11.6.20

Laboratorios de Aprendizaxe


No 1º trimestre do presente curso 2019/20 puxemos en marcha os laboratorios de aprendizaxe. A expectación e ilusión era máxima. Cada mércores, despois da Hora de Ler todo o alumnado do cole organizábase por equipos interniveis para participar nun dos 5 laboratorios: Laboratorio Documental, Laboratorio de Ciencias, Laboratorio de Son, Laboratorio de Ideas e Laboratorio de Imaxe.

Entendemos os laboratorios como espazos creativos de aprendizaxe onde desenvolver as competencias básicas: investigando, experimentando, creando…todos e todas dunha maneira lúdica e motivadora coa orientación das mestras e mestres.

O desenvolvemento dos laboratorios quedou cancelado coa declaración do estado de alarma pola COVID-19 e a suspensión das clases. 

Desexamos que o vindeiro curso poidamos emprender novamente os nosos laboratorios, nos que tanto aprendemos e desfrutamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario