Despois de adicar todo o mes de maio ás Letras Galegas e a Manuel María quixemos facer unha actividade de repaso de todos os seus poemas aprendidos e, para iso, o primeiro que fixemos foi anotar no encerado os poemas que recordábamos, ao mesmo tempo cos buscábamos en internet.
Foron un total de 13 poemas os recordados e decidimos que queríamos facer algo na cociña para que cada un repasara un poema distinto, así que pensamos que podíamos cociñar para introducir un papel co título de cada poema, propoñendo as seguintes comidas:
Foron varias as opcións pero decantámonos polas empanadillas non sen problemas porque... como fanse as empanadillas? pensábamos que con pan, pementos, sal, atún... Así que fumos a biblioteca a consultar que precisábamos para preparalas e despois comparamos os ingredientes que acertamos e os que non, polo que ao mesmo tempo elaboramos a lista da compra.
Despois de todo este proceso por fin fumos hoxe a cociñar e aínda ca nosa intención eran as empanadillas poéticas, non nos resistimos a preparar unhas empanadillas de bonito con tomate, que ademais estaban boísimas.
E, finalmente, abrimos a empanadilla co poema, comimos as migallas todas que quedaban enriba da mesa e fixemos un debuxo do que nos tocou.
A continuación tedes un resumo de toda a actividade:
Ningún comentario:
Publicar un comentario