Amosando publicacións coa etiqueta 4ºEP. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4ºEP. Amosar todas as publicacións

27.3.26

Taller de... LÁPICES 3D!

 Alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria acudiu voluntariamente ao taller este martes para recibir unha formación sobre o uso de lápices 3D. Este recurso foi dotado pola Consellería de Educación, dentro do programa Polos Creativos. Ademais, pedimos en préstamo ao Centro de Formación e Recursos da Coruña 4 lápices 3D máis, que nos permitiron que todo o alumnado que quixo puidese participar.


Clica na imaxe para acceder á galería!



28.11.22

Premiad@s: VIII Concurso de Traballo por Proxectos

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos 

Estamos en hora boa! A aula de 4º de E. Primaria, do curso 2021/22, resultou premiada no VIII Concurso de Traballo por Proxectos.

Na modalidade de Investigación e Tratamento da Información presentaron a Tarefa Integrada desenvolta no último trimestre no Laboratorio Documental: Malpica, a nosa vila, enmarcada dentro do noso Mes das Letras 2022

Na memoria presentada recollen, ademais, os restantes laboratorios de aprendizaxe implementados ao longo do curso 2021/22 en relación co PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!

Un curso que estivo marcado pola pandemia, con protocolos sanitarios que afectaron á natural socialización escolar; mais puideron seguir divertíndose aprendendo e sendo artífices das súas propias aprendizaxes mediante Tarefas Integradas que abarcaron diversas áreas, entre elas a área de Aprender a Investigar. Área esta que non lles era allea, dado que dende E. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria aprenden por descubrimento: sendo, facendo, sabendo e convivindo; e sempre ao abeiro da Biblioteca Escolar-LeoLab: espazos creativos e recursos bibliográficos, dixitais, tecnolóxicos, audiovisuais... para tod@s.

No día de hoxe realizamos a entrega dos diplomas correspondentes e de dous agasallos lúdicos para compartir na aula. Un premio ao traballo feito... con corazón!

Parabéns a tod@s, unha dotación económica para tod@s: educación de calidade no rural.

17.6.22

4ºEP_Retos LeoLab... cumpridos!

 

O Equipo Tecnolóxico elaborou diversos retos creativos/construtivos para realizar no LeoLab e por niveis de dificultade, seguindo as cores dos nives lectores da nosa Biblio: verde (principiantes), amarelo (autónomos) e vermello (expertos)

Despois da andaina solidaria, chegamos ao cole moi relaxad@s e rematamos o día no LeoLab para desenvolver a nosa gran creatividade e...

RETOS MÁIS QUE CUMPRIDOS! 

19.11.21

4ºEP_Lab. Experimental: Transformando!

Presentamos en formato audiovisual o desenvolvemento do Laboratorio Experimental, o cal comezamos no mes de outubro co lapbook de Ciencias da Natureza, Transformando... con enerxía!

Ao longo do mes de novembro, conmemorando o mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, rematamos o lapbook e creamos, experimentamos por equipos: cores, luz, auga (ilusións ou xogos ópticos) e máquinas.

Un Laboratorio Experimental no que ademais de crear máquinas e xogos ópticos, puxemos en práctica o ilusionismo.

Exposición lista para que tod@s poidamos experimentar, ilusionarnos coa ciencia!