Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
Iniciamos o ano 2023 co implementación do Laboratorio Documental para o alumnado de 2º e 3º ciclo de E. Primaria.
O grupo 5 composto por: Anna, Saúl, Lola, Siro, Marco G., África, Mara P., Izan, Antía e Alonso; trataron a identidade dos libros: libros que nos achegan ás conmemoracións anuais, en xaneiro... ao Día da Paz e a Non violencia. Asemade, tratamos a Formación de Usuari@s da nosa Biblio-LeoLab, en formato impreso e dixital.
O obxectivo final foi completar, con preguntas e respostas arredor de Galicia, o noso xogo de produción propia, E ti, de quen vés sendo?, iniciado o pasado curso a raíz do noso PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!
As preguntas e respostas, despois da recuperación de exemplares e tratamento da información, son recollidas na aplicación educativa Kahoot para achegarnos a un recurso dixital de gamificación.
Felicitar ao grupo 5 pola súa gran motivación e esforzo en cada sesión. Como agasallo final e peche do laboratorio levaron un marcapáxinas coa nosa CDU e código QR que enlaza á formación de usuari@s en liña, para ter sempre a man.
Ningún comentario:
Publicar un comentario