20.5.26

LABORATORIO CREATIVO 2º E 3º CICLO

 LABORATORIO CREATIVO 2º E 3º CICLO


Que mellor idea que traballar tod@s xunt@s para deixar o noso cole chulísimo e amosarlle a todo o mundo do que somos capaces.

Na seguinte galería podedes atopar as nosas creaciones e como se fixeron. A idea era recrear obras famosas pero engadíndolle algún detalle en 3d. Utilizamos telas, algodón, cartón,... todo o que se nos pasou pola cabeza!




13.5.26

Laboratorio de imaxe 2º e 3º ciclo


 Este curso escolar, o alumnado que acude ao laboratorio de imaxe convértese en produtor, director e actor das súas propias producións audiovisuais. Relacionamos o laboratorio co noso PDI Marabillarte, encadrándoo no traballo e afondamento de dúas artes: a literatura e o cine. 

Literatura porque creamos booktráilers basados en libros da biblioteca do centro, para fomentar a súa lectura entre toda a comunidade educativa. Cine porque as nosas producións finais son curtametraxes e producións audiovisuais nas que o alumnado é 100% protagonista do proceso e do resultado.

Nesta proposta didáctica, cada grupo elabora un booktráiler e, no caso de que sobre tempo, un StopMotion. Na primeira sesión, aprendemos que son os booktráilers a partires dunha presentación que podedes ver a continuación clicando aquí. Despois, dividimos ao alumnado do laboratorio en dous grupos, len o libro, elaboran un pequeno resumo del e comezan a elaborar o guion gráfico. Na segunda e terceira sesión, producen o seu booktráiler e StopMotion. 

A continuación podedes ver as producións finais dos diferentes grupos dos laboratorios:

Clica nas imaxes para poder acceder aos vídeos!

Grupo 4 (setembro/outubro):

    

Grupo 3 (outubro/novembro):

      


Grupo 2 (decembro):


      Grupo 1 (xaneiro/febreiro):

        



      Grupo 6 (marzo):


      Grupo 5 (abril-maio):

  



30.4.26

Taller de... ELECTRICIDADE!

 O alumnado do 2º ciclo de primaria desfrutou, nos últimos martes, dunha aproximación á electricidade na aula taller. Alí, foron pasando por tres recursos distintos nos que debían construir, con diferentes materiais, circuitos eléctricos que funcionasen. 

Clica na imaxe para acceder á galería



3.4.26

1º EP_ Día das artes galegas con LÁPICES 3D!

 Para conmemorar a José Suárez polo Día das Artes Galegas 2026, o alumnado de 1º de educación primaria tiña que darlle cor a unha das imaxes do artista. Deste xeito, colleron diferentes filamentos, os lápices 3D e crearon esta marabilla! Clica nela para acceder á galería.



27.3.26

Taller de... LÁPICES 3D!

 Alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria acudiu voluntariamente ao taller este martes para recibir unha formación sobre o uso de lápices 3D. Este recurso foi dotado pola Consellería de Educación, dentro do programa Polos Creativos. Ademais, pedimos en préstamo ao Centro de Formación e Recursos da Coruña 4 lápices 3D máis, que nos permitiron que todo o alumnado que quixo puidese participar.


Clica na imaxe para acceder á galería!



18.3.26

LABORATORIO DE SON E.I. e 1º CICLO DE E.P.

Benvidos e benvidas a unha nova cita en Radio Balea.

Neste Laboratorio de Son conversamos co grupo 10, quenes nos falan dos seus disfraces no entroido 2026.


Os protagonistas nesta ocasión son: Erika Ferreiro, Eda Garrido, Álvaro Cousillas, Antía Pardo, Eiden Rega, Zoe Calvete, Lucía García, Pablo Pose, Mauro Souto, Miguel Añón, Aldara Fernández, Leo Pampín e Eydan Rúa.

A continuación, compartimos o divertido podcast que elaboraron.








Fai clic na imaxe para ver as fotografíías

2.3.26

Taller de... CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS!

Durante os últimos martes, o alumnado de 1º e 2º de primaria desfrutou, en quendas de 6 ou 7 nenas/os, dunha actividade na que tiñan que crear os seus propios circuítos eléctricos de cinta condutora. O material que utilizaron foi proporcionado pola Consellería de Educación, dentro do programa Polos Creativos.

Encantoulles esta aproximación á condutividade eléctrica! Colorearon o debuxo, cubriron as partes necesarias con cinta condutora e colocaron os leds no seu lugar. Logo, usamos cables cocodrilo conectados a unha batería para conectar os polos positivos cos positivos e os negativos cos negativos e... Fíxose a luz!!

Clica na imaxe para acceder á galería