16.6.23

Un curso de... laboratorios de aprendizaxe!

Presentamos o resumo audiovisual dun curso no que os laboratorios de aprendizaxe retomaron a súa esencia: grupos interniveis desenvolvendo aprendizaxes... para a vida!

Continuará...

15.6.23

Laboratorio de Son 2º e 3º ciclo primaria: podcasts

A continuación se expoñen os podcasts realizados no laboratorio de Son no presente curso 2022-2023. En total foron 6 podcasts nos que a temática xirou arredor do PDI Nós Patrimonio in-material:

Os podcasts resultantes foron os seguintes:

Que me contas?_Pequena mitoloxía Galega :  A partir do libro ¨Pequena mitoloxía de Galicia ¨Miranda, Reigosa, Cuba. Ed. Xerais, os nenos e nenas elaboraros un guión no que deron un repaso por todas esas criaturas e seres lendarios e mitolóxicos que habitan o noso país.

Festexamos_ O Samaín : Nesta ocasión, o alumnado elaborou unha recollida de información que logo convertiron en guión para expoñer a historia, as costumes e as curiosidades que encerra o Samaín.

Qué me contas?_Camiño dos Faros : Partindo do libro que temos na nosa biblioteca ¨Camiño dos Faros¨ Lendas da Costa da Morte, Rafael Lema Ed. EDITATUM os membros deste equipo locutaron as distintas etapas que conforman o Camiño dos Faros, relacionando cada etapa e cada lugar polo que pasa cas lendas e mitoloxía que albergan.

Festexamos_ Día de Rosalía : Polo día de Rosalía de Castro, levamos a cabo un repaso pola súa biografía a través dun concurso. Primeiro elaboramos as preguntas do cuncurso e posteriormente tratamos a súa biografía dando así resposta as cuestións prantexadas.

Millainforma_ Pecios e naufraxios :Como o PDI xira en torno ao patromonio, non podíamos deixar sen mencionar os pecios e naufraxios, auténtico patrominio material e inmaterial das nosas costas, cun alto valor histórico e cultural. Damos un repaso polos máis coñecidos.

Millainforma_ Resumo Nós Patromonio in-material : Por último, e para rematar este PDI iniciado o ano pasado, fixemos un repaso polas actividades e tarefas realizadas durante o presente curso. Unha maneira de reflexionar e recordar todo o traballo que levamos a cabo e que nos permitiu coñecer mellor a nosa terra, o noso país e as nosas ráices a través do noso patromonio in e material.

13.6.23

III Feira LeoLab

No día de onte, celebramos a III Feira LeoLab retomando a ensencia dos seus inicios: todo o alumnado do cole dividido en grupos interniveis realizaron, nos diferentes espazos do centro, actividades STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas) relacionadas coa temática do noso PDI, Galicia.

Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: FEIRA LEOLAB.

Estas foron as actividades que realizaron:


Intelixencia Artificial (IA): a nosa serea lectora, Leo, deixou unha caixa para ordear e ilustrar o noso conto de produción propia "O maior tesouro"  usando unha aplicación de IA e pechar a actividade reflexionando sobre o uso da mesma, partindo das preguntas que nos deixou Leo.


Lectura de códigos QR: realizar o camiño de Santiago mediante a lectura de códigos QR para atopar a dirección correcta que nos indica como chegar á catedral.






Aturuxo por pistas:
 esta actividade consitiu en grabar cada grupo a súa propia canción usando un Looper que lles permitía grabar moitos instrumentos de maneira secuenciada e improvisar por enriba.




Animation maker: a partir dun debuxo feito por eles, sacábanlle unha foto e coa aplicación marcaban os puntos de articulación para darlles movemento.











Electrónica con plastilina conductiva: crearon un circuíto sobre unha plantilla de faros marítimos con plastilina conductiva que iluminaba a luz do faro cun led.









Chaveiros forneados: con papel retráctil, nenos e nenas facían un debuxo que se encollía no forno da aula de cociña e remataban en forma de chaveiro para levalo para a súa casa. 







Enxeñaría manipulativa: construcións con pauíños como aristas e plastilina como vértices.








Foguete espacial: cunha botella de refresco fixeron un foguete espacial e para que voara enchéronno de auga e aire a presión (Lei de Newton).








Ondas saltarinas: forrando un altofalante con plástico e botando arroz enriba, as ondas sonoras fan que os grans salten.






Investigando: búsqueda, selección, organización e comunicación da información en relación con animais de Galicia e usando a aplicación "ChatterPix Kids" para darlles vida.








Efecto dominó: o alumnado formou un efecto dominó seguindo a silueta de diferentes monumentos de Galicia.







Stopmotion: gravación dunha curta de animación coa técnica de stopmotion relatando o percorrido do Camiño de Santiago de Muxía e Fisterra.






SuperDoc: o alumnado tiña que elexir un itinerario por Galicia e programar ao robot para que realizara dito camiño cunha soa orde.




Tinta invisible: colorearon con tinta invisible os monumentos máis representativos de Galicia para logo situalos no mapa.








Xogando co magnetismo: os imáns foron protagonisas desta actividade na experimentaron co magnetismo.






Un dos experimentos que máis éxito tivo foi o foguete, polo que vos deixamos un pequeno vídeo:

7.6.23

Laboratorio Documental: Grupo 2

Lab. Documental_Maio 2023

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Pechamos o 3º e último trimestre do curso coa implementación do Laboratorio Documental para o alumnado de 2º e 3º ciclo de E. Primaria.

O grupo 2 composto por: Juan Luís, Antía, Uxía, Bruno, Mara, Ainhoa, Lucas, Noa, Nagore e Pablo; trataron a identidade dos libros: libros que nos achegan ás conmemoracións anuais, en maio... ao fin do noso Mes das Letras. Asemade, tratamos a Formación de Usuari@s da nosa Biblio-LeoLab, en formato impreso e dixital.

O obxectivo final foi completar, con preguntas e respostas arredor de Galicia, o noso xogo de produción propia, E ti, de quen vés sendo?, iniciado o pasado curso a raíz do PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL! 

As preguntas e respostas, despois da recuperación de exemplares e tratamento da información, son recollidas na aplicación educativa Kahoot para achegarnos a un recurso dixital de gamificación.

Felicitar ao grupo 2 pola súa gran motivación e esforzo en cada sesión. Como agasallo final e peche do laboratorio levaron un marcapáxinas coa nosa CDU e código QR que enlaza á formación de usuari@s en liña, para ter sempre a man.