Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
A comezos do mes de novembro recibimos un correo da Asesoría BEGA comunicándonos que o noso colexio fora proposto pola Consellería de Educación para o programa Radio Voz Escolar: proxecto de Radio Voz en colaboración coa Consellería de Educación.
A nosa escola, como centro LIA.2, promove mediante os diversos laboratorios de aprendizaxe que nos son propios o coñecemento e uso responsable da información en múltiples formatos. Laboratorios que son implementados nos diversos espazos creativos que conforman a nosa BE-LeoLab, así é o caso do Laboratorio de Son que se desenvolve na nosa Radio na Biblio: Radio Balea.
No día de hoxe recibimos no cole a Antía (xornalista de Radio Voz) e Sonia (xefa técnica). Antía deu unha breve charla ao alumnado de 5º de E. Primaria, no presente curso biblioaxudantes de Radio na Biblio, para logo gravar no estudio de Radio Balea o programa MillaInforma.
Ademais da parte teórica e técnica da radio tamén conectaron en directo con Radio Voz Bergantiños, saudando a Fran o seu locutor, como se pode ver no seguinte vídeo e se poderá escoitar a partir de mañá no seguinte enlace:
Dende Radio Balea conectamos con Radio Voz Bergantiños
Unha nova experiencia de vida, un agasallo de Nadal adiantado, que seguro @s nen@s non olvidarán; así como os bos consellos para a mellora na emisión de podcasts que lles deixaron Antía e Sonia, as cales agradecemos a súa amabilidade e bo facer.
Seguiremos informando dende... Radio Balea, a radio nas ondas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario