Este curso voltamos recuperar a gran riqueza dos grupos interniveis e enlazamos todos os laboratorios de aprendizaxe co Proxecto Documental Integrado (PDI) que nos ocupa. Este curso retomamos o Laboratorio de Imaxe para o alumnado de infantil 1º ciclo de E. Primaria.
O grupo composto por: Sofía, Miguel, Xián, Laia, Mateo C., Catuxa, Valentino, Brais, Ismael, Rita, Noel e Xulia; achegáronse á placa Makey Makey. O primeiro mércores descubriron algúns materiais conductores de enerxía, filamento de cobre e papel de aluminio, manipularon a placa makey makey e o seu cableado e se divertiron xogando con recursos interactivos programados previamente en Scracht.
No segundo mércores, recordamos como funcionaba o circuíto electrónico da placa Makey Makey, o importante de tocar o cable de Terra para que se pechara o circuíto e funcionara... Despois de forma individual decoraron unha pandeireta con cartón, pegáronlle papel de aluminio e en pequeno grupo, utilizando un kit Makey Makey e un portátil, realizaron as conexións necesarias para poder tocar e facer soar a pandeireta programada en Scracht.
Ningún comentario:
Publicar un comentario