13.1.21

4ºEI_Lab. Documental&Paz

Comezamos este segundo trimestre meténdonos de cheo no traballo do laboratorio documental ao que está adicado este mes de Xaneiro. O primeiro que recibimos foi a visita da serea Leo que nos explicou que non soamente hai libros na biblioteca, se non que hai outros espazos como a cociña, o Leolab, os expositores do corredoiro... que tamén teñen libros e todos forman parta da biblioteca do centro.





Xa na biblioteca a serea Leo propúxonos un xogo moi interesante para coñecer os diferetes espazos que compoñen a biblioteca. Divididos por equipos convertémonos en investigadores e tíñamos que descifrar un mapa para encontrar o tesouro. O equipo amarelo tiña que atopar o seu agasallo na zona do escenario, o equipo azul no espazo adicado aos xogos de mesa, o equipo verde nas estaterías dos maiores e o equipo violeta na zona das películas.


Abrimos os catro agasallos na clase, o primeiro era o peluche dun ourizo, o segundo o peluche dunha tartaruga, o terceiro un arco da vella de madeira e o último o libro "Hasta que podamos abrazarnos". Canta ilusión nos deu recibir estes tesouros tan fermosos que xa forman parte do noso recuncho do proxecto, xa que aproveitaremos para traballar a conmemoración do Día da Paz a través deste libro. Podedes ver todas as fotos da xornada premendo no seguinte enlace: laboratorio documental.



Ningún comentario:

Publicar un comentario