22.5.23

Laboratorio de Son 5_EI e 1º ciclo de EP

Este último Laboratorio de Son do presente curso e coincidindo co Mes das Letras no noso centro quixemos adicalo á poesía en lingua galega.

Escoitaredes recitar diversos audiopoemas na voz de: Kerman, Aldara, Mateo Ferreiro, Leo, Manuela, Rosalía, Borja, Antal, Gabriel, Martín Cousillas e Miia.

Os poemas foron extraídos destes poemarios: Coplas de Antonio García Teijeiro e Bechopoemas e outras bestas de Leire Bilbao.

VIVAN AS NOSAS LETRAS!



Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

15.5.23

Laboratorio de Imaxe V: Infantil e 1º ciclo EP

 

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos


Este curso voltamos recuperar a gran riqueza dos grupos interniveis e enlazamos todos os laboratorios de aprendizaxe co Proxecto Documental Integrado (PDI) que nos ocupa. Este curso retomamos o  Laboratorio de Imaxe para o alumnado de infantil  1º ciclo de E. Primaria.

O grupo  composto por: Mateo V., Yaiza, Saúl, Lucas, Sara, Alberto, Olivia, Selena, Anxo, Alba, Martín V. e Izan S. achegáronse á placa Makey Makey. O primeiro mércores descubriron algúns materiais conductores de enerxía, filamento de cobre e papel de aluminio, manipularon a placa makey makey e o seu cableado e se divertiron xogando con recursos interactivos programados previamente en Scracht.

No segundo mércores, recordamos como funcionaba o circuíto electrónico da placa Makey Makey, o importante de tocar o cable de Terra para que se pechara o circuíto e funcionara... Despois de forma individual decoraron unha pandeireta con cartón, pegáronlle papel de aluminio e en pequeno grupo, utilizando un kit Makey Makey e un portátil, realizaron as conexións necesarias para poder tocar e facer soar a pandeireta programada en Scracht.


E nesta última quenda rematamos os laboratorios programados neste curso para o alumnado de infantil e 1º ciclo. Pasámolo en grande e levamos unha experiencia moi positiva grazas ó traballo en equipo e internivel!!

12.5.23

Lab. de Ideas: E.I. e 1º ciclo EP


Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

O Laboratorio de Ideas para E. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria desenvolveuse ao redor da nosa paisaxe. 

Xogamos co mural imantado identificando elementos da paisaxe: naturais e artificiais.

Ideamos, creamos as nosas propias paisaxes, galegas, con materiais de refugallo aplicando as 3R: reducir, reciclar e reutilizar.

2.5.23

Laboratorio de Ideas de 3º a 6º EP: "Somos oleiros/as"

Neste laboratorio acercámonos ao mundo oleiro mediante o deseño, creación e decorado de pezas de arxela por parte do alumnado.

Na primeira sesión investigamos sobre o traballo dos/as oleiros/as, en que consiste, onde se desenvolve ou as técnicas de modelado de arxela manuais máis habituais. Ademais, debuxamos o deseño do que serán as nosas pezas.

Na segunda xornada manchamos as mans para que, cadaquén, modele as súas pezas de arxela, mentres que na terceira pintamos con témpera as nosas obras.

Unha vez rematamos o traballo, as obras son expostas no corredor do 2º andar do centro.

Preme na imaxe para acceder ás imaxes!