Laboratorios de aprendizaxe do CEIP Milladoiro. Espazos e recursos creativos para TOD@S nos que SER, FACER, SABER e CONVIVIR.
15.10.25
LABORATORIO DE SON (3º a 6º E.P.)
29.5.24
Lab. Documental: grupo 2 (2º e 3º ciclo EP)
Finalizamos o 3º trimestre, e os laboratorios por este curso, implementando o Lab. Documental co alumnado de 2º e 3º ciclo de EP.
O grupo 2 composto por: Rita, Gabi, Aroa, Juan, Valentina, Andrea, Carlos, Celia, Alejandro, Ainhoa e Mara P.; desenvolveron a formación de usuari@s e o PDI que nos ocupa.
Os cadernos-informe, como recursos materiais, facilitaron a implementación do laboratorio: organización e catálogo da biblioteca, CDU, identidade dos libros, búsqueda e recuperación de exemplares; así como o tratamento de emocións/sentimentos en relación co PDI "Medicus curat natura sanat", no mes de maio... o humor!
Pechamos o laboratorio elaborando dúas nubes de palabras, mediante a aplicación Menti Meter, relacionadas con: Faime rir.. e CDU. Nubes que nos permiten traballar o autocoñecemento: pensar, opinar e valorar o humor, como emoción necesaria, e as nosas preferencias lectoras.
A seguinte imaxe reflicte a nube de palabras relacionada co PDI: Faime rir... cóxegas, amigos, bromas, o importante é ter bo humor e... sentido do humor!
Un laboratorio do máis... emocionante!
O vindeiro curso, máis aprendizaxes en acción.
7.6.23
Laboratorio Documental: Grupo 2
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
Pechamos o 3º e último trimestre do curso coa implementación do Laboratorio Documental para o alumnado de 2º e 3º ciclo de E. Primaria.O grupo 2 composto por: Juan Luís, Antía, Uxía, Bruno, Mara, Ainhoa, Lucas, Noa, Nagore e Pablo; trataron a identidade dos libros: libros que nos achegan ás conmemoracións anuais, en maio... ao fin do noso Mes das Letras. Asemade, tratamos a Formación de Usuari@s da nosa Biblio-LeoLab, en formato impreso e dixital.
O obxectivo final foi completar, con preguntas e respostas arredor de Galicia, o noso xogo de produción propia, E ti, de quen vés sendo?, iniciado o pasado curso a raíz do PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!
As preguntas e respostas, despois da recuperación de exemplares e tratamento da información, son recollidas na aplicación educativa Kahoot para achegarnos a un recurso dixital de gamificación.
Felicitar ao grupo 2 pola súa gran motivación e esforzo en cada sesión. Como agasallo final e peche do laboratorio levaron un marcapáxinas coa nosa CDU e código QR que enlaza á formación de usuari@s en liña, para ter sempre a man.

.jpg)
