23.12.19

Árbore de Nadal con froitas (1º)

Quixemos rematar o trimestre visitando o laboratorio de cociña para elaborar unha árbore de Nadal comestible xa que empregamos froitas variadas. Manter unha alimentación saudable, co consumo diario de froita e verdura axudaranos a medrar sans e fortes. Divertímonos no proceso e puxémonos as botas de froita bañadas cun chisquiño de xirope de chocolate.

Boas e saudables festas!!












21.12.19

Laboratorio de Son 1º trimestre (Radio Balea)

Finalizado o 1º trimestre, queremos facer unha pequena reflexión dende o Laboratorio de Son do Leolab.
Os grupos de alumnado que pasaron por Radio Balea guionizaron, locutaron e emitiron 3 programas da nosa propia parrilla, sempre con motivación e moita ilusión por aprender pois  non estivemos exentos de problemas técnicos varios.
Queremos agradecer a colaboración de toda a comunidade educativa (alumnado, familias e profesorado), así como de Paco Nogueiras que nos concedeu unha entrevista como broche final de trimestre.
No 2020 seguiremos emitindo, con novos grupos e novos programas!
Para rematar este 2019 que mellor que escoitar os 3 programas emitidos e a entrevista a Paco Nogueiras!

Bo Nadal e Feliz Aninovo 2020!


20.12.19

Terceiro Laboratorio de Son (Radio Balea)

Dende finais de novembro e este curto mes de decembro o grupo 1 estreou un novo programa: Musicadoiro.
A sección que iniciou esta estrea foi "Bulimos nas ondas" adicada á música infantil galega e, especialmente, a Paco Nogueiras.
Temos que felicitar pola súa motivación e paciencia, de entre os tres grupos que este primeiro trimestre pasaron polo laboratorio de son, a este último grupo; xa que tivemos problemas técnicos varios en Radio Balea que nos impedían gravar no estudo, polo que os máis pequenos usamos as gravadoras para emitir o indicativo da nosa radio, as cuñas e as ráfagas emitidas; namentras os maiores tentaban locutar o programa.
Finalmente, Musicadorio: Bulimos nas ondas puido emitirse no día de hoxe como presentación do concerto que Paco Nogueiras nos ofreceu.
Deixámosvos o programa completo e as fotos que puidemos facer (picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos)



https://photos.app.goo.gl/wJqsPvYiRwoUJP9Q9

18.12.19

OBRADOIRO E-TEXTIL

A Asesoría de Bibliotecas Escolares concedeu a todos os centros que participamos no Plan LIA2, unha sesión de formación para o alumnado dentro da Biblioteca Creativa.

Entre os obradoiros ofrecidos, todos moi interesantes, nós escollemos E-Téxtiles, que consiste na creación de circuítos en papel e en téxtiles.




O venres pasado fixemos este obradoiro da man de Paola Guimeráns , unha das maiores expertas neste campo, e organizouse en tres sesións para distintos grupos:


- Makey makey: o alumnado de 2º de primaria utilizou o makey makey para facer un xogo en Scratch. Paola contoulles unha historia sobre un lobo, e uns animaliños escondidos na granxa ós que tiñan que ir descubrindo. Para poder escoitar e recoñecer a cada animal utilizouse o makey makey e circuítos con adhesivo de cobre.

                                 FOTOS

- Circuítos e papel: o alumnado de 4º de primaria realizou unha postal de Nadal, para iso construíron un circuíto sobre papel utilizando adhesivo de cobre, unha batería e luces leds. As postais quedaron moi bonitas e foi increíble a forma en que aprendían a base de facer e de errar, e ver como entre eles axudábanse para que todos os circuítos funcionaran.

                                 FOTOS


- Circuítos e téxtiles: na última sesión de formación , o alumnado de 5º de primaria creou un adorno para árbore de Nadal. Utilizaron un trociño de fieltro no que construíron un circuíto utilizando fío conductor para coser, e engadiron luces leds e adornos. Todos utilizaron a agulla perfectamente, axudáronse mutuamente  e a base de aprender facendo e colaborando, todos conseguiron levar a súa obra para casa con moita emoción.

                                 FOTOS

Nas tres sesións destacou a colaboración entre o alumando, que tivo un papel moi activo, e a alegría de construir algo verdaderamente significativo para eles.


Foi un enorme pracer ter a Paola Guimeráns no noso centro. Moitísimas grazas por todo!!!!

17.12.19

LABORATORIO DE IMAXE : 3º GRUPO ( INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA)

O  terceiro grupo xa pasou polo laboratorio de imaxe e coma sempre , todos aprendimos xuntos, colaborando para poder obter resultados.

As actividades realizadas xiraron ó redor dun tema concreto: O rescate da Serea Leo, un xogo de pistas ou escapismo. A dinámica nas sesións foi a seguinte:

- 1º sesión: falamos sobre o que é un xogo de escapismo e como funciona, despois de saber o que é, descubrimos que temos que rescatar a Leo, pero primeiro manipulamos candados de chaves e de números, lanternas de luz UV,  utilizamos a mesa de luz,  e usamos a Tablet para atopar imaxes de Realidade Aumentada agochadas na clase, non sen antes identificar o icono da aplicación.

- 2º sesión: visualizamos a mensaxe que deixa a Serea Leo e os piratas malvados. Dividimos a clase en dous grupos mixtos, uns fan o xogo con Ana nunha clase do 2º andar e outros fanno comigo, Marta, na aula de apoio de infantil; xa que para facer un xogo de este tipo é necesario grupos pequenos. Fixemos o xogo, todos atopamos á Serea Leo, e intercambiamos opinións sobre a experiencia. A partir da experiencia co grupo anterior, decidimos non facer cambios na dinámica da sesión , xa que a anterior foi o punto exacto de dificultade.    FOTOS



ESCAPISMO



- 3º sesión: facemos unha asemblea sobre o que máis lles gustou, se cambiarían algo... despois fixemos un traballo de mesa no que tiñan que debuxar e escribir o que máis lles gustou e os materiais/elementos utilizados ( candados, lanternas, chaves, caixas, mesa de luz...) Mentres uns traballaban (os maiores axudaron ós máis pequenos), outros gravaban no chroma a súa opinión sobre a actividade.



13.12.19

Cociñando Braille (2º)

Hoxe estivemos no laboratorio de cociña escribindo braille con tostas e xarope de chocolate.
Cada grupo escribiu unha palabra relacionada co nadal, tendo moito coidado de non botar demasiado xarope.
Encantounos esta actividade. O mellor foi o final, comer cada letra en braille pois estaban...para chuparse os dedos! Todos coincidimos en que as tostas sabían a...gusanitos!
Picando no seguinte enlace accederedes ao álbum de fotos: COCIÑANDO BRAILLE

https://photos.app.goo.gl/9oXPhDfBwR1iPV2B9

11.12.19

Pequeciencias - 3º grupo

Laboratorio de Ideas: reciclaxe


Nesta sesión no laboratorio de ideas, iniciáronse na recollida selectiva de lixo para posteriormente poder facer un novo uso dos materiais reciclados. Estas novas illas coas que conta o centro están situados no patio para poder facer a reciclaxe no patio cando os nenos e nenas de primaria merenda, forman parte dun novo proxecto chamado "Recíclate con Sogama", do que pasamos a formar parte neste novo curso. Podedes ver máis fotos deste actividade premendo no seguinte enlace: reciclaxe.

4.12.19

LABORATORIO IMAXE: 2º GRUPO ( INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA)

Xa finalizamos as tarefas co segundo grupo de infantil e 1º ciclo de primaria, e foi unha experiencia moi divertida e dinámica , aprendendo en colaboración cos compañeiros/as para chegar a un fin común.
As actividades realizadas xiraron ó redor dun tema concreto: O rescate da Serea Leo, un xogo de pistas ou escapismo. A dinámica nas sesións foi a seguinte:

- 1º sesión: falamos sobre o que é un xogo de escapismo e como funciona, despois de saber o que é, descubrimos que temos que rescatar a Leo, pero primeiro manipulamos candados de chaves e de números, lanternas de luz UV,  utilizamos a mesa de luz,  e usamos a Tablet para atopar imaxes de Realidade Aumentada agochadas na clase, non sen antes identificar o icono da aplicación.

- 2º sesión: visualizamos a mensaxe que deixa a Serea Leo e os piratas malvados. Dividimos a clase en dous grupos mixtos, uns fan o xogo con Ana nunha clase do 2º andar e outros fanno comigo, Marta, na aula de apoio de infantil; xa que para facer un xogo de este tipo é necesario grupos pequenos. Fixemos o xogo, todos atopamos á Serea Leo, e intercambiamos opinións sobre a experiencia. A partir da experiencia co grupo anterior, decidimos facer cambios e poñer as pistas máis complicadas, xa que para os máis maiores foi demasiado sinxelo, pero esta vez costou máis darlle sentido ás pistas que atopamos.




ESCAPISMO


FOTOS

- 3º sesión: facemos unha asemblea sobre o que máis lles gustou, se cambiarían algo... despois fixemos un traballo de mesa no que tiñan que debuxar e escribir o que máis lles gustou e os materiais/elementos utilizados ( candados, lanternas, chaves, caixas, mesa de luz...) Mentres uns traballaban (os maiores axudaron ós máis pequenos), outros gravaban no chroma a súa opinión sobre a actividade.