Ao longo do mes de xaneiro, un mes difícil por mor da pandemia, desenvolvemos o Laboratorio de Imaxe arredor do noso PDI e do Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
O laboratorio iniciouse nas sesións impartidas polo equipo tecnolóxico cun xogo de retos, escapismo para descubrir o nome e apelidos dunha persoa de orixe malpicá que, no seu día, emigrou ou fuxiu en busca da PAZ.
Posteriormente, dende as diferentes titorías levouse a cabo a investigación para pechar o laboratorio con produtos finais en diversos soportes e formatos.
Premendo en cada enlace accederedes ás publicacións realizadas nas diferentes bitácoras dos ciclos:
- 4º e 5º EI: Anselmo Villar Amigo ( Arxentina)
- 6º EI, 1º e 2º EP: Pedro Benito Cambón ( San Francisco)
- 3º e 4º EP: Manuel Graña Blanco ( Francia)
- 6º EP: Manuel Verdes ( Perú)
Ningún comentario:
Publicar un comentario