31.10.25

Cabazas creativas por Samaín!!

 Este ano, co gallo do Samaín, e moi en relación co noso PDI "Marabillarte", cada aula decidiu crear unha cabaza creativa e colaborativa. Unha vez rematada, a baixaron á planta baixa para a súa exposición.

Este cole non deixa de MARABILLARNOS!

Algúns exemplos dos procesos e produtos finais os podedes observar no blogue dos Baleatos, con producións de 3º de primaria e 4º de primaria!

Podes acceder á proposta de cada aula clicando na imaxe da exposición.



23.10.25

Retos no leolab!





Este curso escolar, por segundo ano consecutivo, os nenos e nenas que acuden ao Leolab poden solicitar facer un reto con diferentes recursos, para conseguir premios feitos pola impresora 3D do cole.      

Cada alumna/o ten o seu propio pasaporte, onde imos anotando os retos que conseguiron e o recurso empregado. Se consiguen superar 3 retos, reciben un agasallo.
Clica aquí para acceder á galería!






15.10.25

Taller tecno-creativo

 Este curso escolar inauguramos unha nova actividade: o taller tecno-creativo. Os martes, no recreo e hora de ler, alumnado voluntario irá á aula-taller para recibir formación sobre diferentes recursos STEAM: impresión 3D, makey-makey, electricidade, robótica...

Anímaste?



LABORATORIO DE SON (3º a 6º E.P.)

Benvidos e benvidas un ano máis a Radio Balea.

Neste primeiro Laboratorio de Son aprendemos sobre deportes alternativos co grupo 2 composto por: Manuela Carrillo, Ángel Casar, Ainara Costa, Diego Recarey, Emma González, Andrea Pérez, Martina Chouciño, Xulia Ordóñez, Martín Veiga, Olivia González e Benito Varela. 

Os nenos e nenas aprenderon como xogar a deportes diferentes aos habituais. Neste caso, despois de realizar unha pequena investigación, decidimos aprender sobre os seguintes deportes: 

A continuación, compartimos o podcast que elaboraron os nenos e nenas.

Parabéns polo traballo realizado!





Fai clic na imaxe para ver as fotografías

14.10.25

Laboratorio Documental (3º a 6º de primaria): biblio-retos!

Presentación de Fátima Romero Olveira

Iniciamos os laboratorios de aprendizaxe do curso 2025-26.

O Laboratorio Documental para o alumnado de 3º a 6º de educación primaria atenderá á formación de usuarios/as, sendo competentes no uso da biblioteca e os seus recursos, e ao PDI que nos ocupa, Marabillarte.

A presentación guiará as sesións para completar o caderno-informe 1 e o caderno-informe 2. Cadernos cos que ir completando os cinco biblio-retos para acadar o premio final.

Os produtos finais en formato audiovisual gardan relación con dar vida aos libros mediante a aplicación Chatterpix Kids e que se aloxarán na galería de imaxes do centro.

Premer para acceder á galería de imaxes e vídeos

Este curso Leo quere... RETARTE!