31.3.23

Laboratorio Experimental de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P.

Neste laboratorio experimental para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria estamos a comprobar os fenómenos da combustión e da oxidación a través da práctica experimental. 

Por unha banda, para a combustión, facemos unha mestura con vinagre e bicarbonato, a cal xera dióxido de carbono dentro dunha botella de plástico, eliminando a presenza de osíxeno. O alumnado, tras facer a mestura, prende un pao de madeira e introdúceo no interior da botella. Desta forma, observan que o lume do pao apágase sen entrar en contacto con ningún tipo de líquido, debido a que, ao xerar dióxido de carbono e ao eliminar a presenza de osíxeno, o lume non pode aguantar porque non hai osíxeno e require del para manter a combustión.

Por outra banda, para a oxidación, empregaremos dous matraces. Nun matraz, introduciremos auga fría e, no outro, introduciremos unha mestura de auga fervendo con aceite de xirasol. A continuación, introdúcense 10 cravos en cada un dos matraces para comprobar en qué matraz se oxidan antes. Dunha semana a outra, observamos os resultados apreciando que os cravos do matraz coa mestura de auga fervendo e aceite están máis oxidados. Deste xeito, podemos apreciar como afecta o sal á oxidación (aparte da humidade) e vemos os efectos do propio fenómeno da oxidación.

A continuación adxuntamos unhas imaxes dos experimentos realizados:







 

Ningún comentario:

Publicar un comentario