Moi boa tarde!
Nesta publicación traemos o gran traballo que fixo o alumnado de sexto coa temática que nos tocara: a cociña! Así, propuxéronse saber as preferencias das distintas clases do colexio respecto a certos alimentos, así como nos lanzaron unha para todos... Ti que es máis, de doce ou de salgado? De 103 persoas enquisadas, 57 prefiren doce e 56 salgado! Que apretado estivo todo! O proceso foi o seguinte:
1) En clase, repartimos os grupos de traballo de enquisadores/as. Cun total de 6 grupos, cada equipo tiña que pensar nunha pregunta e nunha clase para acudir.
3) Tras uns minutos polo cole adiante, retornaron con toda a información preparada para... analizar! Aproveitando que estábamos traballando en CC.SS. sobre os gráficos, aprendemos a crear gráficos de sectores e de barras con Adobe Spark e con Word.
4) Unha vez creados, decoraron os carteis cos que poderían amosar a información de forma gráfica. Cando tiveron o cartel listo, pasaron polas aulas para amosar que se fixera cos datos pedidos.
5) Na aula, cada grupo fixo unha pequena presentación e interpretación do seu gráfico, salientando as partes máis relevantes, as súas impresións, o que esperaba que saíra...
5) Finalmente, montaron na parede exterior da aula as nosas enquisas culinarias... Queredes ver o resultado? Velaquí o tedes!!
Foi unha actividade moi entretida da que sacaron conclusións moi valiosas, como que de 1º a 4º a maioría da xente prefería doce, mentres que en 5º e 6º a case todos querían salgado... Conforme medramos, imos cambiando as nosas preferencias!!
Sen máis, isto é todo!
Saúdos,
O voso profe Sergio
Ningún comentario:
Publicar un comentario