Amosando publicacións coa etiqueta curso 2021-22. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso 2021-22. Amosar todas as publicacións

5.4.22

GYMKANA INFANTIL: CÓDIGOS QR ( 6º EI)

 Tras aprender como se utiliza o Chroma, empezamos a investigar que son os códigos QR.


Comezamos collendo as tablets e facendo percorridos polo centro, buscando e visualizando os códigos que atopamos, polo que sabemos que os códigos enlazan a arquivos que están subidos en internet.

Agora estamos organizando unha gymkana para o alumnado de 4º e 5º EI, polo que nós participamos creando as pistas dos distintos xogos con códigos QR. 

Cada alumn@ gravou unha pista de audio dando indicacións da zona do cole onde está o seguinte xogo, e agora estamos aprendendo a crear os códigos con Unitag utilizando os portátiles.


Premer na imaxe para acceder á galería






17.1.22

AMASANDO ( 5º EI)

 A pasada semana, decidimos exercitar as nosas mans amasando, neste caso realizamos figuras de masa de sal. 


Despois de amasar, xogaron e crearon figuras utilizando os coitelos e cortapastas. O resultado non foi de todo bo, pero o proceso, o máis importante, foi moi divertido!!!




MASA DE SAL

20.12.21

Alfabetización informática: coñecendo Micro:bit

 

Rematamos o 1º trimestre traballando a alfabetización informática a través da programación!

Nos últimos días todo o alumnado, grazas á formación impartida pola mestra Marta (coordinadora do equipo tecnolóxico), achegouse a un novo material xa dispoñible no noso Leolab: a placa Micro:bit.

Durante estas sesións formativas, e en función das idades e capacidades do alumnado, coñecemos  a linguaxe de programación a través da plataforma Makecode (moi parecida a Scracht), e configuramos cada placa con luces leds: mensaxes e música navideña para adornar as árbores de Nadal de cada aula.

O programa que empregamos deixámolo no seguinte enlace, por se algunhas das peticións aos Reis Magos é un kit Micro Bit para seguir aprendendo, creando; pois saímos encantados da sesión.

Programa o teu Micro Bit

Nos seguintes enlaces accederedes á galería de fotos das diferentes sesións:

Un pasiño máis dentro da biblioteca creativa!

ODS 4-Axenda 2030

16.12.21

Martes robóticos: Robot pintor de Nadal!! ( 6º EI)

 Trala realización do vídeo titorial sobre realidade aumentada con plastilina, presentamos o noso robot pintor.

Para a súa realización todos aprendemos dos erros, cambiamos o tipo de motor, decidimos se portapilas con interruptor ou batería soa, cambiamos de vaso por un máis grande... ó final conseguimos que funcionara e que alegría máis grande levamos!!!!!!




Video titorial: Robot Pintor - Kizoa Movie Maker






17.11.21

Visitamos o LEOLAB

 O alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil visitou as instalacións do Leolab para realizar diferentes xogos, entre eles un novo que nos gustou moito que son as carreiras de coches cos dados. Podedes ver todas as fotos da xornada premendo no seguinte enlace: Leolab.