20.4.24

LABORATORIO DE SON: GRUPO 5 (CONCIÉNCIAte sobre os Hábitos tóxicos para a saúde)

 O grupo número 5 dos Laboratorios de aprendizaxe visitou Radio Balea para crear un programa moi didáctico e pedagóxico sobre os hábitos tóxicos para a saúde. 

O alumnado de 6º de Educación Primaria actuou como técnico de son (África, Mónica e Martín) e o resto dos membros de grupo actuaron como locutores (Nico, Janis e Martín Martelo de 3º de Educación Primaria, Candela e Santi de 4º de Educación Primaria e Marco Ures, Damián e Uxía Martínez de 5º de Educación Primaria).

Entre outros temas de interese trataron a importancia da actividade física para combatir o sendentarismo e a obesidade, o azucre, a educación dixital (pautas para utilizar as novas tecnoloxías) e finalmente as comidas ultraprocesadas.

Esperamos que o disfrutes e que sirva para coñecer un pouquiño mellor cales son aqueles hábitos que poden perxudicar a nosa saúde.

                                         <acceso á galería de imaxes clicando na seguinte>


22.3.24

Formación Biblio Creativa: E-textiles

O alumnado de 6º de primaria desenvolveu a formación de Biblio Creativa da man de Cati e Flor de Maker Store (Carballo).

Os e-textiles foron o contido protagonista: tecidos que inclúen compoñentes electrónicos como baterías, LEDs, sensores...

Nen@s desenvolvendo as súas habilidades creativas, artísticas e pensamento computacional, habilidades do século XXI.

Biblio Creativa

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Unha vez máis, Cati e Flor primaron o proceso sobre o produto final, un proceso altamente creativo e de autocoñecemento.

Un fin de trimestre entre fíos condutivos, LEDs e... creatividade!

Formación Biblio Creativa: programando!

Pechamos o 2º trimestre coa formación de Biblioteca Creativa impartida, por Cati e Flor de Maker Store (Carballo), ao alumnado de 1º ciclo de primaria.

Biblio Creativa
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Unha xornada na que desenvolveron a programación por bloques mediante a ferramenta Scratch Junior, a cal se pode acceder premendo no seguinte enlace:

SCRATCH JUNIOR

Ao tempo, achegamos enlace ao recurso recollido na nosa páxina "Recursos dixitais" para saber máis:

Agradecemos a Cati e Flor o seu bo facer, nen@s disfrutaron da sesión aprendendo a programar, ademais de aprender a organizar o seu pensamento, a resolver problemas, a ser creativ@s...

Continuará...

20.3.24

PEQUELABORATORIO DE SON ( DÍA INTERNACIONAL DA MULLER) + (O COIDADO DO PLANETA)

Os máis pequenos do cole volveron crear dous orixinais podcasts; 
O primeiro trata sobre o Día Internacional da Muller e a Igualdade, pechando a locución con dous fermosos poemas. 
O segunda xira arredor da importancia do coidado do planeta, a sustentabilidade e o medio ambiente, dando varios tips a ter en conta para ser máis respetuosos co medio.
Podedes acceder a galería de imaxes premendo na seguinte imaxe:
PARABÉNS POLO TRABALLO!!!

9.3.24

LABORATORIO DE SON (Grupo 6) CONCIÉNCIAte ¨OS PRIMEIROS AUXILIOS¨

 Os integrantes do grupo número 6 dos laboratorios de aprendizaxe (Alba, Izan Sande de 3º de Educación Primaria;  Anna, Breixo e Clara de 4º de Educación Primaria, Ainoa e Leo de 5º de Educación Primaria e Dani, Álex e Izan de 6º de Educación Primaria - estes tres últimos como técnicos de son- ) gravaron un interesante e pedagóxico programa sobre os Primeiros auxilios.

Trataron entro outros temas os seguintes:

- Método PAS

- Número de emerxencias

- Traumatismos

- Desmaios

- Atragantamentos

- Hemorraxias nasais

- Picadura de faneca brava

- Queimaduras

Non deixedes de escoitalo!!!! Gran traballo rapazada!!!

Acceso a galería de imaxes clicando na imaxe grupal:


    Acceso ao guión ->  GUIÓN

7.3.24

Lab. Documental: grupo 4 (2º e 3º ciclo EP)

Grupo 4_Lab. Documental
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Pechamos o 2º trimestre implementando o Lab. Documental co alumnado de 2º e 3º ciclo de EP

O grupo 4 composto por: Amanda, Martín C., Miia, Leo, Noa, Fran, Lola, Marco G., Lucas, Leticia e Lara; desenvolveron a formación de usuari@s e o PDI que nos ocupa.

Os cadernos-informe, como recursos materiais, facilitaron a implementación do laboratorio: organización e catálogo da biblioteca, CDU, identidade dos libros, búsqueda e recuperación de exemplares; así como o tratamento de emocións/sentimentos en relación co PDI "Medicus curat natura sanat", no mes de febreiro... a amizade!

Pechamos o laboratorio elaborando dúas nubes de palabras, mediante a aplicación Menti Meter, relacionadas con: Amizade é.. e CDU. Nubes que nos permiten traballar o autocoñecemento: pensar, opinar e valorar a amizade, como sentimento positivo, e as nosas preferencias lectoras.

A seguinte imaxe reflicte a nube de palabras relacionada co PDI: Amizade é... cariño e compañía, as palabras máis repetidas.

Amizade é...

Un laboratorio do máis... emocionante!

15.2.24

Pequelaboratorio de Son: Festexamos a Paz e o Entroido

O pequelaboratorio de Son presenta este simpático podcast no que se tratan as conmemoracións do día da Paz e do Entroido, co toque de humor e a inocencia dos máis pequenos do Milladoiro. 

O podcast finaliza cunha entrevista a María Jesús (a teacher do cole) na que explica as receitas para preparar as mellores filloas e orellas da Comarca de Bergantiños!!

Non o deixedes de escoitar pois o resultado merece pena!! 

Para acceder a galería de imaxes, pinchar  na seguinte:

3.2.24

LABORATORIO DE SON (GRUPO I) CONCIÉNCIAte (O COIDADO DO CORPO E A HIXIENE PERSOAL)

O grupo número I dos laboratorios de aprendizaxe pasaron por Radio Balea e prepararon o primeiro programa dentro da sección CONCIÉNCIAte na que locutaron sobre a importancia do coidado do corpo e a hixiene corporal para manter unha boa saúde.

Entre outros temas, trataron a importancia da alimentación, a hidratación, a hixiene da pel, das máns e dos pes, así como o coidado da hixiene bucodental. 

O resultado foi o seguinte podcast, que de seguro, axudaranos a concienciarnos da importancia de coidar o nosa hixiene para manter unha boa saúde.

Para acceder a galería de imaxes, clicar na primeira:




27.1.24

Lab. Documental: grupo 5 (2º e 3º ciclo EP)

 Lab. Documental

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Iniciamos o ano 2024 dando continuidade ao Lab. Documental co alumnado de 2º e 3º ciclo de EP

O grupo 5 composto por: Janis, Nicolás, Martín M., Candela, Santiago, Damián, Uxía M., Marco U., Mónica, Martín e África; desenvolveron a formación de usuari@s e o PDI que nos ocupa.

Os cadernos-informe, como recursos materiais, facilitaron a implementación do laboratorio: organización e catálogo da biblioteca, CDU, identidade dos libros, búsqueda e recuperación de exemplares; así como o tratamento de emocións/sentimentos en relación co PDI "Medicus curat natura sanat", no mes de xaneiro... a tristeza!

Pechamos o laboratorio elaborando dúas nubes de palabras, mediante a aplicación Menti Meter, relacionadas con: Tristeza por... e CDU. Nubes que nos permiten traballar o autocoñecemento: pensar, opinar e valorar a tristeza, como emoción básica, e as nosas preferencias lectoras.

A seguinte imaxe reflicte a nube de palabras relacionada co PDI: Tristeza por... morte e guerras, as palabras máis repetidas.

Nube palabras

Un laboratorio do máis... emocionante!