Integramos o Lab. de Ideas na nosa programación tratando contidos matemáticos, lingüísticos e reforzando/ampliando contidos dos lapbooks de Ciencias:
- O noso corpo aliméntase (Corpo e Alimentación de C.C. da Natureza)
- Historia da paisaxe (Paisaxe e Historia de C.C. Sociais)
Presentamos o noso caderno de "Receitas queridas" e o vídeo-resumo da segunda parte do Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia.
Un laboratorio moi productivo, no tocante a: experimentación, investigación, concienciación arredor da igualdade de xénero e a cociña como laboratorio caseiro de aprendizaxe.
Parabéns a todo@s por un trimestre máis, superheroico!
Para pór punto e final ao Lab. de Ideas desfrutamos da xenerosa visita de Dna. Carmen Trigo, profesora de cociña tradicional e madriña do Laboratorio de Cociña.
Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos da visita.
Non puidemos ter un peche máis fermoso e saboroso do Laboratorio de Ideas e deste 2º trimestre, pois elaborou a receita "Galletas de nata" que recollemos na nosa plantilla "Receitas queridas" e agasallounos cunha bolsiña de galletas para cada un de nós; así como nos deixou escritas da súa man dúas receitas e imaxes do gran repertorio culinario que atesoura.
Picando na seguinte imaxe accederedes ao álbum de fotos das súas extraordinarias creacións.
Agradecer a Dna. Carmen, Carmiña como a coñecen en Malpica, a súa relevante visita por canto representa para o noso colexio e pola súa gran amabilidade con tod@s. Esperamos que volte en máis ocasións para contarnos as historias que se cociñan en cada unha das súas receitas con corazón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario