28.10.21

4º_Lab. de cociña: doces lendas

                                     
Doces lendas é a actividade final que realizamos dentro do Laboratorio Documental como peche do mesmo, despois da saída ao cabo de San Adrián.

No laboratorio de cociña con diferentes materiais: cartolinas negras, siluetas dos seres mitolóxicos e azucre glass... creamos por equipos as nosas lendas para contar ao resto de compañeiros/as, sen borrador previo, sen correccións, tomando a palabra en directo.

No vídeo tedes un exemplo do creado e premendo no seguinte enlace accederedes ao álbum de fotos da sesión.

                                              Fotos: Doces lendas!


Unha sesión de creatividade e oratoria... moi, moi doce!

27.10.21

Lab. Documental: XII Semana das Lecturas Terroríficas

Imaxe CEIP Milladoiro. Malpica

Presentamos os produtos finais do Laboratorio Documental, que implementamos ao longo deste mes de outubro, arredor das nosas tradicións orais: cantigas, refráns, lendas... e recollido na proposta de actividades do 1º trimestre.

Este curso, ao igual que o pasado, non temos a posibilidade de celebrar a Semana de Lecturas Terroríficas na nosa Biblioteca; mais non perde a súa esencia e seguimos a conmemorar un Samaín lector en diferentes formatos e soportes.

Premendo nos seguintes enlaces podedes desfrutar das producións de cada nivel:

Parabéns a todas e todos polos fantásticos produtos finais!

Celebramos un Samaín... lendario!

25.10.21

Laboratorio Documental: formación

Lab. Documental: formación de 3º a 6º EP

Iniciamos os Laboratorios de Aprendizaxe, co alumnado de 2º e 3º ciclo de E. Primaria, desenvolvendo a formación do Laboratorio Documental: Formación de Usuari@s e Alfabetización en Información.

Premendo na primeira imaxe accederedes ao álbum de fotos das sesións.

Esta formación é a base para a implementación dos restantes laboratorios ao longo do curso, sendo usuari@s competentes da BE-LeoLab Milladoiro, aprendendo a investigar, a documentarse.

A pasada semana foi a quenda do alumnado de 2º de Primaria, que xunto co alumnado de 1º de Primaria e de E. Infantil, irán tratando a Formación de Usuari@s para os primeiros niveis: normas da Biblioteca, historia da serea Leo, espazos...Lab. Documental: formación 2ºEP

A partires desta formación, cada aula está a desenvolver a proposta do Laboratorio Documental arredor da tradición oral de Malpica e a Costa da Morte: cantigas, contos, refráns, lendas...; a cal presentarán ao resto de compañeiros/as, ao longo da presente semana, a través da publicación no blog de cada ciclo, ante a imposibilidade de reunirnos na nosa Biblioteca para celebrar a nosa XII Semana das Lecturas Terroríficas.

Deseguro os produtos finais de todos e todas serán... lendarios!

ODS 4 da Axenda 2030

Pondo cara a... 18 Escritoras Galegas!

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Co gallo da conmemoración do Día das Escritoras (18 de outubro) e o tan próximo Día das Bibliotecas (24 de outubro) unimos ámbalas dúas celebracións a través da Tarefa Integrada a desenvolver no Laboratorio Documental, o cal estamos a implementar este mes de outubro.

Baixo o título "Pondo cara a...18 Escritoras Galegas" o alumnado porá en práctica a Formación de Usuari@s da nosa Biblioteca e a Alfabetización en Información para asociar cada título, cada nome e apelidos á imaxe da escritora correspondente.

Premendo na primeira imaxe accederedes ao álbum de fotos que as aulas irán subindo segundo vaian realizando a tarefa ao longo da semana.

A seguinte imaxe forma parte da proposta que se entrega ás aulas, premendo na mesma accederedes á información.

Imaxe CEIP Milladoiro
A investigar... para coñecer, para valorar!

21.10.21

Lab. de Son_Que sabemos de Malpica?

Todo proxecto comeza cunha pregunta inicial que é QUE SABEMOS?, así que para comezar o noso PDI, bianual, o alumnado de diferentes niveis implementou o Laboratorio de Son para recoller que sabemos da nosa vila. 

De seguido podedes escoitar os diferentes podcasts que se realizaron na nosa Radio Balea, a radio nas ondas!


9.10.21

Martes robóticos: escornabots ( 6º EI)

 Nas últimas sesións continuamos traballando cos escornabots, xogando con eles e analizando que cousas importantes temos que ensinarlles a toda a Comunidade Educativa.

Tras moito practicar, xa temos creado o noso vídeo sobre escornabots. 

Unha vez que teñamos varios vídeos feitos, aprenderemos a crear códigos QR para elaborar o mural de titoriais no Leolab.



Titorial escornabots - Kizoa Movie Maker