Amosando publicacións coa etiqueta grupo 5. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta grupo 5. Amosar todas as publicacións

27.1.24

Lab. Documental: grupo 5 (2º e 3º ciclo EP)

 Lab. Documental

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Iniciamos o ano 2024 dando continuidade ao Lab. Documental co alumnado de 2º e 3º ciclo de EP

O grupo 5 composto por: Janis, Nicolás, Martín M., Candela, Santiago, Damián, Uxía M., Marco U., Mónica, Martín e África; desenvolveron a formación de usuari@s e o PDI que nos ocupa.

Os cadernos-informe, como recursos materiais, facilitaron a implementación do laboratorio: organización e catálogo da biblioteca, CDU, identidade dos libros, búsqueda e recuperación de exemplares; así como o tratamento de emocións/sentimentos en relación co PDI "Medicus curat natura sanat", no mes de xaneiro... a tristeza!

Pechamos o laboratorio elaborando dúas nubes de palabras, mediante a aplicación Menti Meter, relacionadas con: Tristeza por... e CDU. Nubes que nos permiten traballar o autocoñecemento: pensar, opinar e valorar a tristeza, como emoción básica, e as nosas preferencias lectoras.

A seguinte imaxe reflicte a nube de palabras relacionada co PDI: Tristeza por... morte e guerras, as palabras máis repetidas.

Nube palabras

Un laboratorio do máis... emocionante!

27.1.23

Laboratorio Documental: Grupo 5

Lab. Documental - Grupo 5

                           Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Iniciamos o ano 2023 co implementación do Laboratorio Documental para o alumnado de 2º e 3º ciclo de E. Primaria.

O grupo 5 composto por: Anna, Saúl, Lola, Siro, Marco G., África, Mara P., Izan, Antía e Alonso; trataron a identidade dos libros: libros que nos achegan ás conmemoracións anuais, en xaneiro... ao Día da Paz e a Non violencia. Asemade, tratamos a Formación de Usuari@s da nosa Biblio-LeoLab, en formato impreso e dixital.

O obxectivo final foi completar, con preguntas e respostas arredor de Galicia, o noso xogo de produción propia, E ti, de quen vés sendo?, iniciado o pasado curso a raíz do noso PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL! 

As preguntas e respostas, despois da recuperación de exemplares e tratamento da información, son recollidas na aplicación educativa Kahoot para achegarnos a un recurso dixital de gamificación.

Felicitar ao grupo 5 pola súa gran motivación e esforzo en cada sesión. Como agasallo final e peche do laboratorio levaron un marcapáxinas coa nosa CDU e código QR que enlaza á formación de usuari@s en liña, para ter sempre a man.