4.6.21

Xeografía lectocreativa Milladoiro: Leohle

Pechamos o curso 2020/21, adaptando o lema proposto dende a Asesoría de BE ao noso proxecto de colexio, coa inauguración do mural...

Xeografía lectocreativa Milladoiro: Leohle

que recolle os espazos e recursos que usamos ao longo do curso e que nos acompañará, ano tras ano, para seguir consolidando o concepto BE-LeoLab: a Biblioteca entendida como centro de recursos e espazos creativos ao servizo da aprendizaxe e para tod@s.

Reflectimos a xeografía da nosa BE-LeoLab a través dunha árbore pola súa representación do natural, polo seu significado ancestral en diversas culturas: árbore do coñecemento, árbore da sabiduría, árbore da familia, árbore da vida, árbore de creación e protección...e porque todas as pólas medran en diferentes direccións, mais todas se alimentan e medran grazas á mesma raíz: a Biblioteca Escolar.

Para elaborar o tronco e as follas de cada copa reutilizamos os libros expurgados, as imaxes de cada espazo creativo son as que compoñen a nosa Formación de Usuari@s en liña e coa colaboración da comunidade: forrando a parede, picando as follas, conformando a pila de libros-tronco, rotulando os carteis ou realizando a montaxe da árbore; obtemos o fantástico resultado que podedes ver na imaxe.

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos do mural.

Un ilustrativo e creativo mural construído por e para tod@s!

Ningún comentario:

Publicar un comentario