2.2.20

LABORATORIO DE IMAXE , 4º GRUPO ( INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA)

O  cuarto grupo xa pasou polo laboratorio de imaxe e coma sempre , todos aprendimos xuntos, colaborando para poder obter resultados.

As actividades realizadas xiraron ó redor dun tema concreto: O rescate da Serea Leo, un xogo de pistas ou escapismo. A dinámica nas sesións foi a seguinte:

- 1º sesión: falamos sobre o que é un xogo de escapismo e como funciona, despois de saber o que é, descubrimos que temos que rescatar a Leo, pero primeiro manipulamos candados de chaves e de números, lanternas de luz UV,  utilizamos a mesa de luz,  e usamos a Tablet para atopar imaxes de Realidade Aumentada agochadas na clase, non sen antes identificar o icono da aplicación.



FOTOS 1º SESION


- 2º sesión: visualizamos a mensaxe que deixa a Serea Leo e os piratas malvados. Dividimos a clase en dous grupos mixtos, pero esta vez, e vista as experiencias anteriores, por un lado fixeron a actividade o alumnado de infantil con Ana nunha clase do 2º andar e o grupo de primaria comigo, Marta, na aula de apoio de infantil; xa que para facer un xogo de este tipo é necesario grupos pequenos e adaptado ó nivel cognitivo dos peques. Fixemos o xogo, todos atopamos á Serea Leo, e intercambiamos opinións sobre a experiencia.




ESCAPISMO

FOTOS

- 3º sesión: facemos unha asemblea sobre o que máis lles gustou, se cambiarían algo... despois fixemos un traballo de mesa no que tiñan que debuxar e escribir o que máis lles gustou e os materiais/elementos utilizados (candados, lanternas, chaves, caixas, mesa de luz...) Mentres uns traballaban (os maiores axudaron ós máis pequenos), outros gravaban no chroma a súa opinión sobre a actividade.



Ningún comentario:

Publicar un comentario