29.1.21

Guía de Usuari@s

Rematando o Laboratorio Documental, deste mes de xaneiro, imos repartir a Guía de Usuari@s actualizada onde se recolle a información básica da nosa Biblioteca para saber, facer...

Picando na imaxe accederedes a ela e tamén dispoñible na sección Documentos do blog da nosa Biblioteca.

A seguir formándonos no noso colexio, na nosa BE-LeoLab!

28.1.21

3ºEP_Lab. Documental&Paz


Presentamos o produto final do Laboratorio Documental que desenvolvemos este mes de xaneiro: Formación de Usuarios e lecturas compartidas con moitos valores.
Como peche do laboratorio levamos o exemplar Lendas do recreo á exposición Leo le...PAZ! xunto co código QR que enlaza a este vídeo e co valor escrito que tratamos e queremos conservar para seguir construíndo un mundo, interior e exterior, mellor: convivencia escolar (amizade, respecto, diversidade...)

Feliz Día da Paz a tod@s!

20.1.21

BE-LeoLab_Formación de Usuari@s


Iniciando o 2º trimestre co Laboratorio Documental prantexámonos a necesidade de ofertar un recurso interactivo para a Formación de Usuari@s e para asentar o concepto BE-LeoLab Milladoiro, evolución paulatina que tivo un gran pulo ao acollernos ao plan centros LIA.2 e que posibilitou a extensión da Biblioteca en diferentes espazos creativos por todo o colexio. 

Reforzamos, pois, a Formación de Usuari@s iniciada no 1º trimestre con este panel interactivo da nosa Biblioteca que recolle funcionalidades, entre outras, coma: 

  • Exploración da organización espacial (etiquetas en cada letreiro alfabetizado ou numérico)
  • A nosa CDU con iconas inclusivas para facilitar a localización e recuperación de exemplares (páxinas interactivas con diferentes iconas)
  • Punto de autoempréstito (ventá con información básica)
  • Picando na serea Leo repaso dos diferentes espazos creativos que acollen as coleccións catalogadas coa icona da CDU correspondente.

Este recurso foi elaborado polo equipo Tecnolóxico e o equipo de BE-DL baixo a coordinación da Xefatura de estudos.

Unindo bo facer, esforzos e saber nacen xoias coma esta para o noso alumnado, para a nosa comunidade educativa.

13.1.21

4ºEI_Lab. Documental&Paz

Comezamos este segundo trimestre meténdonos de cheo no traballo do laboratorio documental ao que está adicado este mes de Xaneiro. O primeiro que recibimos foi a visita da serea Leo que nos explicou que non soamente hai libros na biblioteca, se non que hai outros espazos como a cociña, o Leolab, os expositores do corredoiro... que tamén teñen libros e todos forman parta da biblioteca do centro.





Xa na biblioteca a serea Leo propúxonos un xogo moi interesante para coñecer os diferetes espazos que compoñen a biblioteca. Divididos por equipos convertémonos en investigadores e tíñamos que descifrar un mapa para encontrar o tesouro. O equipo amarelo tiña que atopar o seu agasallo na zona do escenario, o equipo azul no espazo adicado aos xogos de mesa, o equipo verde nas estaterías dos maiores e o equipo violeta na zona das películas.


Abrimos os catro agasallos na clase, o primeiro era o peluche dun ourizo, o segundo o peluche dunha tartaruga, o terceiro un arco da vella de madeira e o último o libro "Hasta que podamos abrazarnos". Canta ilusión nos deu recibir estes tesouros tan fermosos que xa forman parte do noso recuncho do proxecto, xa que aproveitaremos para traballar a conmemoración do Día da Paz a través deste libro. Podedes ver todas as fotos da xornada premendo no seguinte enlace: laboratorio documental.