase dun programa adicado aos hábitos saudables (a alimentación) polo cal pasaron unha serie de expertos dando pautas e recomendacións a ter en conta para coidar a nosa alimentación (os nutrintes, a pirámide alimentaria, a hidratación...) 

non o perdades porque é superinteresante!!! Parabens rapazas e rapaces!!


                                 Para acceder a galería de imaxes, facer clic na de abaixo.



29.4.23

Laboratorio Documental: Grupo 3

Lab. Documental_Abril 2023

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Iniciamos o 3º e último trimestre do curso coa implementación do Laboratorio Documental para o alumnado de 2º e 3º ciclo de E. Primaria.

O grupo 3 composto por: Leo, Noa, Noela, Damián, Fran, Martín, Alejandro, Mara R., Marián, Antón, Alba e Carlota; trataron a identidade dos libros: libros que nos achegan ás conmemoracións anuais, en abril... ao comezo do noso Mes das Letras. Asemade, tratamos a Formación de Usuari@s da nosa Biblio-LeoLab, en formato impreso e dixital.

O obxectivo final foi completar, con preguntas e respostas arredor de Galicia, o noso xogo de produción propia, E ti, de quen vés sendo?, iniciado o pasado curso a raíz do PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL! 

As preguntas e respostas, despois da recuperación de exemplares e tratamento da información, son recollidas na aplicación educativa Kahoot para achegarnos a un recurso dixital de gamificación.

Felicitar ao grupo 3 pola súa gran motivación e esforzo en cada sesión. Como agasallo final e peche do laboratorio levaron un marcapáxinas coa nosa CDU e código QR que enlaza á formación de usuari@s en liña, para ter sempre a man.