Laboratorios de aprendizaxe do CEIP Milladoiro. Espazos e recursos creativos para TOD@S nos que SER, FACER, SABER e CONVIVIR.
25.5.25
Laboratorio documental (5º E.I. - 2º E.P.)
27.3.25
Coñecendo a... Photon Robot!
O alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria, grazas ao orzamento do Programa Innova, coñeceu e experimentou con Photon Robot, un novo recurso da nosa biblio creativa.
Da man de Flor, de Maker Store by Allknow de Carballo, programaron a Photon Robot para chegar a diversas emocións que foron descubrindo mediante un relato contado.
Seguimos ampliando recursos e formación en programación e intelixencia artificial para mellorar o ser e o saber... facendo!
24.3.21
2º_Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia
Este curso, no Día Internacional da Muller, quixemos festexalo realizando unha entrevista a unha antiga alumna do noso colexio: a Yara Castro Ortega, de profesión cociñeira e rexente do Restaurante Casa da Vasca.
Preparamos entre todos/as as preguntas e convidamos a Yara a vir a Radio Balea, onde Noela, Siro e Lola lle fixeron a entrevista.
Voltamos recibir a visita da cociñeira Yara Castro, de Casa da Vasca. Veunos impartir un obradoiro de cociña para ensinarnos como se fan as receitas da Tosta de sardiña afumada e a sobremesa Nocilla 3.0.
Traballamos por equipos para escribir a receita da crema de queixo, da marmelada de tomate e da copa de chocolate. Traballamos con diferentes medidas de capacidade e peso, manipulamos diferentes alimentos de orixe vexetal e animal, fixemos mesturas....En definitiva, aplicamos a ciencia á cociña e despois degustamos todo o que fixemos coas nosas propias mans.
Unha mañá intensa, chea de emocións. Grazas Yara por compartir con nós os teus saberes e ensinarnos sobre a túa profesión!
18.12.20
2º_Escape Room Nadal
Hoxe foi un día cheo de emocións na aula de 2º de primaria. Fixemos un Escape Room no Leolab que consistía en ir descubrindo a escuras e utilizando unha lanterna unha tarxetas que contiñan unha operación de suma ou resta escritas cun boli de tinta invisible. Tiñamos que ir anotando no noso caderno de laboratorio o resultado de cada unha das 14 tarxetas repartidas pola sala. Cada resultado correspondíalle unha letra é o obxectivo era descifrar unha mensaxe segreda.
Ese código segredo resultou ser finalmente MENSAXE DOS REIS
MAGOS. Ilusionados/as volvemos á aula e visualizamos un vídeo dos REIS MAGOS
cunha mensaxe personalizada para nós. Todo unha sorpresa!
Rematamos a xornada despedíndonos de Andrea, a profe de
prácticas que nos acompañou dende comezos de novembro. Fixémoslle un agasallo e
ela tamén nos agasallou cun boli de tinta invisible para xogar na nosa casa e
unha tarxeta cunha mensaxe personalizada para cada un de nós.
Foi unha despedida moi especial e emotiva. Grazas Andrea por
todo! Serás unha gran MESTRA! Levarémoste sempre nos nosos corazóns.
Unha aperta enorme.
Pica na imaxe para acceder ás fotos da galería.
9.3.20
Muller e Ciencia: Isabel Zendal Gómez (1º e 2º)
Por iso seguindo o noso proxecto reproducimos a biografía de Isabel Zendal no Laboratorio de Imaxe empregando a técnica croma e reutilizando os nosos disfraces de Entroido.
E velaquí o resultado que presentaremos o vindeiro xoves 12 na nosa biblioteca aos nosos compañeiros e compañeiras despois de que cantemos a canción "Isabel Zendal" dos Lunnis.
A disfrutar da primicia e esperemos que vos guste!
3.3.20
LABORATORIO DE IMAXE: GRUPO 5 ( INFANTIL E 1º CICLO)
As actividades realizadas xiraron como sempre ó redor dun tema concreto: O rescate da Serea Leo, un xogo de pistas ou escapismo. A dinámica nas sesións foi a seguinte:
- 1º sesión: falamos sobre o que é un xogo de escapismo e como funciona, despois de saber o que é, descubrimos que temos que rescatar a Leo, pero primeiro manipulamos candados de chaves e de números, lanternas de luz UV, utilizamos a mesa de luz, e usamos a Tablet para atopar imaxes de Realidade Aumentada agochadas na clase, non sen antes identificar o icono da aplicación.
FOTOS
- 2º sesión: visualizamos a mensaxe que deixa a Serea Leo e os piratas malvados. Dividimos a clase en dous grupos mixtos, por un lado fixeron a actividade o alumnado de infantil con Ana nunha clase do 2º andar e o grupo de primaria comigo, Marta, na aula de apoio de infantil; xa que para facer un xogo de este tipo é necesario grupos pequenos e adaptado ó nivel cognitivo dos peques, e a través da experiencia co grupo anterior consideramos que desta forma funciona mellor.. Fixemos o xogo, todos atopamos á Serea Leo, e intercambiamos opinións sobre a experiencia.
ESCAPISMO
FOTOS
- 3º sesión: facemos unha asemblea sobre o que máis lles gustou, se cambiarían algo... despois fixemos un traballo de mesa no que tiñan que debuxar e escribir o que máis lles gustou e os materiais/elementos utilizados (candados, lanternas, chaves, caixas, mesa de luz...) Mentres uns traballaban (os maiores axudaron ós máis pequenos), outros gravaban no chroma a súa opinión sobre a actividade.
14.2.20
Día do Amor e da Amizade (2º)
No laboratorio de cociña e grazas á froita fixemos un corazón xeométrico moi, moi doce!
Picando no seguinte enlace poderedes acceder ás imaxes do día:
Feliz Día do Amor e da Amizade!
2.2.20
LABORATORIO DE IMAXE , 4º GRUPO ( INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA)
As actividades realizadas xiraron ó redor dun tema concreto: O rescate da Serea Leo, un xogo de pistas ou escapismo. A dinámica nas sesións foi a seguinte:
- 1º sesión: falamos sobre o que é un xogo de escapismo e como funciona, despois de saber o que é, descubrimos que temos que rescatar a Leo, pero primeiro manipulamos candados de chaves e de números, lanternas de luz UV, utilizamos a mesa de luz, e usamos a Tablet para atopar imaxes de Realidade Aumentada agochadas na clase, non sen antes identificar o icono da aplicación.
FOTOS 1º SESION
- 2º sesión: visualizamos a mensaxe que deixa a Serea Leo e os piratas malvados. Dividimos a clase en dous grupos mixtos, pero esta vez, e vista as experiencias anteriores, por un lado fixeron a actividade o alumnado de infantil con Ana nunha clase do 2º andar e o grupo de primaria comigo, Marta, na aula de apoio de infantil; xa que para facer un xogo de este tipo é necesario grupos pequenos e adaptado ó nivel cognitivo dos peques. Fixemos o xogo, todos atopamos á Serea Leo, e intercambiamos opinións sobre a experiencia.
ESCAPISMO
FOTOS
- 3º sesión: facemos unha asemblea sobre o que máis lles gustou, se cambiarían algo... despois fixemos un traballo de mesa no que tiñan que debuxar e escribir o que máis lles gustou e os materiais/elementos utilizados (candados, lanternas, chaves, caixas, mesa de luz...) Mentres uns traballaban (os maiores axudaron ós máis pequenos), outros gravaban no chroma a súa opinión sobre a actividade.
18.12.19
OBRADOIRO E-TEXTIL
Entre os obradoiros ofrecidos, todos moi interesantes, nós escollemos E-Téxtiles, que consiste na creación de circuítos en papel e en téxtiles.
O venres pasado fixemos este obradoiro da man de Paola Guimeráns , unha das maiores expertas neste campo, e organizouse en tres sesións para distintos grupos:
- Makey makey: o alumnado de 2º de primaria utilizou o makey makey para facer un xogo en Scratch. Paola contoulles unha historia sobre un lobo, e uns animaliños escondidos na granxa ós que tiñan que ir descubrindo. Para poder escoitar e recoñecer a cada animal utilizouse o makey makey e circuítos con adhesivo de cobre.
FOTOS
- Circuítos e papel: o alumnado de 4º de primaria realizou unha postal de Nadal, para iso construíron un circuíto sobre papel utilizando adhesivo de cobre, unha batería e luces leds. As postais quedaron moi bonitas e foi increíble a forma en que aprendían a base de facer e de errar, e ver como entre eles axudábanse para que todos os circuítos funcionaran.
FOTOS
- Circuítos e téxtiles: na última sesión de formación , o alumnado de 5º de primaria creou un adorno para árbore de Nadal. Utilizaron un trociño de fieltro no que construíron un circuíto utilizando fío conductor para coser, e engadiron luces leds e adornos. Todos utilizaron a agulla perfectamente, axudáronse mutuamente e a base de aprender facendo e colaborando, todos conseguiron levar a súa obra para casa con moita emoción.
FOTOS
Nas tres sesións destacou a colaboración entre o alumando, que tivo un papel moi activo, e a alegría de construir algo verdaderamente significativo para eles.
13.12.19
Cociñando Braille (2º)
Cada grupo escribiu unha palabra relacionada co nadal, tendo moito coidado de non botar demasiado xarope.
Encantounos esta actividade. O mellor foi o final, comer cada letra en braille pois estaban...para chuparse os dedos! Todos coincidimos en que as tostas sabían a...gusanitos!
Picando no seguinte enlace accederedes ao álbum de fotos: COCIÑANDO BRAILLE






