18.12.18

Brownies navideños



Invadidos polo espíritu do Nadal volvemos á cociña con intención de facer outra das receitas que recolle o libro de Escarlatina, a cociñeira defunta. Nesta ocasión elaboramos uns riquísimos brownies e quixemos darlle un toque distinto e divertido tendo en conta as datas nas que estamos.

Así foi como nos quedaron os brownies co gorriño de Papá Noel. J
Deliciosos!!!










2.12.18

Madalenas


Esta semana comezamos a traballar cun dos libros incluídos no Plan Lector deste curso. Trátase de Escarlatina, a cociñeira defunta. COSTAS, LEDICIA. Ed. Xerais.
É un libro de aventuras apaixoante. Ademáis,  contén unha ducia de receitas e, aproveitando que o noso cole ten unha Aula de Cociña, puxémonos mans á masa e fixemos unhas exquisitas madalenas caseiras.  


6.2.18

PAN DE ELOTE

Estando de viaxe por México non podíamos deixar de cociñar un plato típico de alí como é o PAN DE ELOTE. Para a receita precisamos dos seguintes ingredientes:

  • 200 gr. de manteiga (a temperatura ambente).
  • 1 lata de leite condensada (400 gr.).
  • 100 gr. de azucre.
  • 1/2 culler de sal.
  • 1 culler de ensencia de vainilla.
  • 6 ovos.
  • 750 gr. de elote (millo)
  • 1 taza de fariña de millo.
  • Un sobre de levadura.
Para a súa elaboración primeiro trituramos ben o millo ata obter un puré e o reservamos. Nun bol xuntamos a fariña, a levadura e o sal. Batemos ben a manteiga a velocidade media ata ablandar, engadimos o azucre e seguimos batendo. Engadimos un a un os ovos, a ensencia de vainilla e a leite condensada e seguimos batendo. Incorporamos o elote mulido e a mestura de fariña, batemos todo ben ata que quede ben homoxéneo. Vertemos a mestura nun molde engrasado e co forno precalentado a 180º, estará uns 45-55 minutos. Despois xa a probar esta delicia. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Pan de elote.