Amosando publicacións coa etiqueta grupo 4. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta grupo 4. Amosar todas as publicacións

7.3.24

Lab. Documental: grupo 4 (2º e 3º ciclo EP)

Grupo 4_Lab. Documental
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Pechamos o 2º trimestre implementando o Lab. Documental co alumnado de 2º e 3º ciclo de EP. 

O grupo 4 composto por: Amanda, Martín C., Miia, Leo, Noa, Fran, Lola, Marco G., Lucas, Leticia e Lara; desenvolveron a formación de usuari@s e o PDI que nos ocupa.

Os cadernos-informe, como recursos materiais, facilitaron a implementación do laboratorio: organización e catálogo da biblioteca, CDU, identidade dos libros, búsqueda e recuperación de exemplares; así como o tratamento de emocións/sentimentos en relación co PDI "Medicus curat natura sanat", no mes de febreiro... a amizade!

Pechamos o laboratorio elaborando dúas nubes de palabras, mediante a aplicación Menti Meter, relacionadas con: Amizade é.. e CDU. Nubes que nos permiten traballar o autocoñecemento: pensar, opinar e valorar a amizade, como sentimento positivo, e as nosas preferencias lectoras.

A seguinte imaxe reflicte a nube de palabras relacionada co PDI: Amizade é... cariño e compañía, as palabras máis repetidas.

Amizade é...

Un laboratorio do máis... emocionante!

9.3.23

Laboratorio Documental: Grupo 4

Lab. Documental_marzo 2023Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Pechamos o 2º trimestre coa implementación do Laboratorio Documental para o alumnado de 2º e 3º ciclo de E. Primaria.

O grupo 4 composto por: Breixo, Candela, Carlos, Leo, Celia, David, Valeria, Alex, Leticia, Marta e Adrián; trataron a identidade dos libros: libros que nos achegan ás conmemoracións anuais, en marzo... ao Día da Muller. Asemade, tratamos a Formación de Usuari@s da nosa Biblio-LeoLab, en formato impreso e dixital.

O obxectivo final foi completar, con preguntas e respostas arredor de Galicia, o noso xogo de produción propia, E ti, de quen vés sendo?, iniciado o pasado curso a raíz do PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL! 

As preguntas e respostas, despois da recuperación de exemplares e tratamento da información, son recollidas na aplicación educativa Kahoot para achegarnos a un recurso dixital de gamificación.

Felicitar ao grupo 4 pola súa gran motivación e esforzo en cada sesión. Como agasallo final e peche do laboratorio levaron un marcapáxinas coa nosa CDU e código QR que enlaza á formación de usuari@s en liña, para ter sempre a man.