Amosando publicacións coa etiqueta laboratorio de ideas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta laboratorio de ideas. Amosar todas as publicacións

14.6.24

LABORATORIO CREATIVO 3º A 6º PRIMARIA 2023_2024

 FACEMOS UN AULA DE ARTE!

Invitámosvos a descubrir no seguinte enlace a creación da nosa nova aula de arte, realizada ao longo de curso polo laboratorio creativo de primaria. Disfrutádea!!

Podes acceder á galería de imaxes clicando aquí




13.6.24

Pequelaboratorio de ideas. Elaboramos a nosa horta

 No laboratorio creativo de infantil e primeiro ciclo empregamos a cricut como ferramenta principal para o desenvolvemento da proposta. Decidimos empregar este recurso pola súas múltiples posibilidades de creación, xa que nos permitiría elaborar os deseos de maneira rápida e precisa, sen necesidade de facelo como tradicionalmente estamos acostumados. 


Así, este laboratorio dividiuse en duas sesions:

- Unha primeira na que se lle presentou ao grupo a proposta de actividade que parte do proxecto sobre o que estamos a traballar no centro, neste caso, hábitos saudables. Fixemos Unha posta en común sobre qué sabíamos previamente sobre os hábitos saudables, sobretodo relacionados coa alimentación. Logo, procuramos en internet imaxes de verduras e hortalizas que o alumnado coñecia e consumía e logo pasamos a deseñar as nosas propias, plasmandoas en papel. A continuación, presentamos a cricut e explicamos o seu funcionamento, de maneira que tivemos que pasar os deseños elaborados polo alumnado ao programa cricut para así poder cortar o fieltro co que posteriormente daremos as nosas verduras e hortalizas ecolóxicas. 

- Na segunda sesión, procedemos ao corte do fieltro coa cricut das diferentes verduras e hortalizas para posteriormente coselas e darlle forma tridimensional con algodón, agulla e fio. No caso do alumnado mais pequeno empregamos Unha maquina de coser portátil de fácil uso para o mesmo. Finalmente, elaboramos o horto ecoloxico con Caixas de cartón recicladas e papel de periódico. 


Cabe destacar que a pesar de que a actividade se realizou con éxito, o uso da cricut non é o mais axeitado para alumnado tan pequeño, senon que estaría indicado para o segundo e tercero ciclo así como para o profesorado.






12.5.23

Lab. de Ideas: E.I. e 1º ciclo EP


Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

O Laboratorio de Ideas para E. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria desenvolveuse ao redor da nosa paisaxe. 

Xogamos co mural imantado identificando elementos da paisaxe: naturais e artificiais.

Ideamos, creamos as nosas propias paisaxes, galegas, con materiais de refugallo aplicando as 3R: reducir, reciclar e reutilizar.

2.5.23

Laboratorio de Ideas de 3º a 6º EP: "Somos oleiros/as"

Neste laboratorio acercámonos ao mundo oleiro mediante o deseño, creación e decorado de pezas de arxela por parte do alumnado.

Na primeira sesión investigamos sobre o traballo dos/as oleiros/as, en que consiste, onde se desenvolve ou as técnicas de modelado de arxela manuais máis habituais. Ademais, debuxamos o deseño do que serán as nosas pezas.

Na segunda xornada manchamos as mans para que, cadaquén, modele as súas pezas de arxela, mentres que na terceira pintamos con témpera as nosas obras.

Unha vez rematamos o traballo, as obras son expostas no corredor do 2º andar do centro.

Preme na imaxe para acceder ás imaxes!

5.6.22

Lab. de Ideas: XOGOS 3R

Laboratorio de Ideas: xogos 3R

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Hoxe, Día do Medio Ambiente, presentamos os produtos finais do último laboratorio de aprendizaxe do curso, o Laboratorio de Ideas, recollido na proposta de actividades trimestrais.

O xogo e o texto instructivo presidiron o laboratorio e grazas a gran creatividade de tod@s xurdiron xogos 3R diversos, tales como:

  • Emboque de 4º de Infantil: botellas de plástico con adhesivos moi coloridos.
  • Dominó de 5º de Infantil: pedras reutilizadas con deseño propio.
  • O pano de 6º de Infantil e 1º de Primaria: retallos de tea variados e... cosidos!
  • Choiva de tapóns de 2º de Primaria: paus e tapóns de plástico a cachón.
  • Tira-bólas de 3º de Primaria: cartón e botellas de plástico para unha rampa personalizada.
  • Raiola de 4º de Primaria: caixas, páxinas de libros deteriorados/expurgados e tapóns de plástico para mesturar dous xogos tradicionais (RA e marIOLA)
  • Tres en raia de 5º de Primaria: cartón e cápsulas de café para deseñar taboleiro e fichas propias.
  • Teléfono escacharrado de 6ºA de Primaria: envases de iogur, xornais e fío para comunicarnos.
  • Os birlos, cor a esgalla, de 6ºB de Primaria: area, xornais e botellas de plástico con temática diversa.

Parabéns a tod@s! Coidando o Medio Ambiente, aplicando as 3R: reducir, reutilizar e reciclar.

Xogos aos que daremos bo uso nestas últimas semanas de curso e... o vindeiro!

 

5.6.21

Laboratorio de Ideas: construíndo un mundo mellor!

O Laboratorio de Ideas Construíndo un mundo mellor! pecha a implementación dos laboratorios de aprendizaxe 2020/21 e do PDI, bianual, Visión 3C: Comunicación, Ciencia e Creatividade.

Os produtos do laboratorio, Axenda 2030 e Medio Ambiente, conforman a exposición final; unha exposición coa que tamén conmemoramos o Día do Medio Ambiente a través de maquetas/construcións ecolóxicas, creativas e únicas que reflicten o mundo de aprendizaxes desenvoltas ao longo do curso, aprendizaxes de vida.

Parabéns, unha vez máis, a tod@s pola vosa creatividade, pola vosa sensibilidade coa diversidade de mundos, persoais e sociais, cos que coexistimos.

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos da exposición.

O vindeiro curso navegaremos nun novo mar de aprendizaxes compartidas, sempre coa visión nítida de tod@s de que a construción dun mundo mellor é posible se cada un/unha de nós aporta o seu gran de area na singradura da vida.


3º_Lab. de Ideas: construíndo un mundo mellor!

Presentamos o vídeo-resumo do Laboratorio de Ideas que complementa o Laboratorio de Son: o mundo escríbese...con X!

Atendendo ao noso PDI Visión 3C en relación coa Axenda 2030 e o Día do Medio Ambiente, que se celebra no día de hoxe, construímos por equipos 4 maquetas/construcións ecolóxicas e creativas.

Pechamos un curso de experiencias compartidas arredor, entre outros, dos laboratorios de aprendizaxe.

O vindeiro curso seguiremos divertíndonos aprendendo!

25.3.21

3º_Lab. de Ideas: cociñando con-Ciencia

 
Presentamos o vídeo-resumo da primeira parte, experimentamos, do Laboratorio de Ideas que estamos a desenvolver ao longo deste mes de marzo arredor da cociña como laboratorio caseiro de aprendizaxe e a Muller.

Integramos o Lab. de Ideas na nosa programación tratando contidos matemáticos, lingüísticos e reforzando/ampliando contidos dos lapbooks de Ciencias:

  • O noso corpo aliméntase (Corpo e Alimentación de C.C. da Natureza)
  • Historia da paisaxe (Paisaxe e Historia de C.C. Sociais)
A segunda parte do Lab. de Ideas está en proceso de desenvolvemento, agradecer a colaboración das nosas familias unha vez máis.

Seguimos!

Presentamos o noso caderno de "Receitas queridas" e o vídeo-resumo da segunda parte do Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia.

Un laboratorio moi productivo, no tocante a: experimentación, investigación, concienciación arredor da igualdade de xénero e a cociña como laboratorio caseiro de aprendizaxe.

Parabéns a todo@s por un trimestre máis, superheroico!

Para pór punto e final ao Lab. de Ideas desfrutamos da xenerosa visita de Dna. Carmen Trigo, profesora de cociña tradicional e madriña do Laboratorio de Cociña.

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos da visita. 

Non puidemos ter un peche máis fermoso e saboroso do Laboratorio de Ideas e deste 2º trimestre, pois elaborou a receita "Galletas de nata" que recollemos na nosa plantilla "Receitas queridas" e agasallounos cunha bolsiña de galletas para cada un de nós; así como nos deixou escritas da súa man dúas receitas e imaxes do gran repertorio culinario que atesoura.

Picando na seguinte imaxe accederedes ao álbum de fotos das súas extraordinarias creacións.

 

Agradecer a Dna. Carmen, Carmiña como a coñecen en Malpica, a súa relevante visita por canto representa para o noso colexio e pola súa gran amabilidade con tod@s. Esperamos que volte en máis ocasións para contarnos as historias que se cociñan en cada unha das súas receitas con corazón.




6º Primaria_Laboratorio de Ideas: enquisas culinarias

 Moi boa tarde!

Nesta publicación traemos o gran traballo que fixo o alumnado de sexto coa temática que nos tocara: a cociña! Así, propuxéronse saber as preferencias das distintas clases do colexio respecto a certos alimentos, así como nos lanzaron unha para todos... Ti que es máis, de doce ou de salgado? De 103 persoas enquisadas, 57 prefiren doce e 56 salgado! Que apretado estivo todo! O proceso foi o seguinte: 


1) En clase, repartimos os grupos de traballo de enquisadores/as. Cun total de 6 grupos, cada equipo tiña que pensar nunha pregunta e nunha clase para acudir. 


2) Unha vez formulada a pregunta e debatida entre toda a clase, puxéronse mans á obra! Pero antes de nada, repartimos os roles: a) Quen fai a presentacion b) Quen fai a pregunta c) Quen conta as mans erguidas na clase d) Quen rexistra por escrito o resultado


3) Tras uns minutos polo cole adiante, retornaron con toda a información preparada para... analizar! Aproveitando que estábamos traballando en CC.SS. sobre os gráficos, aprendemos a crear gráficos de sectores e de barras con Adobe Spark e con Word. 


4) Unha vez creados, decoraron os carteis cos que poderían amosar a información de forma gráfica. Cando tiveron o cartel listo, pasaron polas aulas para amosar que se fixera cos datos pedidos. 


5) Na aula, cada grupo fixo unha pequena presentación e interpretación do seu gráfico, salientando as partes máis relevantes, as súas impresións, o que esperaba que saíra... 

5) Finalmente, montaron na parede exterior da aula as nosas enquisas culinarias... Queredes ver o resultado? Velaquí o tedes!!





Foi unha actividade moi entretida da que sacaron conclusións moi valiosas, como que de 1º a 4º a maioría da xente prefería doce, mentres que en 5º e 6º a case todos querían salgado... Conforme medramos, imos cambiando as nosas preferencias!!


Sen máis, isto é todo!


Saúdos,


O voso profe Sergio






24.3.21

2º_Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia

Este curso, no Día Internacional da Muller, quixemos festexalo realizando unha entrevista a unha antiga alumna do noso colexio: a Yara Castro Ortega, de profesión cociñeira e rexente do Restaurante Casa da Vasca. 

Preparamos entre todos/as as preguntas e convidamos a Yara a vir a Radio Balea, onde Noela, Siro e Lola lle fixeron a entrevista. 


Voltamos recibir a visita da cociñeira Yara Castro, de Casa da Vasca. Veunos impartir un obradoiro de cociña para ensinarnos como se fan as receitas da Tosta de sardiña afumada e a sobremesa Nocilla 3.0. 

Traballamos por equipos para escribir a receita da crema de queixo, da marmelada de tomate e da copa de chocolate. Traballamos con diferentes medidas de capacidade e peso, manipulamos diferentes alimentos de orixe vexetal e animal, fixemos mesturas....En definitiva, aplicamos a ciencia á cociña e despois degustamos todo o que fixemos coas nosas propias mans. 

Unha mañá intensa, chea de emocións. Grazas Yara por compartir con nós os teus saberes e  ensinarnos sobre a túa profesión!

4º Primaria_Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia

  Boas a todos/as!!!

 Ao longo do mes de marzo, elaboramos un pequeno proxecto sobre o papel da muller na cociña desenvolvendo o Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia.

A aula foi testemuña de opinións marabillosas acerca de cuestións como:

Quen cociña habitualmente na casa? Por que se a maioría das mulleres son as que cociñan, porque os grandes CHEF son homes? 

    Grazas á profe Andrea, coñecemos a Lidia e a Fran. Dous grandes cociñeiros galegos que despois de formarse aquí emprenderon rumbo a outro país, Nova York,  para seguir coa súa gran paixón, a cociña.

A pesares de ter unha grande diferencia horaria, non tiveron ningún inconvinte en facer unha videochamada con nós. 

                                                                   

Os nenos/as preguntaronlle un montón de cousas e contáronmos entre outras cousas:

- que a Lidia sempre lle chamou a atención a cociña, encantáballe ver a súa nai cociñar, a Fran a súa gran afición era comer e de aí surxiu o gusto pola boa cociña.

-que botan de menos Galicia e o xamón.

- que se formaron, Lidia en Santiago e Fran na coruña, que traballaron en moitos restaurantes onde foron aprendendo un lote de trucos, incluso nun castelo cerca dos Alpes Suizos!!

- Lidia comentounos que nunca tivera problema en ningunha cociña por ser muller.

Tamén que alí a pizza é un prato moi coñecido, e que a gran diferencia entre os dous paises é que alí non usan as mesmas unidades de medida para as receitas....

E como non,  enviáronnos unha receita para facer madalenas ....e por suposto...a cociñar....

Para acceder a galería, picar na imaxe.



1º_Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia

Boas a todos e a todas!

Aquí vos deixo unhas imaxes do resultado da enquisa que se vos realizou na casa. Quen cociña na nosa casa? A esa persoa (ou persoas) gústalle esa tarefa?

No mural podemos ver cantas nais (13) e cantos pais (7) cociñan. Ademais diso, a cantos lles gusta (pulgar azul) e a cantos non lles gusta (pulgar vermello).

Esta actividade forma parte da proposta Cociñando con-Ciencia, que relaciona a cociña, a ciencia e a figura da muller.

 


  

  

  

  

 

Despois de realizar a enquisa e o mural que representa os resultados da mesma, pechamos esta proposta de actividades facendo dúas visitas á cociña do noso centro.

Nunha destas visitas relacionamos a cociña coa ciencia e as matemáticas indagando e traballando arredor da medida de capacidade máis coñecida: o litro. Canta cantidade de líquido é un litro? cantos medios litros forman un litro? cantos cuartos de litro nos fan falta para ter un litro?

  

  

A seguinte visita tiña como principal obxectivo desfrutar da cociña. Porque sabemos que a cociña non é tarefa de homes nin de mulleres, senón de todos aqueles aos que lles guste! Para isto, preparamos unha deliciosas pizzas que posteriormente gozamos degustando.