25.12.20

Lab. de Imaxe: un nadal con moita luz

Neste mes de decembro, o equipo tecnolóxico, baixo o lema Un Nadal con moita Luz, propuxo realizar dentro do laboratorio de imaxe, unha postal de Nadal incluíndo nela unha circuíto electrónico sinxelo.

Os máis peques realizaron circuítos E-Téxtil en papel e os máis maiores desenvolveron a creatividade utilizando fieltro. 

O pasado curso, a partir dunha formación para o alumnado ofertada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, tivemos no centro a Paola Guimeráns, un referente na creación de circuítos E-Téxtil, polo que este curso decidimos que todo o alumnado do centro tiña que coñecer esta dinámica tan creativa e chamativa.

Aquí tedes os produtos finais!!!  


Postais navideñas con circuítos electrónicos - Kizoa Movie Maker

FELICES FESTAS !!!!!!!

18.12.20

2º_Escape Room Nadal

 Hoxe foi un día cheo de emocións na aula de 2º de primaria. Fixemos un Escape Room no Leolab que consistía en ir descubrindo a escuras e utilizando unha lanterna unha tarxetas que contiñan unha operación de suma ou resta escritas cun boli de tinta invisible. Tiñamos que ir anotando no noso caderno de laboratorio o resultado de cada unha das 14 tarxetas repartidas pola sala. Cada resultado correspondíalle unha letra é o obxectivo era descifrar unha mensaxe segreda.

Ese código segredo resultou ser finalmente MENSAXE DOS REIS MAGOS. Ilusionados/as volvemos á aula e visualizamos un vídeo dos REIS MAGOS cunha mensaxe personalizada para nós. Todo unha sorpresa!

Rematamos a xornada despedíndonos de Andrea, a profe de prácticas que nos acompañou dende comezos de novembro. Fixémoslle un agasallo e ela tamén nos agasallou cun boli de tinta invisible para xogar na nosa casa e unha tarxeta cunha mensaxe personalizada para cada un de nós.

Foi unha despedida moi especial e emotiva. Grazas Andrea por todo! Serás unha gran MESTRA!  Levarémoste sempre nos nosos corazóns.

Unha aperta enorme.

Pica na imaxe para acceder ás fotos da galería. 

3º_Lab. Imaxe: circuíto eléctrico

 

Este mes de decembro no Laboratorio de Imaxe traballamos os circuítos eléctricos empregando cinta de cobre, batería e luz led para iluminar o nadal, recordando que...

O mundo está nas nosas mans
URXE coidar o noso Planeta!

15.12.20

Lab. Experimental_Ciencia en galego na BE


Produto final dos Laboratorios Experimentais levados a cabo no mes de novembro, celebrando así o mes da ciencia en galego na BE.


Parabéns a tod@s, grandes aprendizaxes experimentais e en GALEGO!

9.12.20

3º_Lab. Ideas: satélite artificial


Voltamos ao laboratorio de cociña para crear unha máquina que fixemos orbitar entre dentes e nos aportou enerxía.
Deste xeito integramos os satélites artificiais no lapbook de C.C. da Natureza "Comunicando: a enerxía move o mundo! Máquinas e enerxía"
Canto nos gustou!
Este nadal haberá máis dun laboratorio de cociña caseiro creando satélites artificiais para orbitar na mesa, seguro!

3.12.20

3º_Lab. Experimental: entre nubes!

Preme para acceder á galería de imaxes

Os laboratorios de aprendizaxe LeoLab tiveron que ser reorganizados para adaptarse á delicada situación sanitaria do noso concello, da nosa comunidade educativa. Así pasaron a ser impartidos polos/as titores/as co seu grupo-clase, adicando cada mes a un laboratorio.

Ao longo do mes de novembro, adicado á Ciencia en galego nas Bibliotecas Escolares,  a proposta foi implementar o Laboratorio Experimental empregando o método científico e o uso da Biblioteca para a búsqueda de información en galego.

Na aula de 3º integramos o Lab. Experimental no lapbook de C.C. Sociais, centrándonos na atmósfera e o fenómeno atmosférico: as nubes.

Por que, como, onde se forma este fenómeno atmosférico? Que é o fenómeno pareidolia? Que é un cúmulo? Observamos, buscamos información, realizamos hipóteses e experimentamos para sacar conclusións.

Un laboratorio entre nubes!