Amosando publicacións coa etiqueta biblioaxudantes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta biblioaxudantes. Amosar todas as publicacións

17.12.23

Biblioaxudantes de 5º na radio (Entrevista a Mara Pérez, Lara e Noela)

 Dende a iniciativa biblioaxudantes de 5º na radio, Marco García, Celia e Carlos con Andrea coma técnica (5º E.P.) levaron a cabo unha entrevista a Lara e Mara Pérez - 6º E.P.- (convocadas pola selección galega de fútbol-sala) e a Noela - 5ºE.P.- (convocada pola selección feminina da Costa da Morte)

Os entrevistadores preguntaronlles sobre a súas impresións nesta experiencia, sobre o fútbol feminino, o triunfo da selección española no mundial...e moitas cousas máis!!

O resultado é unha interesante entrevista que nos permite coñecer un pouco máis destas tres cracks!! PARABENS CAMPIONAS!!




2.12.22

Radio Voz Escolar - Radio na Biblio: Radio Balea

Antía Leal de Radio Voz
Nen@s de 5ºEP en Radio Balea

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

A comezos do mes de novembro recibimos un correo da Asesoría BEGA comunicándonos que o noso colexio fora proposto pola Consellería de Educación para o programa Radio Voz Escolar: proxecto de Radio Voz en colaboración coa Consellería de Educación.

A nosa escola, como centro LIA.2, promove mediante os diversos laboratorios de aprendizaxe que nos son propios o coñecemento e uso responsable da información en múltiples formatos. Laboratorios que son implementados nos diversos espazos creativos que conforman a nosa BE-LeoLab, así é o caso do Laboratorio de Son que se desenvolve na nosa Radio na Biblio: Radio Balea.

No día de hoxe recibimos no cole a Antía (xornalista de Radio Voz) e Sonia (xefa técnica). Antía deu unha breve charla ao alumnado de 5º de E. Primaria, no presente curso biblioaxudantes de Radio na Biblio, para logo gravar no estudio de Radio Balea o programa MillaInforma.

Ademais da parte teórica e técnica da radio tamén conectaron en directo con Radio Voz Bergantiños, saudando a Fran o seu locutor, como se pode ver no seguinte vídeo e se poderá escoitar a partir de mañá no seguinte enlace:

Dende Radio Balea conectamos con Radio Voz Bergantiños

Unha nova experiencia de vida, un agasallo de Nadal adiantado, que seguro @s nen@s non olvidarán; así como os bos consellos para a mellora na emisión de podcasts que lles deixaron Antía e Sonia, as cales agradecemos a súa amabilidade e bo facer.

Seguiremos informando dende... Radio Balea, a radio nas ondas!