25.12.20

Lab. de Imaxe: un nadal con moita luz

Neste mes de decembro, o equipo tecnolóxico, baixo o lema Un Nadal con moita Luz, propuxo realizar dentro do laboratorio de imaxe, unha postal de Nadal incluíndo nela unha circuíto electrónico sinxelo.

Os máis peques realizaron circuítos E-Téxtil en papel e os máis maiores desenvolveron a creatividade utilizando fieltro. 

O pasado curso, a partir dunha formación para o alumnado ofertada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, tivemos no centro a Paola Guimeráns, un referente na creación de circuítos E-Téxtil, polo que este curso decidimos que todo o alumnado do centro tiña que coñecer esta dinámica tan creativa e chamativa.

Aquí tedes os produtos finais!!!  


Postais navideñas con circuítos electrónicos - Kizoa Movie Maker

FELICES FESTAS !!!!!!!

18.12.20

2º_Escape Room Nadal

 Hoxe foi un día cheo de emocións na aula de 2º de primaria. Fixemos un Escape Room no Leolab que consistía en ir descubrindo a escuras e utilizando unha lanterna unha tarxetas que contiñan unha operación de suma ou resta escritas cun boli de tinta invisible. Tiñamos que ir anotando no noso caderno de laboratorio o resultado de cada unha das 14 tarxetas repartidas pola sala. Cada resultado correspondíalle unha letra é o obxectivo era descifrar unha mensaxe segreda.

Ese código segredo resultou ser finalmente MENSAXE DOS REIS MAGOS. Ilusionados/as volvemos á aula e visualizamos un vídeo dos REIS MAGOS cunha mensaxe personalizada para nós. Todo unha sorpresa!

Rematamos a xornada despedíndonos de Andrea, a profe de prácticas que nos acompañou dende comezos de novembro. Fixémoslle un agasallo e ela tamén nos agasallou cun boli de tinta invisible para xogar na nosa casa e unha tarxeta cunha mensaxe personalizada para cada un de nós.

Foi unha despedida moi especial e emotiva. Grazas Andrea por todo! Serás unha gran MESTRA!  Levarémoste sempre nos nosos corazóns.

Unha aperta enorme.

Pica na imaxe para acceder ás fotos da galería. 

3º_Lab. Imaxe: circuíto eléctrico

 

Este mes de decembro no Laboratorio de Imaxe traballamos os circuítos eléctricos empregando cinta de cobre, batería e luz led para iluminar o nadal, recordando que...

O mundo está nas nosas mans
URXE coidar o noso Planeta!

15.12.20

Lab. Experimental_Ciencia en galego na BE


Produto final dos Laboratorios Experimentais levados a cabo no mes de novembro, celebrando así o mes da ciencia en galego na BE.


Parabéns a tod@s, grandes aprendizaxes experimentais e en GALEGO!

9.12.20

3º_Lab. Ideas: satélite artificial


Voltamos ao laboratorio de cociña para crear unha máquina que fixemos orbitar entre dentes e nos aportou enerxía.
Deste xeito integramos os satélites artificiais no lapbook de C.C. da Natureza "Comunicando: a enerxía move o mundo! Máquinas e enerxía"
Canto nos gustou!
Este nadal haberá máis dun laboratorio de cociña caseiro creando satélites artificiais para orbitar na mesa, seguro!

3.12.20

3º_Lab. Experimental: entre nubes!

Preme para acceder á galería de imaxes

Os laboratorios de aprendizaxe LeoLab tiveron que ser reorganizados para adaptarse á delicada situación sanitaria do noso concello, da nosa comunidade educativa. Así pasaron a ser impartidos polos/as titores/as co seu grupo-clase, adicando cada mes a un laboratorio.

Ao longo do mes de novembro, adicado á Ciencia en galego nas Bibliotecas Escolares,  a proposta foi implementar o Laboratorio Experimental empregando o método científico e o uso da Biblioteca para a búsqueda de información en galego.

Na aula de 3º integramos o Lab. Experimental no lapbook de C.C. Sociais, centrándonos na atmósfera e o fenómeno atmosférico: as nubes.

Por que, como, onde se forma este fenómeno atmosférico? Que é o fenómeno pareidolia? Que é un cúmulo? Observamos, buscamos información, realizamos hipóteses e experimentamos para sacar conclusións.

Un laboratorio entre nubes!

23.10.20

Laboratorio Documental: Gianni Rodari e Día das Bibliotecas

Esta semana iniciamos os Laboratorios de Aprendizaxe LeoLab para o alumnado de 3º a 6º de E.P. porque PÓDESE seguir ensinando, educando con metodoloxías activas nas que todo o noso alumnado sexa protagonista das súas aprendizaxes.

O Laboratorio Documental 1 levouse a cabo co subgrupo de alumnado de 3º, o grupo 1: 3ºA.

A exposición Fantasía Rodari serviu de punto de partida á primeira sesión deste laboratorio, no cal investigamos e puxemos en práctica como se identifican os libros.

Libros de Gianni Rodari e outros/as autores/as da nosa Biblioteca, celebrando así o centenario do autor (23 de outubro) e o Día das Bibliotecas (24 de outubro)

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos da sesión.



19.9.20

FEIRA STEAM

Inauguramos o curso cunha feira STEAM, organizada en colaboración con Maker Store by ALLNET e a nosa ANPA. 

A pesar das dificultades que nos presentan as circunstancias actuais de pandemia, todos/as os/as nenos/as participaron en diferentes actividades tecnolóxicas, respectando os grupos estables de convivencia e garantindo todas as medidas sanitarias recollidas no protocolo COVID-19.

Os máis pequenos experimentaron coa plastilina conductiva e o Ozobot e os máis maiores programaron os diferentes mBots para realizar unha actividade de reciclaxe. 

Desfrutaron moitísimo destas actividades comprobando que a pesar da pandemia á escola á que voltamos tenta manter a súa filosofía de traballo dentro das nosas posibilidades, pois ante as dificultades...CREATIVIDADE!

11.6.20

Laboratorios de Aprendizaxe


No 1º trimestre do presente curso 2019/20 puxemos en marcha os laboratorios de aprendizaxe. A expectación e ilusión era máxima. Cada mércores, despois da Hora de Ler todo o alumnado do cole organizábase por equipos interniveis para participar nun dos 5 laboratorios: Laboratorio Documental, Laboratorio de Ciencias, Laboratorio de Son, Laboratorio de Ideas e Laboratorio de Imaxe.

Entendemos os laboratorios como espazos creativos de aprendizaxe onde desenvolver as competencias básicas: investigando, experimentando, creando…todos e todas dunha maneira lúdica e motivadora coa orientación das mestras e mestres.

O desenvolvemento dos laboratorios quedou cancelado coa declaración do estado de alarma pola COVID-19 e a suspensión das clases. 

Desexamos que o vindeiro curso poidamos emprender novamente os nosos laboratorios, nos que tanto aprendemos e desfrutamos.

11.5.20

Pequeciencias - 1º grupo - 2ª rolda

Os alumnos/as de Infantil e o primeiro ciclo comenzaron a segunda rolda de laboratorios e nesta ocasión no laboratorio de pequeciencias tócalles demostrar todo o que levamos aprendido, así foron eles os que deseñaron os seus propios experimentos. Para elo, o primeiro que fixemos foi ir a biblioteca a buscar libros de experimentos, xa que decidimos que inventalos nos sería algo moi complicado. Cada grupo escolleu os libros que máis lle interesaban e decidiron entre todos que experimentos farían na próxima sesión, escribindo nunha ficha que materiais precisaban e cal era o procedemento. Desta maneira na seguinte clase cada grupo realizou o seu experimento, sendo estes:
- Bola de xeo, sal e tinte.
- Inflar un globo nunha botella.
- Slime.
Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: pequeciencias.


11.3.20

Laboratorio de Imaxe: 1º grupo, 2º rolda ( infantil e 1º ciclo)

O alumnado de infantil e 1º ciclo de Primaria xa pasaron polos 5 laboratorios: o científico , o de Radio, o documental, o de ideas e o de imaxe.

Á volta do Entroido, comezamos a seguinte rolda de laboratorios, pero esta vez con actividades distintas e cunha duración de 2 sesións dous mércores seguidos despois da Hora de Ler.

O primeiro grupo xa pasou polo Laboratorio de Imaxe, e esta vez non rescatamos a Serea leo, se non que experimentamos con circuítos eléctricos.


1º SESIÓN

Cada neno/a recibiu unha luz Led e unha batería, probaron a poñer a pata longa da bombilla coa cara positiva da pila e a pata máis curtiña no lado negativo, e descubriron que a luz se encendía. 

Despois viron un circuíto xa feito con cobre adhesivo e intentamos facer o mesmo. Neste caso tiñan que conseguir que a Muller científica do debuxo tivera unha idea, pero para iso precisamos que a luz led se iluminara, tendo que colocar o cobre adhesivo polas marcas correspondentes e fixándose onde tiñan que poñer as patiñas da luz e a pila, para o cal tiñan sinaladas dúas marcas: + e -.

Os maiores foron máis rápidos, polo que despois de rematar axudaron ós demais a pegar o cobre e indicarlles como colocar a luz e a pila.




2º SESIÓN

Nesta sesión remataron de facer o circuíto, xa que algúns non funcionaban, e a algúns faltáballe colorear.

Despois xogamos con plastilina conductiva caseira, primeiro probamos con dúas boliñas pequenas , unha luz led e un portapilas, pero tiñan que ter en conta que o cable de cor vermella era o lado positivo e polo tanto iba colocado na boliña de plastilina conectada coa patiña longa da lud led e o cable negro era o negativo e colocábase na boliña coa patiña máis curta.
Tras probar por parellas, decidimos intentar facer un circuíto cheo de boliñas e luces , que por falta de tempo non chegamos a rematar.



O MÁIS CHAMATIVO DE TODO ERA QUE DICÍAN QUE ERA MAXIA,
 E NON, É CIENCIA!!!!!





9.3.20

Muller e Ciencia: Isabel Zendal Gómez (1º e 2º)

Esta semana conmemoramos a Semana da Muller 2020 viculándoa coa Ciencia.
Por iso seguindo o noso proxecto reproducimos a biografía de Isabel Zendal no Laboratorio de Imaxe empregando a técnica croma e reutilizando os nosos disfraces de Entroido.
E velaquí o resultado que presentaremos o vindeiro xoves 12 na nosa biblioteca aos nosos compañeiros e compañeiras despois de que cantemos a canción "Isabel Zendal" dos Lunnis.
A disfrutar da primicia e esperemos que vos guste!

3.3.20

COCIÑA DO ENTROIDO ( 6º EI)

XOVES 20 DE FEBREIRO

Os nenos e nenas de infantil puideron vir disfrazados de casa como quixeran, así que a primeira hora cada un deles explicou o seu disfraz e os seus detalles.

             DISFRACES

Despois, na cociña, fixemos rosquillas no forno. Cada neno/a fixo unha letra de VIVA O ENTROIDO 2020, e posto que nos gusta moito traballar con masas, antes de ir ó recreo, fixemos masas de fariña e agua para xogar con elas.

               RECEITA DO ENTROIDO

Tras merendar e ler un conto, todo o ciclo de infantil baixamos á aula de psicomotricidade, onde comemos patacas fritidas, gusanitos, galletas...e por suposto, as rosquillas que fixeramos na cociña.
Despois xogamos e bailamos sen parar!!!!


 
               FESTA DE DISFRACES





LABORATORIO DE IMAXE: GRUPO 5 ( INFANTIL E 1º CICLO)

O  quinto grupo xa pasou polo laboratorio de imaxe e foi o último da primeira volta, xa que o seguinte de día de Laboratorio comezaremos de novo, pero esta vez a duración será de dous mércores e faremos actividades diferentes.

As actividades realizadas xiraron como sempre ó redor dun tema concreto: O rescate da Serea Leo, un xogo de pistas ou escapismo. A dinámica nas sesións foi a seguinte:

- 1º sesión: falamos sobre o que é un xogo de escapismo e como funciona, despois de saber o que é, descubrimos que temos que rescatar a Leo, pero primeiro manipulamos candados de chaves e de números, lanternas de luz UV,  utilizamos a mesa de luz,  e usamos a Tablet para atopar imaxes de Realidade Aumentada agochadas na clase, non sen antes identificar o icono da aplicación.

FOTOS



- 2º sesión: visualizamos a mensaxe que deixa a Serea Leo e os piratas malvados. Dividimos a clase en dous grupos mixtos, por un lado fixeron a actividade o alumnado de infantil con Ana nunha clase do 2º andar e o grupo de primaria comigo, Marta, na aula de apoio de infantil; xa que para facer un xogo de este tipo é necesario grupos pequenos e adaptado ó nivel cognitivo dos peques, e a través da experiencia co grupo anterior consideramos que desta forma funciona mellor.. Fixemos o xogo, todos atopamos á Serea Leo, e intercambiamos opinións sobre a experiencia.




ESCAPISMO


FOTOS


- 3º sesión: facemos unha asemblea sobre o que máis lles gustou, se cambiarían algo... despois fixemos un traballo de mesa no que tiñan que debuxar e escribir o que máis lles gustou e os materiais/elementos utilizados (candados, lanternas, chaves, caixas, mesa de luz...) Mentres uns traballaban (os maiores axudaron ós máis pequenos), outros gravaban no chroma a súa opinión sobre a actividade.












28.2.20

Quinto Laboratorio de Son (Radio Balea)

Recibimos ao quinto e último grupo de alumnado no Laboratorio de Son.
Este mes de febreiro estreamos novo programa: Que me contas?, adicado á literatura infantil e a todo aquelo que lle anda darredor.
A sección titulámola "A diversidade enriquécenos", dando continuidade ao programa emitido en xaneiro (Vacinas pola Paz) e festexando o Día Mundial da Radio adicado á diversidade.
Parabéns a todo o alumnado polo gran traballo realizado!
Picando no seguinte enlace poderedes acceder ás fotos deste laboratorio:

Quinto Laboratorio de Son 



E agora a escoitar o programa, esperemos que vos guste!

14.2.20

Día do Amor e da Amizade (2º)

Hoxe celebramos o Día do Amor e da Amizade facendo un corazón xeométrico no que escribimos os nomes daquelas persoas que ocupan o noso corazón.
No laboratorio de cociña e grazas á froita fixemos un corazón xeométrico moi, moi doce!
Picando no seguinte enlace poderedes acceder ás imaxes do día:

Feliz Día do Amor e da Amizade!



 

2.2.20

LABORATORIO DE IMAXE , 4º GRUPO ( INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA)

O  cuarto grupo xa pasou polo laboratorio de imaxe e coma sempre , todos aprendimos xuntos, colaborando para poder obter resultados.

As actividades realizadas xiraron ó redor dun tema concreto: O rescate da Serea Leo, un xogo de pistas ou escapismo. A dinámica nas sesións foi a seguinte:

- 1º sesión: falamos sobre o que é un xogo de escapismo e como funciona, despois de saber o que é, descubrimos que temos que rescatar a Leo, pero primeiro manipulamos candados de chaves e de números, lanternas de luz UV,  utilizamos a mesa de luz,  e usamos a Tablet para atopar imaxes de Realidade Aumentada agochadas na clase, non sen antes identificar o icono da aplicación.



FOTOS 1º SESION


- 2º sesión: visualizamos a mensaxe que deixa a Serea Leo e os piratas malvados. Dividimos a clase en dous grupos mixtos, pero esta vez, e vista as experiencias anteriores, por un lado fixeron a actividade o alumnado de infantil con Ana nunha clase do 2º andar e o grupo de primaria comigo, Marta, na aula de apoio de infantil; xa que para facer un xogo de este tipo é necesario grupos pequenos e adaptado ó nivel cognitivo dos peques. Fixemos o xogo, todos atopamos á Serea Leo, e intercambiamos opinións sobre a experiencia.




ESCAPISMO

FOTOS

- 3º sesión: facemos unha asemblea sobre o que máis lles gustou, se cambiarían algo... despois fixemos un traballo de mesa no que tiñan que debuxar e escribir o que máis lles gustou e os materiais/elementos utilizados (candados, lanternas, chaves, caixas, mesa de luz...) Mentres uns traballaban (os maiores axudaron ós máis pequenos), outros gravaban no chroma a súa opinión sobre a actividade.



31.1.20

Cuarto Laboratorio de Son (Radio Balea)

Iniciamos o segundo trimestre con novos grupos de alumnado e novo programa.
Como este trimestre, seguindo o noso PDI, está adicado á ciencia e no mes de xaneiro conmemoramos a Semana da Paz elaboramos guións, locutamos e editamos o programa Festexamos: Vacinas pola Paz.
Importante mensaxe a que nos transmite o alumnado: PRACTICA A PAZ!
Picando no seguinte enlace poderedes acceder á galería de imaxes deste cuarto laboratorio:

Agora a escoitar o programa!