23.4.21

3º_Día do Libro 2021-Lab. de Imaxe

Presentamos o vídeo-resumo do Laboratorio de Imaxe que desenvolvemos ao longo do mes de abril para celebrar o Día do Libro 2021.

Despois de repasar a Guía de Usuari@s da nosa Biblioteca para realizar os empréstitos á aula e á domicilio preparamos e gravamos os booktubers que publicamos no blog Leohle.

O traballo por equipos permitiunos elaborar catro carteis que se corresponden con catro títulos diferentes e reflicten a imaxe da creación realizada no LeoLab e a edición do código QR que enlaza ao booktuber do libro.

No día de hoxe, venres 23 de abril, fomentamos lectura por Malpica coa pegada dun cartel, elexido por maioría, e os demais carteis creados forman xa parte da nosa exposición de aula.

Un laboratorio lector e creativo co que desfrutamos construíndo experiencias, fomentando lectura na nosa comunidade!

22.4.21

1º de EP - Día do Libro: Leo le, nós lemos...?

Boas a todos e a todas!

Para conmemorar o Día do Libro (23 de abril) desenvolvemos unha actividade que está enmarcada dentro do Laboratorio de Imaxe. 

Para isto, gravamos un Booktuber individual no que cada neno e nena da aula fixo unha recomendación dun libro. Estes vídeos podedes atopalos no Blogue Booktubers Leohle

Ademais, empregamos os recursos do Leolab de maneira creativa coa intención de crear un cartel, sobre un dos contos escollidos, que fomente a lectura, a expresión oral e o intercambio de información. Este cartel conta cunha fotografía da representación da portada do libro escollido e un código QR para acceder ao vídeo correspondente (poderédelo ver colgado en diversos establecementos de Malpica).

Do mesmo xeito, cada membro do alumnado conta co seu propio código QR, plasmado nun mural, que nos leva a cada un dos seus vídeos.

Aquí vos quedan unhas imaxes do proceso!

  

 



  


10.4.21

Proxecto O bosque: Plantamos (4ºEI)

 No escape room realizado antes de marchar de vacacións, a Serea Leo deixounos  de agasallo unhas sementes de flores para plantar. 

Así que á volta se Semana Santa comezamos a pescudar sobre o que precisamos para plantar, pero non houbo demasiada investigación, pois a maioría sabía que precisamos sol, auga, regadeira, terra, macetas, pala... e por suposto SEMENTES.

Para realizar esta actividade dividimos a clase en dous grupos para ir á aula de pequeciencias, onde cada neno e nena escolleu que tipo de flor prefería plantar, colocou un algodón, a semente e regou ( desta forma podemos ver como xermina). Nesta aula hai moita luz e calor, polo que, cando comece a brotar a semente  a pasaremos a unha maceta. Xerminarán as sementes de flores en algodón? Estaremos moi atentos.






FOTOS


Tamén lemos o conto El huerto de Simón, así que pareceunos moi boa idea, ademais de sementar flores, plantar alguns froitos e verduras, polo que teremos primeiro que saber que diferencia hai entre ambos. Para iso aprenderemos a seguinte canción: