Último laboratorio de son deste segundo trimestre desenvolto en dúas sesións. Nunha primeira de achegamento á radio como medio de comunicación e toma de contacto coa nosa radio Balea e unha segunda sesión de gravación dun audioconto dentro do programa Que me contas?
Nesta ocasión, e co gallo do día Internacional da Muller
eleximos o conto titulado Artur e Clementina, de Adela Turin. un conto que nos ensina os valores de igualdade
e coeducación.
Neste podcast escoitaredes as voces de Yaiza Vecino, Mateo
Vila, Saúl Garrido, Olivia Castro, Selena Láuzara, Sara Cotelo, Lucas Pérez,
Alberto Verdes, Anxo Castro, Alba Ríos, Martín Veiga e Izan Sande.
Ningún comentario:
Publicar un comentario