Amosando publicacións coa etiqueta animación á escritura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animación á escritura. Amosar todas as publicacións

25.5.25

Laboratorio documental (5º E.I. - 2º E.P.)

Rematamos os laboratorios de aprendizaxe con gran éxito e este é o resumo do laboratorio documental dos máis pequenos (5º E.I. - 2º E.P.). Xirou  sobre a creación dunha historia partindo dunha máquina de historias (máquina de escribir). A primeira pregunta que nos plantexamos foi “que precisamos para crear unha historia?”, despois realizamos diferentes xogos e pescudas pola biblioteca para decidir onde vai ocorrer a nosa historia, cales son as personaxes, en que tempo e que lles pasa. Con todo elo cubriron cada alumno/a un caderno-informe e crearon as súas propias historias por equipos. Finalmente, empregamos unha aplicación de intelixencia artificial para crear outro conto e así poder apreciar as diferencias. Podedes ver as fotos de todos os grupos premendo no seguinte enlace: laboratorio documental.


Laboratorio Documental de bibliotecamilladoiro

19.10.24

Laboratorio Documental (3º a 6º de primaria): biblio-retos!

Presentación audiovisual do Lab. Documental 3º a 6ºEP_2024-25 de Fátima Romero Olveira

Un curso máis, iniciamos os laboratorios de aprendizaxe que nos son propios.

O Laboratorio Documental para o alumnado de 3º a 6º de primaria seguirá a desenvolver a formación de usuari@s, sendo competentes no uso da biblioteca e os seus recursos.

A liña do noso PDI e a temática elexida pola Asesoría BEGA, "Biblioteca escolar, a escena!", son eixes centrais dos biblio-retos que, mediante a presentación audiovisual, nos ocuparán ao longo do curso: 

A páxina "Recursos dixitais" do blog da biblio (apartado Kamishibai, ao final da páxina) tamén será de utilidade para coñecer diferentes programas de creación de historias, entre eles o uso da IA (Intelixencia Artificial) e desenvolver pensamento crítico sobre a mesma.

O produto final do laboratorio será reproducir a produción propia, creada no curso 2022-23 por todo o alumnado, en formato kamishibai.

O grupo 1 iniciou o laboratorio superando todos os biblio-retos para crear as dúas primeiras láminas do kamishibai.

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos, que se irá
incrementando segundo os grupos vaian desenvolvendo o Lab. Documental

Volveremos publicar, en maio, o resultado final de todas as creacións ideadas polos 6 grupos de alumn@s no Laboratorio Documental. 

Ata entón, felices lecturas... en mil e un formatos!