29.4.23

Laboratorio Documental: Grupo 3

Lab. Documental_Abril 2023

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Iniciamos o 3º e último trimestre do curso coa implementación do Laboratorio Documental para o alumnado de 2º e 3º ciclo de E. Primaria.

O grupo 3 composto por: Leo, Noa, Noela, Damián, Fran, Martín, Alejandro, Mara R., Marián, Antón, Alba e Carlota; trataron a identidade dos libros: libros que nos achegan ás conmemoracións anuais, en abril... ao comezo do noso Mes das Letras. Asemade, tratamos a Formación de Usuari@s da nosa Biblio-LeoLab, en formato impreso e dixital.

O obxectivo final foi completar, con preguntas e respostas arredor de Galicia, o noso xogo de produción propia, E ti, de quen vés sendo?, iniciado o pasado curso a raíz do PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL! 

As preguntas e respostas, despois da recuperación de exemplares e tratamento da información, son recollidas na aplicación educativa Kahoot para achegarnos a un recurso dixital de gamificación.

Felicitar ao grupo 3 pola súa gran motivación e esforzo en cada sesión. Como agasallo final e peche do laboratorio levaron un marcapáxinas coa nosa CDU e código QR que enlaza á formación de usuari@s en liña, para ter sempre a man.

24.4.23

Laboratorio de Imaxe: 2º e 3º ciclo de Primaria

 CREAMOS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS

Lab. de Imaxe: circuítos eléctricos

Premer na imaxe para acceder á galería de imaxe

Neste laboratorio aprendemos a crear circuítos eléctricos, pero dun xeito sostible, pensando no medio. 

Creamos maquetas de lugares, monumentos, iconas... de Galiza, seguindo o noso PDI NÓS, e para este gran labor, só usamos material reciclado que atopamos polo cole. 

Comprendemos mediante estas maquetas, como a enerxía viaxa polos cables saíndo desde unha pila ata chegar a unha luz ou un motor, dándolle vida a nosa maqueta.

Un laboratorio chispeante!

18.4.23

Laboratorio experimental: Educación Infantil, 1º e 2º ed. primaria.


Neste curso escolar levamos a cabo o laboratorio experimental en Educación Infantil e 1º e 2º de Educación primaria  tendo en conta o PDI do centro, que neste caso é GALICIA. Así, a temática central escollida para esta actividade foi o mar e as sensacións.

Este laboratorio realízase en dúas sesións diferenciadas. A primeira sesión lévase a cabo nun dos espazos creativos cos que conta o centro, a Aula Sensorial, onde os nenos e nenas atopan diferentes ambientes con  propostas experimentais relacionadas co mar. Aquí, os nenos e nenas traballan de maneira autónoma, descubrindo os diferentes espazos e con libre circulación.

Por outra parte, a segunda sesión realízase na aula de cociña onde os nenos e nenas experimentan a través da elaboración de "Slime mariño". O obxectivo princiapal deste laboratorio é, tal e como se demostra na posta en práctica do mesmo, a experimentación, vivenciación e potenciación das sensaciós