23.6.21

Feira LeoLab para tod@s!

Este curso de pandemia a implementación dos laboratorios de aprendizaxe sufriu reorganizacións e readaptacións; mais o novo concepto BE-LeoLab non se estancou, se non que demos continuidade ao uso dos seus recursos e espazos creativos.

Para pechar este singular curso acordamos substituir a nosa Feira de Ciencia e Tecnoloxía por unha Feira LeoLab na que durante tres días todo o alumnado participou nos laboratorios desenvoltos nos diferentes espazos.

Dende o mércores 16 ata o venres 18 de xuño, todas as aulas de Primaria, agás 5º EP que xa ten desdobre, dividíronse en subgrupos e organizamos os recursos materiais, espaciais e persoais para que cada grupo pasara polos diferentes laboratorios, e se achegaran á diversidade de recursos documentais, audiovisuais e tecnolóxicos dos que dispoñemos na nosa BE-LeoLab.

Premendo nos seguintes enlaces poderedes visualizar o álbum de imaxes de cada laboratorio:

Laboratorio Documental


Laboratorio Robótico







Laboratorio de realidade aumentada









Laboratorio de cociña 










Laboratorio de Son





Laboratorio makey makey













Laboratorio de construcións










Laboratorio audiovisual (chroma)













Laboratorio scape room













Laboratorio 3D









En E. Infantil, tamén realizamos desdobres e desfrutaron de 4 laboratorios:


Laboratorio robótico











Laboratorio científico










Laboratorio de luz










Laboratorio creativo




















Por unha educación de calidade para tod@s!


5.6.21

Laboratorio de Ideas: construíndo un mundo mellor!

O Laboratorio de Ideas Construíndo un mundo mellor! pecha a implementación dos laboratorios de aprendizaxe 2020/21 e do PDI, bianual, Visión 3C: Comunicación, Ciencia e Creatividade.

Os produtos do laboratorio, Axenda 2030 e Medio Ambiente, conforman a exposición final; unha exposición coa que tamén conmemoramos o Día do Medio Ambiente a través de maquetas/construcións ecolóxicas, creativas e únicas que reflicten o mundo de aprendizaxes desenvoltas ao longo do curso, aprendizaxes de vida.

Parabéns, unha vez máis, a tod@s pola vosa creatividade, pola vosa sensibilidade coa diversidade de mundos, persoais e sociais, cos que coexistimos.

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos da exposición.

O vindeiro curso navegaremos nun novo mar de aprendizaxes compartidas, sempre coa visión nítida de tod@s de que a construción dun mundo mellor é posible se cada un/unha de nós aporta o seu gran de area na singradura da vida.


3º_Lab. de Ideas: construíndo un mundo mellor!

Presentamos o vídeo-resumo do Laboratorio de Ideas que complementa o Laboratorio de Son: o mundo escríbese...con X!

Atendendo ao noso PDI Visión 3C en relación coa Axenda 2030 e o Día do Medio Ambiente, que se celebra no día de hoxe, construímos por equipos 4 maquetas/construcións ecolóxicas e creativas.

Pechamos un curso de experiencias compartidas arredor, entre outros, dos laboratorios de aprendizaxe.

O vindeiro curso seguiremos divertíndonos aprendendo!

4.6.21

Xeografía lectocreativa Milladoiro: Leohle

Pechamos o curso 2020/21, adaptando o lema proposto dende a Asesoría de BE ao noso proxecto de colexio, coa inauguración do mural...

Xeografía lectocreativa Milladoiro: Leohle

que recolle os espazos e recursos que usamos ao longo do curso e que nos acompañará, ano tras ano, para seguir consolidando o concepto BE-LeoLab: a Biblioteca entendida como centro de recursos e espazos creativos ao servizo da aprendizaxe e para tod@s.

Reflectimos a xeografía da nosa BE-LeoLab a través dunha árbore pola súa representación do natural, polo seu significado ancestral en diversas culturas: árbore do coñecemento, árbore da sabiduría, árbore da familia, árbore da vida, árbore de creación e protección...e porque todas as pólas medran en diferentes direccións, mais todas se alimentan e medran grazas á mesma raíz: a Biblioteca Escolar.

Para elaborar o tronco e as follas de cada copa reutilizamos os libros expurgados, as imaxes de cada espazo creativo son as que compoñen a nosa Formación de Usuari@s en liña e coa colaboración da comunidade: forrando a parede, picando as follas, conformando a pila de libros-tronco, rotulando os carteis ou realizando a montaxe da árbore; obtemos o fantástico resultado que podedes ver na imaxe.

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos do mural.

Un ilustrativo e creativo mural construído por e para tod@s!