31.3.23

Laboratorio Experimental de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P.

Neste laboratorio experimental para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria estamos a comprobar os fenómenos da combustión e da oxidación a través da práctica experimental. 

Por unha banda, para a combustión, facemos unha mestura con vinagre e bicarbonato, a cal xera dióxido de carbono dentro dunha botella de plástico, eliminando a presenza de osíxeno. O alumnado, tras facer a mestura, prende un pao de madeira e introdúceo no interior da botella. Desta forma, observan que o lume do pao apágase sen entrar en contacto con ningún tipo de líquido, debido a que, ao xerar dióxido de carbono e ao eliminar a presenza de osíxeno, o lume non pode aguantar porque non hai osíxeno e require del para manter a combustión.

Por outra banda, para a oxidación, empregaremos dous matraces. Nun matraz, introduciremos auga fría e, no outro, introduciremos unha mestura de auga fervendo con aceite de xirasol. A continuación, introdúcense 10 cravos en cada un dos matraces para comprobar en qué matraz se oxidan antes. Dunha semana a outra, observamos os resultados apreciando que os cravos do matraz coa mestura de auga fervendo e aceite están máis oxidados. Deste xeito, podemos apreciar como afecta o sal á oxidación (aparte da humidade) e vemos os efectos do propio fenómeno da oxidación.

A continuación adxuntamos unhas imaxes dos experimentos realizados:







 

30.3.23

Laboratorio de son 4_EI e 1º ciclo de EP

Último laboratorio de son deste segundo trimestre desenvolto en dúas sesións. Nunha primeira de achegamento á radio como medio de comunicación e toma de contacto coa nosa radio Balea e unha segunda sesión de gravación dun audioconto dentro do programa Que me contas?

Nesta ocasión, e co gallo do día Internacional da Muller eleximos o conto titulado Artur e Clementina, de Adela Turin.  un conto que nos ensina os valores de igualdade e coeducación.

Neste podcast escoitaredes as voces de Yaiza Vecino, Mateo Vila, Saúl Garrido, Olivia Castro, Selena Láuzara, Sara Cotelo, Lucas Pérez, Alberto Verdes, Anxo Castro, Alba Ríos, Martín Veiga e Izan Sande. 


Pica na imaxe para acceder á galería de fotos


29.3.23

Laboratorio de Imaxe IV: Infantil e 1º ciclo EP

 


Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Este curso voltamos recuperar a gran riqueza dos grupos interniveis e enlazamos todos os laboratorios de aprendizaxe co Proxecto Documental Integrado (PDI) que nos ocupa. Este curso retomamos o  Laboratorio de Imaxe para o alumnado de infantil  1º ciclo de E. Primaria.

O grupo  composto por: Sofía, Miguel, Xián, Laia, Mateo C., Catuxa, Valentino, Brais, Ismael, Rita, Noel e Xulia; achegáronse á placa Makey Makey. O primeiro mércores descubriron algúns materiais conductores de enerxía, filamento de cobre e papel de aluminio, manipularon a placa makey makey e o seu cableado e se divertiron xogando con recursos interactivos programados previamente en Scracht.

No segundo mércores, recordamos como funcionaba o circuíto electrónico da placa Makey Makey, o importante de tocar o cable de Terra para que se pechara o circuíto e funcionara... Despois de forma individual decoraron unha pandeireta con cartón, pegáronlle papel de aluminio e en pequeno grupo, utilizando un kit Makey Makey e un portátil, realizaron as conexións necesarias para poder tocar e facer soar a pandeireta programada en Scracht.

9.3.23

Laboratorio Documental: Grupo 4

Lab. Documental_marzo 2023Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Pechamos o 2º trimestre coa implementación do Laboratorio Documental para o alumnado de 2º e 3º ciclo de E. Primaria.

O grupo 4 composto por: Breixo, Candela, Carlos, Leo, Celia, David, Valeria, Alex, Leticia, Marta e Adrián; trataron a identidade dos libros: libros que nos achegan ás conmemoracións anuais, en marzo... ao Día da Muller. Asemade, tratamos a Formación de Usuari@s da nosa Biblio-LeoLab, en formato impreso e dixital.

O obxectivo final foi completar, con preguntas e respostas arredor de Galicia, o noso xogo de produción propia, E ti, de quen vés sendo?, iniciado o pasado curso a raíz do PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL! 

As preguntas e respostas, despois da recuperación de exemplares e tratamento da información, son recollidas na aplicación educativa Kahoot para achegarnos a un recurso dixital de gamificación.

Felicitar ao grupo 4 pola súa gran motivación e esforzo en cada sesión. Como agasallo final e peche do laboratorio levaron un marcapáxinas coa nosa CDU e código QR que enlaza á formación de usuari@s en liña, para ter sempre a man.