22.11.21

Laboratorio Experimental: un gran laboratorio!

Lab. Experimental: un gran laboratorio!
Ao longo do mes de novembro, co gallo da conmemoración da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, implementamos o Laboratorio Experimental en relación tamén co noso PDI anual pola importancia de valorar e dinamizar o uso da nosa lingua no ámbito científico, en palabras de Xabier P. Docampo...
A nosa lingua en todas as ciencias, en todos os medios,
en todos os camiños que levan á luz do coñecemento.

O colexio tranformase nun gran laboratorio: exposicións da Biblioteca e das aulas para experimentar, para divertirse aprendendo, para ilusionarse coa ciencia na nosa lingua.

Premendo nos seguintes enlaces, que se irán activando segundo as aulas vaian publicando nos blogs de ciclo, accederedes ás fantásticas exposicións experimentais para tod@s:

  • 5º E. Primaria. Densidade
Parabéns a tod@s, unha vez máis, polas fantásticas experiencias vividas e compartidas!

19.11.21

4ºEP_Lab. Experimental: Transformando!

Presentamos en formato audiovisual o desenvolvemento do Laboratorio Experimental, o cal comezamos no mes de outubro co lapbook de Ciencias da Natureza, Transformando... con enerxía!

Ao longo do mes de novembro, conmemorando o mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, rematamos o lapbook e creamos, experimentamos por equipos: cores, luz, auga (ilusións ou xogos ópticos) e máquinas.

Un Laboratorio Experimental no que ademais de crear máquinas e xogos ópticos, puxemos en práctica o ilusionismo.

Exposición lista para que tod@s poidamos experimentar, ilusionarnos coa ciencia!

25N_Lab. Experimental: xunt@s cambiando a visión!

Lab. Experimental: cambiando a visión!

Presentamos o mural Visión 3D: Diálogo + Dereitos + Dignidade que a BE-LeoLab Milladoiro expón no corredor do 1º andar, o 25N en relación co Laboratorio Experimental que se está a implementar nas aulas este mes de novembro.

Ao longo da vindeira semana, tod@s experimentaremos a visión 3D coas imaxes estereoscópicas de diferentes títulos que dan tratamento á igualdade de xénero e pecharemos a experiencia elexindo unha lectura de vida para compartir nas aulas, así como deixando a nosa pegada polo 25N.

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos do mural.

Porque xunt@s podemos ser, atrevéndonos a ser nós: dialogando, respectándonos, con dignidade.

Elas, as protagonistas de cada exemplar, cambiaron o conto e nós

seguimos querendo... cambiar o conto!

17.11.21

Martes robóticos: Vídeotitorial de Realidade Aumentada con plastilina ( 6º EI)

 Durante varios martes, o alumnado de 6º de Educación infantil aprendeu a utilizar a app de Play -Doh Touch para dar vida as diferentes figuras creadas en plastilina.

 

Cada vez estructuran mellor o seu discurso e disposición nas gravacións!!!!!!!

NORABOA CHIC@S!!!




Vídeo titorial RA con plastilina - Kizoa Movie Maker

Visitamos o LEOLAB

 O alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil visitou as instalacións do Leolab para realizar diferentes xogos, entre eles un novo que nos gustou moito que son as carreiras de coches cos dados. Podedes ver todas as fotos da xornada premendo no seguinte enlace: Leolab.




10.11.21

Laboratorio Documental - Formación ( 4º -5º EI)


Iniciamos os Laboratorios de Aprendizaxe, desenvolvendo a formación do Laboratorio Documental: Formación de Usuari@s e Alfabetización en Información.

Esta formación é a base para a implementación dos restantes laboratorios ao longo do curso, sendo usuari@s competentes da BE-LeoLab Milladoiro, aprendendo a investigar, a documentarse.

Hoxe foi a formación de 4º e 5º de Educación Infantil da man da profe Belén, que non ensinou as normas da biblioteca, explicounos a súa organización e dinamizou unha búsqueda do tesouro adaptada a cada unha das clases, para coñecer os distintos espazos. Rematamos a sesión coa lectura dun conto que nos deixou a Serea Leo!


Premendo na imaxe tedes acceso ó álbum de fotos!!






ODS 4 da Axenda 2030